Mapa da Memoria

Mapa da Memoria

Antiga sede do Seminario de Estudos Galegos

Rúa do Franco, 2, 15702 Santiago de Compostela, A Coruña, España

O Seminario de Estudos Galegos fundouse en 1923 da man dun grupo de estudantes universitarios, entre os que destacaron, entre outros, Fermín Bouza Brey, Xosé Filgueira Valverde, Lois Tobío e Ramón Martínez López. Cunha clara vontade galeguista, o seu principal obxectivo era a formación de investigadores sobre os diversos aspectos da realidade galega, destacando inicialmente a área das Humanidades, e logo ampliando o foco ás Ciencias Sociais e Naturais. Amais do núcleo fundador, foron figuras destacadas do seminario Losada Diéguez, Vicente Risco, Castelao, Ramón Otero Pedrayo, Florentino López Cuevillas, Ricardo Carballo Calero, Francisco Fernández del Riego ou Luis Seoane. Entre as súas actividades destacou a elaboración dun ficheiro bibliográfico e dun vocabulario galego, a catalogación de castros e petróglifos, documentación medieval, a creación dun arquivo gráfico, así como estadías de investigación no estranxeiro, seminarios de formación, cursos especializados e divulgativos. Logo do golpe de Estado de 1936, a institución foi desarticulada e máis dun terzo dos seus socios activos sufriron a represión dos sublevados, sendo apartados da carreira docente e investigadora (Otero Pedrayo, Ramón Fraguas), véndose forzados ao exilio (Ramón Martínez López e Lois Tobío), ou incluso, asasinados (Ánxel Casal, Víctor Casas, Camilo Díaz Baliño). En 1944, fundouse o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, dependente do CSIC e co patrimonio do Seminario. A finais da década dos setenta, por iniciativa de Isaac Díaz Pardo, tentouse un proxecto de recuperación da institución, aínda que acabou esmorecendo.

Queima de libros ante o Real Club Náutico

Calle Muelle Dársena de Oza, 1D, 15006 A Coruña, La Coruña, España

Nos lugares nos que triunfou o golpe de Estado ou posteriormente foron caendo baixo o control das forzas sublevadas, comezaron a producirse incautacións e destrución de libros pertencentes a bibliotecas públicas e privadas, considerados perigosos e perniciosos polas súas ideas amorais, subversivas e, en xeral, alleas á Nueva España. Do mesmo xeito, tamén se deu a persecución dos seus posuidores, así coma mestres, bibliotecarios, editores e libreiros. En agosto de 1936, a prensa local rexistrou unha das varias queimas que se produciron na cidade coruñesa, a cargo de Falange: "montones de libros y folletos de criminal propaganda comunista y antiespañola y de repugnante literatura pornográfica". Nese mesmo mes, o gobernador civil da provincia, Florentino González Vallés, ordenou o exame de tódolos centros obreiros clausurados, procedendo seguidamente á queima de "toda a prensa, libros y folletos de propaganda de ideas extremistas, así como la de temas sociales y pornográficos, y en general todos aquellos que, de un modo más o menos claro encierren propaganda reñida con la buena moral, así como los que combatan la religión cristiana y católica, base del sentimiento religioso del pueblo español". As requisas buscando libros perigosos afectaron tamén a outros centros da cidade, coma o Círculo de Artesanos, incendiando máis de mil libros da súa biblioteca. En decembro de 1936, a Junta Técnica del Estado promulgou un decreto que declaraba ilícitas tódalas publicacións socialistas, comunistas, libertarias, pornográficas e disolventes, polos males que causaran ata o de entón na sociedade, difundindo nela unha serie de ideas que levaran ao conflito civil. Esta, coas accións antes descritas e as disposicións que seguirían, eran boa mostra da censura e represión cultural imposta polo réxime para eliminar calquera tipo de manifestación que fose considerada máis ou menos próxima á contestación sociopolítica.

Fuxidas aos montes de Feáns e Mesoiro

Feáns, 111, 15190 A Coruña, La Coruña, España

Logo de que a cidade da Coruña quedara baixo dominio golpista, moitos dos que protagonizaran a resistencia fronte aos militares polas rúas da cidade emprender a fuxida cara á zonas montañosas próximas, dado o perigo que correrían de volver aos seus domicilios particulares ou ante a imposibilidade de non contar con acceso a algún refuxio clandestino dentro da poboación. Os montes de Feáns e Mesoiro acolleron importantes continxentes de fuxidos, que buscaron alí un lugar improvisado pero relativamente seguro no que agardar novas do que sucedería nos días seguintes. Secasí, as forzas de vixilancia coñecían perfectamente esta realidade, e por iso non tardaron en organizarse as primeiras partidas da Guardia Civil e de Falange para darlles captura. En calquera caso, aqueles fuxidos ao monte nos primeiros momentos posteriores ao golpe, seguidos dos escapados nos meses que seguiron, acabarían formando, as primeiras estruturas organizadas de resistencia guerrilleira.

Manifestación popular en Caldas de Reis

Rúa Ferreria, 1, 36650 Caldas de Reis, Pontevedra, España

En novembro de 1977, preto de mil veciños do concello caldense formaron parte dunha multitudinaria manifestación que tentou forzar a dimisión de toda a corporación municipal, no marco da profunda perda de lexitimidade que as corporacións franquistas foron padecendo durante os últimos anos do réxime e, especialmente, durante os anos da Transición Democrática, dando pé a episodios similares en multitude de concellos, coma o ocorrido en Rianxo uns meses antes. Oíronse consignas como “Alcalde, cacique, o pobo non te admite” ou “Alcalde, de cabeza ao malecón”.

Foxa común no cemiterio municipal de Vilagarcía de Arousa

N-640A, 56, 36613 Villagarcía de Arosa, Pontevedra, España

Tralo golpe de Estado de xullo de 1936, foron asasinadas e enterradas na foxa común do cemiterio municipal da poboación, a maioría da Arousa: Luis Aragunde Alfonsín, Josefa Barreiro González, Matías Bouzada Torrado, Rodrigo Berruete Alejandre, Luis Castro Lojo, Manuel Díaz Hermo, Pilar Fernández Seijo, Eduardo Ferreirós Boullosa, Avelino Fuentes García, Amador Gómez Agustiño, Luis Iglesias Galáns, Inocencio Lamas Bugallo, Manuel Limeres Ordóñez, Antonio Basilio Sayanes González, Urbano Tarrío Montero e Luis Vilas Barreiro, aos que se podería engadir Joaquín Ramos Patiño e José Ramón Roo Pérez. Do mesmo xeito, en xaneiro de 1937, foi executado, mentres se agarraba aos ferros da cancela do cemiterio, Luis Fernández Génova, que acababa de cumprir os dezaoito anos e era sobriño do matrimonio González-Génova, significado na esquerda política vilagarciá e que tamén sería represaliado.

