Revolta contra a repoboación do monte da Braña da Gatiñeira

Revolta contra a repoboación do monte da Braña da Gatiñeira

Resistencias civís non organizadasFranquismo (51-75)

En xaneiro de 1963, veciños da parroquia de Eirón enfrontáronse aos empregados de Patrimonio Forestal del Estado tratando de impedir a repoboación do monte Braña da Gatiñeira, que consideraban de propiedade veciñal, chegando a enfrontarse á Guardia Civil tratando de desarmala. A pesar de que a actuación da forza de orde supuxo a morte dun veciño, tres feridos e máis de vinte detencións, a veciñanza acadou o seu obxectivo de que non se seguiran incautando terreos na zona.

Estado

Actualmente hai unha praca conmemorativa.

Fontes

ALVITE, Xosé Ramón, "Cuando los vecinos de Mazaricos defendían su monte a pedradas", La voz de Galicia, 22/01/22, https://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/mazaricos/2022/01/21/vecinos-mazaricos-defendian-monte-pedradas/0003_202201B21C3991.htm, 07/09/22. FREIRE, Araceli, "En defensa de lo suyo. Propiedad forestal y conflictividad social durante el franquismo: los montes vecinales de Cerceda (A Coruña)", Universidade de Santiago de Compostela, Santiago de Compostela, 2011, 87 e segs.

Notas

Por non contar cunha localización máis precisa, as coordenadas refírense á igrexa parroquial de San Fins de Eiron.

San Fins de Eirón, Mazaricos
/ A CORUÑA