Hostal dos Reis Católicos

Praza do Obradoiro, 1, 15705 Santiago de Compostela, A Coruña, España

Aberto dende 1954 nas antigas instalacións do Hospital Real, o Hostal dos Reis Católicos acolleu os banquetes de homenaxe que o galeguismo organizaba en Santiago de Compostela, así como o xantar do Día de Galicia o 25 de xullo. Ao tempo, foi o lugar de celebración das Festas Minervais dos anos 50, nas que destacaron os membros da Xeración La Noche.

Adro de San Domingos de Bonaval

Convento de Santo Domingo de Bonaval, Costa de San Domingos, 15703 Santiago de Compostela, La Coruña, España

O 25 de xullo de 1932, celebrouse a primeira Misa de Rosalía promovida polo grupo galeguista católico "Deus Fratresque Gallaeciae", liderado por Xosé Mosquera Pérez e Manuel Beiras García. Até 1965, unicamente se oficiaba en galego a homilía. En 1965, o padre Seixas Subirá celebrou por vez primeira a misa integramente en galego. Coñecida tamén como a "Misa dos Ateos", o 25 de xullo de 1969 á saída da misa, foron detidos Xaime Isla Couto, o doutor ourensán Carlos Guitián Rodríguez e Fidel Villar, membro do coro, tras o canto autorizado do Himno Galego polo coro obreiro "Ondas do Mar de Vigo" e o canto espontáneo da canción "Venceremos Nós". Militantes da UPG aproveitaron o ocorrido para berrar "Viva Galicia Ceibe" e "Liberdades para Galicia", motivo polo cal foi golpeado e apresado pola policía Xaime Isla. Axuizado e condenado polo Tribunal de Orde Público, posteriormente o Tribunal Supremo absolveuno en 1971.

Sede da Editorial Galaxia

Rúa da Reconquista, 1, Vigo, España

A Editorial Galaxia fundouse o 25 de xullo de 1950 en Santiago de Compostela, destacando as figuras de Francisco Fernández del Riego, Xaime Isla Couto e Ramón Piñeiro. Durante a Ditadura de Franco, foi un dos principais medios de resistencia cultural e política dun galeguismo condenado á clandestinidade dende o triunfo sublevado en Galicia. Fíxoo estimulando a produción de textos na narrativa e no ensaio cos que prestixiar a lingua galega, pero tamén impulsar unha produción autónoma que evidenciase a existencia dunha cultura e identidade galegas diferente e diferenciada do campo literario español. O primeiro libro publicado por Galaxia foi Antífona da cantiga, de Ramón Cabanillas, que saíu á rúa en abril de 1951.

Sede do Servizo de Edicións, Publicacións e Traducións (SEPT)

Rúa Lepanto, 7, 36201 Vigo, Pontevedra, España

O 1 de abril de 1946, constituíuse o “Servicio de Ediciones, Publicaciones y Traducciones” (SEPT) en Vigo por Xaime Isla, Plácido Castro e Celso Collazo. O 1 de marzo de 1947 asociouse ao negocio Xosé Meixide González, para levar canda Collazo a responsabilidade do traballo diario. O SEPT ficaba integrado por cargos do Partido Galeguista na clandestinidade como o ex-secretario de relacións exteriores, Plácido Castro, o secretario técnico, Xaime Isla, o secretario de organización, Xosé Meixide, e un correo e enlace do partido na clandestinidade, Celso Collazo. O obxectivo de SEPT era dotar ao galeguismo dunha editorial ao xeito da desaparecida Nós. A sede localizábase no domicilio de Plácido Castro, en Vigo.

Praias de Coruxo

Rúa de Canido, 35, 36331 Vigo, Pontevedra, España

Nas praias de Coruxo (Fontaíña, Calzoa, Fechiño) tiveron casa de verán Francisco Fernández del Riego, os irmáns Álvarez Blázquez, Celso Emilio Ferreiro e Plácido Castro. Na casa de Francisco Fernández del Riego tiveron lugar as reunións para a reconstitución do Partido Galeguista a partir de 1943 e a asemblea de 25 de xullo de 1945 no que se nomeou un novo comité executivo do Partido Galeguista. Durante o Franquismo seguiu a ser lugar habitual de xuntanzas do galeguismo.

Café Derby (Vigo)

Rúa de Urzaiz, 21, 36201 Vigo, Pontevedra

Lugar de celebración de tertulias durante a posguerra polos galeguistas en Vigo, entre os que se contan Xaime Isla Couto, Plácido Castro, os irmáns Álvarez Blázquez, Francisco Fernández del Riego, Celso Emilio Ferreiro, Álvaro Cunqueiro, e os pintores Maside, Laxeiro, Colmeiro, Urbano Lugrís, Pousa, etc. Pecharía en 1968.

Biblioteca da Fundación Penzol

Rúa Policarpo Sanz, 24, 36202 Vigo, Pontevedra, España

O 14 de maio de 1963, inaugurábase a biblioteca da Fundación Fermín Penzol, situada na antiga sede da Caixa de Aforros de Vigo, na casa de Manuel Bárcena Franco. Integrado por tres seminarios (Ciencias Históricas, Filoloxía e de Ciencias Económico-Sociais) e dirixido por Francisco Fernández del Riego, serviu tamén de acubillo para as actividades clandestinas da UPG en Vigo.

Praia de Sinás, Casa Illa Nova

Rúa Sinas, 66, 36992 Raxó, Pontevedra, España

O 29 de xuño de 1947 casaban en Raxó, Xaime Isla Couto e Cristina Nóvoa Pedreira. O casal mercou unha chabola de pescadores na praia de Sinás que rehabilitaron como casa de verán e denominaron "Illa Nova". En 1957 o casal financiou con este nome a colección literaria de Galaxia que publicou as primeiras obras de Xosé Luís Franco Grande, Xosé Luís Méndez Ferrín, Xohana Torres, e do resto de autores e autoras da Nova Narrativa Galega. Como lugar de veraneo, tamén acolleu xuntanzas da resistencia político-cultural ao franquismo.

Parque do Concello de Cuntis

Santa María dos Baños de Cuntis. Praza da Constitución

No parque do Concello de Cuntis, localízanse varios fitos monumentais que conforman un lugar de memoria democrática. Por un lado, polo monumento aos canteiros, unha profesión concienciada coa mobilización sociopolítica nos anos previos ao golpe de Estado. E en segundo lugar, dous monumentos que vindican a memoria dos represaliados tras aquel: un en honra a todos os cuntienses e outro ao xornalista Roberto Blanco Torres, fusilado en outubro de 1936. Paradoxalmente, nas proximidades tamén se poden localizar as reminiscencias da ditadura na vila: a cruz aos caídos na guerra na fachada da igrexa parroquial e unha lousa en recordo dos alféreces provisionais.

Enfrontamento entre guerrilleiros e forzas de orde no Cañizo

Santa María do Canizo

En marzo de 1939, produciuse un enfrontamento entre forzas de carabineiros, gardas civís e falanxistas coas partidas do Aguirre, Girón e O Bailarín, xunto con Tameirón e Gilberto Cuadrado, resultando dous mortos e seis feridos entre os perseguidores, mentres que os fuxidos lograron escapar a Portugal por Tameirón.

Actividade guerrilleira no Val do Limia

Rúa Curros Enríquez, 15

Nos últimos meses da contenda civil, nas inmediacións da freguesía portuguesa de Castro Laboreiro, sumaranse aos fuxidos tralo golpe combatentes da fronte. Nomes como José Rodríguez Páramo (Pepe Dende de Ouro), Ramón Yáñez Pereira (Enrique o Médico) ou Víctor García Estanillo (O Brasileiro), propoñeranse coordinar os fuxidos, comezando unha actividade guerrilleira propiamente dita, con participación de figuras como José Fernández González (Rizo), Gumersindo Delgado e José Fernández Alonso (Pepe de Cuarto). As súas actuacións circunscríbense ao Val do Limia ata 1943.

Execucións en Loenzo de Abaixo, Rubiáns

Santa María de Rubiáns

A mediados de febreiro de 1937, na súa fuxida de falanxistas e cívicos, os cenetistas Rodrigo Beruete e Antonio Sayanes, así coma o socialista Manuel Linares e Pilar Fernández, foron localizados nunha palleira de Loenzo de Abaixo, parroquia vilagarciá de Rubiáns. Todos eles morreron queimados logo de que esta fose incendiada pola Garda Civil. Outros membros deste mesmo grupo, como Enrique Barreiro, Urbano Tarrío ou Josefa González, foron executados, outros arrestados e houbo quen se uniu ao grupo de Serafín Nogueira, guerrilleiro. En marzo de 1939, levouse a cabo na mesma parroquia unha nova batida pola Garda Civil e falanxistas, sendo detidos Serafín Nogueira e Valentín Patiño. Ocultos nunha casa de acollida, eran cabezas visibles da actividade guerrilleira na Arousa e foron fusilados en Pontevedra en outubro de 1940.

Fuxida de presos do Depósito Municipal de Becerreá

Avenida de Madrid, 2

En decembro de 1936, produciuse a fuxida de dezaseis presos do Depósito Municipal de Becerreá, boa parte deles, futuros guerrilleiros, coma Antonio Ulloa (Torallo).

Áreas de Cabral, Lavadores, Bembrive e Val Miñor

Santa Mariña do Cabral, Santa Cristina de Lavadores, Santiago de Bembrive e Val Miñor

En agosto de 1936, prodúcese a primeira acumulación de fuxidos nas áreas de Cabral, Lavadores, Bembrive e Val Miñor, centros de actividade de figuras da guerrilla relevantes, como os irmáns García Morales (Os Maletas), José Romero González (O Merrello), Roberto Oya Alonso (O Cachopas) e Manuel Prado Pereira (Lolito), respectivamente.

Intento de sublevación no Cuartel do Rexemento de Infantería número 29 da Coruña

A Maestranza. Praza do Xeneral Millán Astray, 14.

A mediados de outubro de 1936, produciuse un intento de sublevación no Cuartel do Rexemento de Infantería número 29 da Coruña, sendo os implicados fusilados ante dous mil soldados que se dispoñían a marcha á fronte. Poida que este movemento, que revela a heteroxeneidade dun estamento militar que en absoluto estaba por completo aliñado co golpe, tivera ramificacións en Lugo e Ferrol, onde en agosto de 1936 tamén houbera un intento de levantamento entre a infantería. Episodio similar ocorreu no ferrolán Castelo de San Felipe. En decembro de 1938, produciuse un novo intento de insubordinación de soldados de infantería, esta vez en Ourense.

Montes de Lobeira e Xiabre

Subida Cruz de Lobeira, 36628, Pontevedra, España

Os montes de Lobeira e Xiabre, así como as casas da súa contorna, foron, durante a Guerra Civil, importantes lugares de ocultación de fuxidos e desertores, o que obrigou ao Exército e ás milicias falanxistas a levar a cabo intervencións en diversas ocasións. En 1938, a Comandancia da Guardia Civil de Pontevedra deu conta da gran cantidade de fuxidos nestas áreas montañosas, ao mesmo tempo que, baseándose na falta de gardas civís para levar a cabo unhas operacións de tal calado, propuxo a creación de pequenos destacamentos do Exército baixo o mando da Guardia Civil en Vilagarcía, Vilanova, Caldas de Reis, Catoira e Paradela. Entre as partidas guerrilleiras máis importantes, destacaron a do confederal Rodrigo Beruete (“Almudo El Gitano”), a do comunista Ramón Díaz Hermo e a do desertor Serafín Nogueira Santorum “Baleiro”.

Foxa en Celeiros

Caserio a Ventosa, 2, 32786 Chandrexa de Queixa, Ourense, España

Benigno Fraga Pita, alcumado “Alejandro O Guerrilleiro”, foi asasinado pola Garda Civil a finais de abril de 1949 en Candedo e foi soterrado no cemiterio de Celeiros, no mesmo concello de Chandrexa de Queixa. Membro do PCE da Coruña e vinculado tamén ao de Ferrol, fora enviado en 1946 a Ourense a fundar a II Agrupación Guerrillera de Galicia, e alí asentou a súa base na Edreira, tomando como compañeiros a Samuel Mayo Méndez “Saúl” e José María Saavedra Díaz.

Foxas no cemiterio de Paramos

Santa María de Paramos

A comezos de marzo de 1949, cinco guerrilleiros ocultos na parroquia de Zas, concello de Negreira (José María Castelo Mosquera, Vicente Peña Tarrasa, Manuel Pena Camino, Manuel Ramiro Souto e Carmen Temprano Saloiro) foron descubertos pola Garda Civil, que rodearon a casa na que se refuxiaban. O grupo conseguiu fuxir, aínda que a muller que os acompañaba, propietaria da vivenda, foi ferida e rematada por Castelo. O grupo desprazouse ao norte da provincia na compaña de Manuela Teiga, veciña de Zas e fuxida por temor a represalias por prestarlles axuda aos guerrilleiros. Con todo, volverían ser descubertos nos montes de Paramos, e un novo tiroteo acabaría coas vidas de Castelo, Peña, Pena Camino e Teiga. Os catro cadáveres foron enterrados no adro do cemiterio de Paramos. Canto a Manuel Ramiro, que conseguira fuxir, foi descuberto e executado en 1952 en Visantoña, concello de Mesía.

Foxa de Castroncelos

Santiago de Castroncelos

Lugar de enterramento de José Rodríguez Silvosa e Ramón Somoza Álvarez, ambos de filiación obreirista. Participaron na resistencia de Monforte contra os militares sublevados en xullo de 1936, véndose finalmente obrigados a fuxir ao monte. O primeiro foi acusado da morte do falanxista José Expósito. No monte permaneceron ata xullo de 1938, sendo localizados, detidos, e posteriormente executados polas forzas de orde.

Estrada de Pontevedra-Coruña (Km. 73, hm. 9), O Faramello- Espiño-Calo

San Xoán de Calo. Lugar do Faramello

Dous executados.

Estrada de Pontevedra-Coruña (Km. 73, hm. 9), O Faramello- Espiño-Calo

San Xoán de Calo. Lugar do Faramello

Dous executados.

Estrada de Vigo-Gondomar-Tui, Pasaxe-Vincios, (km. 12)

Santa Mariña de Vincios. Lugar da Pasaxe

Catro executados.

Estrada de Vigo-Gondomar-Tui, Pasaxe-Vincios, (km. 12)

Santa Mariña de Vincios. Lugar da Pasaxe

Catro executados.

Estrada de Ourense-Ponferrada, Alto do Rodicio, Curva Grande

San Xoán das Chás. Lugar do Alto do Rodicio

Catro executados.

Estrada de Ourense-Ponferrada, Alto do Rodicio, Curva Grande

San Xoán das Chás. Lugar do Alto do Rodicio

Catro executados.

Execucións e foxas no Cemiterio de San Salvador de Maniños

San Salvador de Maniños. Lugar do Cruceiro

Lugar de execución, e posiblemente de enterramento, de Guillermo de Cal Fernández e Emilio Iglesias Fernández.

Monte do Meixueiro

Santa Cristina de Lavadores e/ou Santiago de Bembrive

Tres executados.

Monte do Meixueiro

Santa Cristina de Lavadores e/ou Santiago de Bembrive

Tres executados.

Estrada de Quiroga, km. 62, Abrence

San Xoán de Abrence. Lugar de Abrence

Tres executados.

Estrada de Quiroga, km. 62, Abrence

San Xoán de Abrence. Lugar de Abrence

Tres executados.

Execucións no Campo de Refoxos

San Amedio de Corvillón. Lugar de Refoxos

Tres executados.

Campos de Reza

Santa María de Reza. Camiño dos Penedos

Oito executados.

Campos de Reza

Santa María de Reza. Camiño dos Penedos

Oito executados.

Praia de Samil

Av. Samil, 14A, 36212 Vigo, Pontevedra, España

Nove executados.

Praia de Samil

Av. Samil, 14A, 36212 Vigo, Pontevedra, España

Nove executados.

Estrada Redondela-O Porriño (proximidades cemiterio de Mos)

Santa Eulalia de Mós

Trece executados.

Estrada Redondela-O Porriño (proximidades cemiterio de Mos)

Santa Eulalia de Mós

Trece executados.

Praia de Santa Baia de Alcábre

Camiño Borralleiro Public Park, Rúa Santa Baia, 16, 36208 Vigo, Pontevedra, España

Dezaoito executados.

Praia de Santa Baia de Alcábre

Camiño Borralleiro Public Park, Rúa Santa Baia, 16, 36208 Vigo, Pontevedra, España

Dezaoito executados.

Gándaras de Budiño

Santiago de Pontellas e San Salvador de Budiño. As Gándaras de Budiño

Vinte executados.

Gándaras de Budiño

Santiago de Pontellas e San Salvador de Budiño. As Gándaras de Budiño

Vinte executados.

Foxas no Alto da Encarnación

36811 a, Camiño do Outeiral, 22, 36811 A Igrexa, Pontevedra, España

Once executados.

Foxas no Alto da Encarnación

36811 a, Camiño do Outeiral, 22, 36811 A Igrexa, Pontevedra, España

Once executados.

Estrada de A Coruña-Santiago de Compostela, (Km. 8), curva de Canabal, Rutis-Vilaboa

Rúa Estreita, 1A, 15174 Culleredo, A Coruña, España

Na coñecida como Curva do Canabal, foron atopados os cadáveres de catro persoas: Francisco Gómez Blanco, Manuel Abelenda Catoira, Juan Otero López e Fernando Pombo Segade. O primeiro sería atopado a mediados de agosto de 1936, e os tres restantes, avanzado setembro.

Execucións na Estrada de Entrimo-Portugal, Corga da Videira, (Km 67,8)

San Fiz de Galez

O xornalista Roberto Blanco Torres, xunto con outros dous individuos, foi executado na noite do 1 ó 2 de outubro de 1936. Un cuarto lograría fuxir antes. Cando os seus corpos se atoparon, foron trasladados ao cemiterio parroquial.

Execucións na Volta do Couto

San Pedro de Tenorio

Na Volta do Couto chegáronase a executar once persoas da comarca do Deza e do Concello de Arbo, a comezos de novembro de 1936. As sospeitas de que as vítimas puideran ter sido enterradas no Cemiterio de Tenorio, levou a que, en 2021, se dispuxese iniciar escavacións no camposanto.

Foxas na beira do río Miño en San Pedro de Filgueira

San Pedro de Filgueira

En San Pedro de Filgueira localízanse dúas foxas na ribeira do Miño, que por mor da construción do encoro de Freira non puideron ser intervidas. Non se sabe se os corpos chegaron a este lugar arrastrados pola corrente. En 2011, foi exhumada outra foxa, na área do cemiterio e a igrexa parroquial, na que se atoparon os restos dunha muller. En 2021, iniciáronse novos traballos no camposanto, co fin de localizar os restos de César Alberte Domínguez, natural de Arnoia, concelleiro en 1936 e asasinado na Ponte de Castrelo de Miño.

Casa Cornide

Cidade Vella. Rúa Damas, 25

Construída polo enxeñeiro Francisco Llobet entre 1750 e 1760, a cargo da familia Cornide, o Concello da Coruña localizaría aquí a súa sede a comezos do século XIX. Nos inicios do século XX, o pazo foi arrendado a distintas sociedades culturais de orientación católica, destacando o Centro Cultural de Santo Tomás de Aquino, impulsor de actividades teatrais e sesións cinematográficas ata finais da década dos corenta. A comezos de 1949, o edificio estaba baixo a titularidade do Ministerio de Educación Nacional, que proxectaba instalar nel, previa reforma, o Conservatorio de Música. Non obstante, o proxecto acabou esmorecendo e o Concello da Coruña adquiriu o pazo mediante permuta en marzo de 1962, para acabar desfacéndose del en poxa pública días despois, coa condición de que quen o adquirise non puidese revendelo ata pasados dez anos. Foi Pedro Barrié de la Maza –próximo aos Franco, director do Banco Pastor e protagonista da doazón-compra do Pazo de Meirás polo Caudillo– quen adquiriu a propiedade por algo máis de trescentas mil pesetas, rescindíndose a cláusula que imposibilitaba a inmediata revenda dado o desexo daquel de ceder o pazo a Carmen Polo, dona do ditador. A venda a Carmen Polo, por vinte e cinco mil pesetas, efectuouse tres días despois da adquisión de Barrié. A estratexia seguida cumpría co obxectivo de evitar a adxudicación directa de bens de titularidade pública por parte da familia Franco, que estiveron, dende o comezo, detrás de toda a operación. Logo da adquisición por Carmen Polo, o Concello sufragou obras de acondicionamento a comezos dos sesenta e ata mediados do setenta, cun custo total de preto de dous millóns e medio de pesetas. Morto Franco, a partir de 1976 foi a residencia principal de Carmen Polo e dos marqueses de Villaverde en Galicia.

Mobilización veciñal en Vilagarcía de Arousa

Santa Baia de Vilagarcía. Avenida Rosalía de Castro, 121

Os concellos da ría de Arousa foron frecuentes escenarios, nos últimos anos do Franquismo e durante a Transición, dunha crecente mobilización cívico-social cada vez máis combativa coa Ditadura. Vilagarcía de Arousa, cuxa veciñanza comezara a protagonizar tímidas mostras de desencanto para comezos dos anos setenta como reacción á deficiente xestión municipal á hora de dotar ás zonas rurais dos servizos, equipamentos e infraestruturas máis básicos –sufrindo un contexto de desatencións crónicas e precariedade cotiá homologable aos residentes de barrios tradicionais e de nova creación do resto de vilas e cidades de Galicia e do resto do Estado– e os plans desarrollistas do réxime no turístico –e fundamentalmente, no industrial– que ameazaban un modo de vida baseado no sector da pesca e do marisqueo, experimentou nas semanas que seguiron á morte do ditador unha vaga de mobilizacións e protestas sindicais que se viron aparelladas do agromar de distintas asociacións veciñais nas áreas rurais da poboación. Estas novas entidades –Vilaxoán (xuño de 1976, sendo unha das primeiras legalizadas de Galicia), Bamio (xuño de 1976), Trabanca Sardiñeira (agosto de 1976), Santa María de Rubiáns (febreiro de 1978), Zona Xunqueira (xaneiro de 1979), Nosa Señora da Xunqueira (febreiro de 1979), San Miguel de Trabanca Badiña (marzo de 1979), Golpilleira de A Torre (abril de 1979) e Santiago Apóstolo de Carril (xuño de 1979) entre outras creadas nos restantes concellos arousáns durante a época da Transición– en boa medida impulsadas pola militancia antifranquista, pretendían ser un mecanismo que lles permitiría familiarizar aos veciños con toda unha serie de hábitos de organización e reivindicación –organización de asembleas, debates, votacións para decidir sobre actuacións específicas ou elixir representantes, pero tamén reunión coas autoridades públicas ou participación en concentracións e manifestacións– cos que, ademais de procurar as melloras máis básicas nos barrios e parroquias –garantía do servizo de auga corrente, alumeado público, asfaltado de camiños, liña telefónica, instalacións escolares, culturais, deportivas e de ocio, etc.–, adquirirían, por medio do seu recorrente e cotián exercicio, unha conciencia cívica que os tornaría unha forza protagonista na ruptura coa Ditadura e no paso á democracia. O xurdimento de propostas políticas por parte dos mesmos actores que estaban a impulsar o movemento veciñal, concretadas en plataformas como a Asamblea Democrática de Arousa (ADA) ou a iniciativa “Por uns axuntamentos galegos e democráticos” quedaron finalmente afogadas do mesmo xeito que unha boa parte dun movemento veciñal que, logo da aprobación da Constitución e a súa posta en marcha, veu que a democracia que contribuíra a conquistar non era tan radical e ambiciosa como esperaba. O caso vilagarcián, e en termos máis amplos, o arousán, constitúe un exemplo representativo de que as actuacións de todos aqueles protagonistas do que se veu en denominar “movemento cidadán” non foi exclusivo das grandes capitais do Estado, senón que tamén tivo as súas manifestacións en núcleos urbanos de menor tamaño, e incluso rurais, que expresaron un dinamismo nada desprezable.

Prisión de Figueirido

San Martiño de Salcedo

Aproveitando as instalacións militares preexistentes, e sen descartar que funcionase de maneira previa como campo de concentración, xa dende maio de 1938, está documentado o traslado de penados procedentes de Asturias, nunha cifra de douscentos cincuenta, sumada ao medio millar de internos que xa estaban alí. Permaneceu aberto ata 1943, ano no que chegou a superar os mil reclusos.

Prisión de Santa Isabel

Rúa Traseira Cuartel de Santa Isabel

O Cuartel de Santa Isabel foi construído a mediados do século XVIII, estendendo a súa vida como tal ata 1925, cando a guarnición de Santiago foi trasladada a Rúa do Hórreo, no actual emprazamento do Parlamento de Galicia. En xaneiro de 1940, foi habilitado como prisión central, acollendo xa neste momento a 1600 presos. O centro mantiña estas cifras en boa medida para 1943, dado o seu papel de receptor dos internos de prisións clausuradas nese tempo. En 1946 pechou as súas portas, sendo os seus 907 presos redistribuídos.

Espazo de sociabilidade do colectivo LGTBIQ+ no Pub Tarasca

Rúa de Entremuros, 13, 15704 Santiago de Compostela, A Coruña, España

O emblemático Pub Tarasca foi un dos primeiros locais da cidade onde as mulleres lesbianas se reuniron abertamente en contextos de festa e ocio, tal e como consta no estudo de Mariam Mariño sobre referentes urbanos e construción de redes de relación interpersoais de lesbianas en Compostela. Como é obvio, non foi o único lugar de encontro do colectivo LGTBI+ en Galicia. O silencio e a represión das orientacións sexuais non normativas durante os anos da ditadura levou ó agromar de toda unha serie de espazos que cumprían dita función. Da súa existencia queda evidencia a través da memoria oral, fonte que se reforza cos expedientes de diferentes casos de detencións e xuízos, especialmente a homes homosexuais. Así, podemos destacar como exemplos as inmediacións da Torre de Hércules, na cidade da Coruña, e os Xardíns de Montero Ríos e a zona portuaria, en Vigo.

Espazo de sociabilidade do colectivo LGTBIQ+ nos Cabarés de Samil

Navia. Avenida de Samil

Detrás da praza de Compostela de Samil situouse o epicentro da escena homosexual galega, configurando un dos espazos pioneiros de sociabilidade do colectivo LGTBI+. Constan celebracións de eventos dende mediados dos anos cincuenta, con espectáculos de travestismo como o de Manolito Soler, que actuaba na sala de festas Riomar. En agosto de 1978, celebrouse en Samil a primeira festa gai galega, onde se homenaxeou a figura de Soler.

Execucións na Alameda de San Domingos

Alameda de San Domingos, Jardín Rosendo Troncoso, 36700 Tuy, Pontevedra, España

A Alameda de San Domingos e as inmediacións do cuartel da vila, foron escenario de execución de máis de trinta presos nos días 2 e 20 de xullo de 1938. Foron enterrados no cemiterio municipal, hoxe desaparecido igual que os seus restos, pola construción de vivendas a partir de 1981.

Propaganda subversiva na Igrexa de San Xurxo

Centro. Rúa Pío XII, 19

Nicanor Acosta Alonso, sacerdote de trinta anos e veciño da Coruña, foi detido o 20 de xaneiro de 1969 acusado de difundir propaganda titulada "Nosotros los obreros" polas inmediacións do Hotel Finisterre e outros lugares próximos á Igrexa de San Xurxo. Un bo representante daquela parte do clero español que, cos novos aires traídos polo Concilio Vaticano II, se ía despegando do réxime franquista e achegándose progresivamente aos grupos da oposición. Acusado de propaganda ilítica, foi condenado a nove meses de prisión menor e ó pago dunha multa de dez mil pesetas.

Propaganda subversiva da Unión do Povo Galego

Rúa de San Pedro

O 28 de abril de 1973, na rúa San Pedro de Monforte, foron detidos Xosé Manuel Pavón González e Esther Cancio Figueiras por propaganda ilegal da UPG. Ambos foron condenados.

Sacerdotes de Ferrol e propaganda subversiva

Santa Mariña de Vilar

José Chao Rego, de 37 anos, e Vicente Couce Ferreira, de 31, párroco e adxutor da parroquia de Santa Mariña de Vilar, xunto cos seglares Lisardo e Luís González López, foron xulgados en xaneiro de 1970 acusados de estar relacionados cunha "organización laboral declarada ilegal" e editar propaganda prohibida. Aínda que Chao Rego foi absolto, Vicente Couce sería condenado a prisión.

Pintadas subversivas na zona escolar de Riazor

Instituto de Educación Secundaria Salvador de Madariaga, Paseo Ronda, A Coruña, España

Manuel Villares Creo, fotógrafo de vinte e un anos, foi condenado a un ano de prisión e ao pagamento dez mil pesetas de multa por pintar, na Noitevella de 1968, diversas proclamas consideradas subversivas en varios edificios da zona escolar de Riazor e de Cidade Xardín, como o da rúa Arcadio Villanueva (hoxe Rúa Cultura) e o Instituto Masculino (hoxe Instituto de Educación Secundaria Salvador de Madariaga). Entre outras: "Vivan los estudiantes y obreros torturados".

Pintadas subversivas en San Xosé de Campolongo

San Xosé de Campolongo. Praza da Constitución, 3

O día 1 de xaneiro de 1971, Valentín Cancelo Encisa, de 26 anos, administrativo, pintou as paredes da igrexa de San Xosé de Campolongo coas palabras "Amnistía" e "Libertad". En consecuencia, foi condenado en rebeldía a dous anos de cárcere.

Fuxida aos Montes de Confurco

San Xoán de Lousame. Lugar de Confurco

En Lousame e nas súas proximidades, logo do triunfo do golpe de Estado de 1936, os montes do Confurco foron unha zona para a fuxida e a ocultación de figuras políticas e sociais perseguidas, así como de desertores que eludían o recrutamento obrigatorio.

Refuxio na Edreira

San Pedro do Castro de Laza. Lugar da Edreira

No lugar da Edreira houbo un casarío que, durante a Guerra Civil e os primeiros anos da posguerra, foi empregado como lugar de reunión e refuxio de guerrilleiros da zona. En 1949, foi incendiado no marco dunha operación da Guardia Civil e outros corpos civís e militares, que executarían a un guerrilleiro e a dous veciños do lugar.

Fretaxe dun balandro na charca de Coia

San Martiño de Coia

O 8 de febreiro de 1975, veciños do barrio de Coia fretaron unha pequena barca de vela na charca que se formara nun dos ocos que, teoricamente, debería de albergar unha das futuras edificacións da área. Os pasaxeiros da embarcación foron os propios nenos do lugar. Con este acto, recollido ó día seguinte na prensa, os residentes quixeron denunciar algunhas das deficiencias do polígono de vivendas, que á falta de equipamentos e asfaltados, se lles unía a existencia dunha lagoa perigosa e insalubre sobre a que pediran meses antes, como no resto de cuestións, solucións ás autoridades, recibindo como resposta a inacción. A fretaxe da barca, aínda que poida parecer un episodio case cómico, é ben representativa de accións de protesta e denuncia de baixa intensidade –semellantes aos concursos de caza para mostrar os problemas coas ratas– coas que os veciños de barrios mal dotados e mal planificados evidenciaban publicamente o seu descontento e malestar coas autoridades municipais da Ditadura.

Manifestación popular en Rianxo

Santa Comba de Rianxo. Praza Castelao, 1

O 29 de agosto de 1977 tivo lugar unha manifestación que partiu da Cofradía de Pescadores e culminou na praza do Concello de Rianxo. Con notable protagonismo das mariscadoras rianxeiras así como de nenos e nenas, demandaba a dimisión do alcalde da vila, José Luis Fernández Iglesias, xunto co resto da corporación municipal. A presión popular forzou a dimisión, que foi recibida con alegría pola veciñanza congregada diante do consistorio, en cuxo balcón se izou a bandeira galega xunto coa española ao compás do himno de Pondal e Veiga. O sucedido en Rianxo é ben representativo das crises municipais que se comezaron a suceder en moitos concellos do Estado trala morte de Franco, co aumento do malestar de veciños e veciñas coas corporacións da ditadura, vistas con cada vez menos lexitimidade pola súa deficitaria xestión e por non ser froito da vontade democrática da poboación. Así, temos distintos exemplos de caída, por presión popular, de gobernos municipais en cidades como Vigo, A Coruña ou Sada, que, da man das asociacións veciñais iniciarían un cambio de poderes que sería completado coas eleccións municipais celebradas en abril de 1979.

Mobilización veciñal na Praza de Armas

Magdalena. Praza de Armas

Unhas dúas mil persoas concentráronse na Praza de Armas de Ferrol o día 13 de setembro de 1977, convocadas polas asociacións veciñais da cidade para manifestar a súa oposición á venda de bens públicos municipais como solución para a situación de crise financeira que sufría o concello. Tamén se emitiron outras reclamacións, como a inmediata legalización das asociacións veciñais, aínda en situación irregular. Rematouse cantando o Himno Galego. Esta praza tamén fora, un ano antes, lugar de concentración dos veciños de Ferrol: uns catro mil reuníranse neste lugar para protestar polas deficiencias do servizo de augas dalgúns barrios da cidade (Canido, Caranza, Inferniño, Ensanche, San Juan-Bertón e Santa Cecilia). Do mesmo xeito, tamén se denunciaría o non recoñecemento legal das asociación veciñais. Neste acto, a Asociación de Galega de Mulleres tamén estivo representada entre as manifestantes.

Mobilización veciñal no barrio de Caranza

Rúa Lepanto, 35, 15406 Ferrol, A Coruña, España

A Avenida de las Pías, unha das principais vías de acceso á cidade de Ferrol, era un punto negro por producírense nela frecuentes atropelos, en moitos casos de nenos e nenas, debido á falta de pasos de peóns, semáforos, pasos subterráneos ou pasos elevados. A veciñanza afectada decidiu emprender distintas accións de protesta, que xa, en 1976, os levou a protagonizar a primeira manifestación autorizada trala promulgación da Ley de Reunión y Manifestación. Á altura de setembro de 1977, un novo atropelo, unha nena de once anos, volveu reactivar as protestas. A asociación de veciños de Caranza, aínda ilegal, en colaboración coas asociacións de pais dos tres colexios da zona, organizou o corte temporal da rúa, unha asemblea aberta, así como o peche dos centros educativos e do comercio no día no que se produciu unha grande manifestación coa participación de oito mil persoas que coincidiu co enterro da nena falecida. Finalmente, levouse a cabo outra asemblea na que tomaron a palabra distintos membros da asociación, e incluso, o propio alcalde. Unhas semanas máis tarde, a veciñanza do barrio de Catabois, afectada polo mesmo problema en relación a outra vía de entrada á cidade, decidiu seguir o exemplo do barrio de Caranza con accións similares. As iniciativas da veciñanza destes barrios ferroláns son bo exemplo da crecente mobilización que en poboacións de todo o Estado, como resultado dunha expansión mal planeada e deficitaria en equipamentos, infraestruturas e servizos de todo tipo, se fixo evidente nos anos da Transición coma unha mostra máis do espertar da sociedade civil.

Protestas veciñais en Teis

Rúa Gerardo Campos Ramos, 2, 36207 Vigo, Pontevedra

A veciñanza da parroquia de Teis protagonizou distintas accións de protesta pola perigosidade da Travesía de Vigo, dado o elevado número de accidentes mortais que se levaban producindo nela. Houbo denuncias na forma de escritos á prensa e ás autoridades, conatos de manifestacións abortadas pola Policía Armada, e algunhas concentracións, con abundante presenza feminina. Así, por exemplo, en xaneiro de 1976, producíronse varias manifestacións en Travesía de Vigo, unha delas mesturada co funeral dunha muller que fora atropelada na mesma vía. Estas accións conxugáronse coas resistencias á construción da autoestrada –que provocou unha serie de expropiacións de terreos pagadas á baixa ós seus propietarios– e protestas polo paso a nivel de RENFE, outro punto no que se produciran numerosos atropelos. A legalización da asociación veciñal do barrio, lograda en abril de 1976, permitiu unha maior contundencia á hora de impulsar iniciativas de tipo reivindicativo sobre este problema e outros que afectaban a boa parte dos vigueses.

Folga do Leite

Praza Campo de San Antonio, 19, 27400 Monforte de Lemos, Lugo, España

Episodio que tivo lugar en marzo de 1978 enmarcado dentro das "guerras agrarias" que, de xeito recorrente, se produciron en distintos puntos do Estado español durante a década dos setenta, como na Ribeira do Ebro no outono de 1973 (guerra do pemento) e entre 1974 e 1975 (guerra do espárrago), en Estremadura no verán de 1975 (guerra do tomate), en Aragón durante os primeiros meses de 1976 (guerra do millo) ou en Granada e Málaga durante 1977 (guerra das leitugas). A razón estaba na diferenza dos prezos de compra aos produtores destes alimentos –a miúdo no limiar dos custos ou por debaixo deste– e o prezo de venda ós consumidores. A esta circunstancia había que sumarlle, no contexto dos primeiros meses de 1978, o impacto da crise enerxética no mundo agrario, os esforzos do goberno español por conter a inflación e as inminentes eleccións ás cámaras agrarias, unha oportunidade para que o sindicalismo agrario antifranquista saído da clandestinidade (Comisións Labregas, Sindicato Agrario Galego ou Sociedades Agrarias) fixese visíbeis as súas reivindicacións. A folga, que tivo lugar entre o 7 e o 11 de marzo, supuxo tractoradas e a non entrega do leite por parte dos gandeiros. O seu impacto foi limitado e localizado en zonas concretas: centro e sueste de Lugo, centro e montaña de Coruña, suroeste de Ourense e nordés de Pontevedra. Secasí, constitúe un bo antecedente, xunto co outro anterior a este, en 1967, das "guerras do leite" que colleron forza en Galicia nos oitenta e nos noventa. E, por outro lado, o episodio deu visibilidade a un mundo rural que, como os espazos urbanos industriais, en absoluto permanecía inerme á mobilización social do momento.

Mulleres rapadas en Ponteareas

San Miguel de Ponteareas. Xardíns da Xiralda s/n

Un grupo de mulleres de tendencias republicanas e socialistas foron rapadas polos falanxistas e obrigadas a desfilar polas rúas da poboación, humillándoas ante os veciños. Este foi un exemplo de acción de violencia exercida contra as mulleres polo Franquismo polo feito específico de seren mulleres, e que se ha de entender no contexto de brutal represión que se impuxo tralo golpe de Estado, xunto con outras que moitas tamén padeceron –execucións extraxudiciais ou por orde militar, falecementos naturais polas malas condicións dos centros de reclusión, sentenzas a penas de prisión tras procesos xurídicos sen garantías, extorsións económicas ou persecución de familiares– do mesmo xeito que os varóns. A práctica do rapado estendeuse rapidamente por todas aquelas zonas que quedaron baixo o control dos sublevados desde xullo de 1936, e Galicia non foi unha excepción, podendo identificar casos en puntos diversos do territorio desde finais de mes. Foi precisamente durante aquel verán e nas primeiras semanas do outono, cando aqueles episodios se repetiron con maior frecuencia, aínda que estes non chegaron a desaparecer nin nos anos que durou o conflito bélico nin durante a década dos corenta, neste caso vinculados á cuestión dos fuxidos e da guerrilla. Fora nunha ou noutra época, os perpetradores non variaron: milianos, especialmente falaxistas, e tamén efectivos da Guardia Civil e demáis membros das forzas de orde, que ben executaron directamente ou ben deixaron facer, conscientes da utilidade deste tipo de prácticas para estender o terror pola retagarda e reforzar as identidades dos seus simpatizantes. Canto ás vítimas, as mulleres foron de idades, extraccións sociais e adscricións ideolóxicas diversas. Aínda así, tiveran ou non relación de parentesco ou doutro tipo coas vítimas varóns, sempre foron sinaladas como “mujer roja”, “izquierdista” ou “republicana”. As crónicas de episodios de rapado noutras localidades como Porriño, Ordes, Cangas, Bueu, Becerreá, Vilagarcía de Arousa, Carril, A Rúa, entre outros lugares de Galicia, permiten esbozar unha escenografía que aínda que no esencial se repite, podía presentar algunhas variacións: rapado total, decisión de deixar algúns cabelos sobre os que se colocaba un lazo ou cinta, pintado de inscricións alusivas á súa suposta ideoloxía, acción de maior ou menor planificación previa, durante a noite ou á luz do día, que frecuentemente era sucedida por un desfile do grupo de mulleres para garantir a súa exposición pública, acompañado por outro tipo de malos tratos, como a obriga de inxerir aceite de rícino. Este abano de prácticas podía levarse a cabo nunha única xornada ou volver ser desenvolto sobre a mesma vítima ou grupo de vítimas de maneira periódica durante certo tempo.

Resistencias en Talleres La Artística

San Miguel de Bouzas. Rúa Tomás A. Alonso, 68

En 1938, rexistrouse un episodio representativo dunha resistencia de baixa intensidade, con recurso ás "armas do feble", e recorrente en contextos nos que, pola coerción exercida polo poder, resulta complicado exercer manifestacións de disidencia moito máis explícita. Ramona Camesellle González, Paz Lama Álvarez e Dolores Rodríguez Rodríguez, de 16, 18 e 19 anos, foron condenadas a quince anos a primeira e a cadea perpetua as dúas restantes, por delito de adhesión á rebelión, por poñer facer uso das iniciais "UHP" (en alusión a consigna obreirista "Uníos Hermanos Proletarios").

Resistencias na Conserveira Hijos de Antonio Alonso

Vigo Centro. Arenal

En 1938, dous episodios protagonizados por traballadoras da conserveira Hijos de Antonio Alonso provocou o ingreso en prisión dun grupo delas, sendo exemplo representativo dunha resistencia de baixa intensidade, con recurso ás "armas do feble", e recorrente en contextos nos que, dada a coerción exercida polo poder, resultaba complicado exercer manifestacións de disidencia moito máis explícitas. No primeiro, Otilia Docamiño García, María Teresa Cores, Loida Pereira Figueroa a Adelaida e Piedad Lafuente Martínez foron acusadas por outra compañeira de cantar composición patrióticas terxiversando a letra para exaltar a personaxes da zona republicana e atacar a Franco, Queipo del Llano ou criticando as vitorias militares sublevadas, o que lles valeu penas polo delito de auxilio á rebelión, oscilantes entre seis meses e seis anos de cárcere. O outro episodio foi protagonizado por Nieves Rivas “a Seca”, Amparo Garaboa Sandes, Amparo Álvarez Nogueira e Consuelo Rodríguez Fernández “a Carioca”, do mesmo xeito procesadas por un delito de auxilio á rebelión, neste caso por cantar "La Internacional", o que lles costou a pena da prisión perpetua.

Execucións en Rubiá

Santa Mariña de Rubiá. Lugar do Val

O 23 de outubro de 1939, unha patrulla da Lexión cercou a casa na que Concepción Fernández Cadórniga vivía coa súa filla, Remedios Rodríguez. Buscaban ao mozo de Felícitas Rodríguez (filla e irmá respectivamente destas dúas): Gerardo, botado ao monte en decembro de 1936 e que se atopaba oculto na súa casa. Gerardo logrou fuxir do lugar, aínda que antes matou a un dos lexionarios. Como represalia, Concepción e Remedios foron aforcadas, e os irmáns de Gerardo, fusilados.

Resistencias e execucións no Porto de Ferrol

Arsenal Militar

O porto de Ferrol brindou varios exemplos interesantes de violencia durante a Guerra Civil. O 20 de xullo de 1936, tras coñecerse a declaración do Estado de guerra na Coruña, cabos e mariñeiros do acoirazado España e do cruceiro Almirante Cervera amotináronse contra os mandos, recibindo a axuda de grupos de civís que se uniron aos mariñeiros, que os armaron con fusís. Entre estes grupos civís, había abundante presenza feminina, que entraron nos barcos vestidas con batas brancas e cruces vermellas nos brazos. Algunhas delas: Milagros Nidálguila, Concepción Motouto ou Dolores Mosquera, as tres executadas posteriormente. Ao ano seguinte, o cruceiro Canarias, en mans dos sublevados, capturou fronte ás costas de Santander o buque mercante Mar Cantábrico, cuxa tripulacións transportaba víveres, armas e municións cara a portos da zona republicana. Forzado a trasladarse a cidade de Ferrol, a metade da mariñeiría sería executada no Arsenal Militar.

Resistencias veciñais á construción dun encoro en Campobecerros

Santiago de Campobecerros

No verán de 1974, labregos e labregas de Campobecerros, apoiados por Comisións Labregas, organizaron un movemento de resistencia contra a construción dun encoro pola empresa Iberduero, enviando escritos á prensa e a organismos oficiais e contactando co Goberno Civil de Ourense. Demandaban o traslado da poboación coas mesmas características, incluíndo o monte comunal. Campobecerros foi un exemplo de tantas outras poboacións afectadas por este tipo de construcións, como Veigas de Camba, Castrelo de Miño, Frieira ou Portodemouros.

Manifestación contra a cota da Seguridad Social Agraria

Distrito Centro. Praza de Ferrol

Entre dúas mil e tres mil persoas, convocadas por Comisións Labregas-Sindicato Labrego, manifestáronse polas rúas da capital lucense contra a cota empresarial da Seguridad Social Agraria. O acto, que contou coa participación de distintas forzas políticas (UPG, ANPG, PSPG, MPG, LCR) culminou na Praza de Ferrol, onde distintos oradores tomaron a palabra. O movemento contra a cota xa tiña as súas orixes nos primeiros impagamentos rexistrados en 1972 nalgúns concellos da provincia de Ourense.

Prisión provincial de Ourense

Ourense Centro. Rúa do Progreso, 45

As súas orixes remóntanse á primeira metade do século XIX, ao construírse como prisión de partido, sendo a finais do século cando pasa a ser, ademais, prisión provincial. Á altura dos anos trinta, viñera de sufrir unha reforma que a convertera nun centro de carácter mixto e adaptado á realidade penitenciaria da época. Entre os anos 1936 e 1943, estímase unha poboación media duns catrocentos internos, aínda que en xaneiro de 1938 chegáronse a concentrar máis de seiscentos, co que isto significou para as condicións de vida. En total, para o período 1936-1940, terían pasado polo centro algo máis de cinco mil.

Execucións no Campo de Aragón do Cuartel de San Francisco e no Cemiterio Municipal de San Francisco

Rúa a Granxa, 1, 32005 Ourense, España

Trátanse de dous lugares fundamentais da violencia golpista na cidade de Ourense. Por un lado, no Campo de Aragón do Cuartel de San Francisco, documéntanse cento dezanove executados por autoridade militar. Por outro lado, no camposanto, serían algo máis de douscentos os fusilamentos tras sentenza de consello de guerra; agás no caso daqueles cuxas familias puideron recuperar os restos, a maioría acabaron mesturados no osario do cemiterio.

Execucións na Base Naval de Ríos

San Salvador de Teis. Avenida da Mariña Española, s/n

Seis executados por autoridade militar.

Execucións no Cuartel do Monte do Castro

O Castro. Parque Rosalía de Castro, 5

Rexístranse cento vinte e cinco executados por autoridade militar.

Execucións e foxas no Cemiterio de San Mamede de Laraxe

San Mamede de Laraxe. Lugar da Igrexa

Localizáronse aquí vinte e nove cadáveres, asasinados na coñecida como Curva da Gaiteira, preto do camposanto.

Alto da Cuncheira

Camiño Cabo da Pedra, 3

Neste lugar foron asasinadas vinte e unha persoas, a metade do total en todo o municipio.

Praia de Canido

PO-324, 181, 36390 Oia, Pontevedra, España

Trece executados.

Praia de Canido

PO-324, 181, 36390 Oia, Pontevedra, España

Trece executados.

Celebración do Día do Estatuto Galego na Coruña

Riazor. Rúa Manuel Murguía, s/n

O 28 de xuño de 1978, celebrouse no Pazo de Deportes un acto con motivo do Día do Estatuto Galego, que pretendía reivindicar o Estatuto de 1936 e o recoñecemento da autonomía galega no novo deseño democrático. Con intervención de representantes de UCG, PCG, PTG e POG e actuacións musicais, o acto agrupou no pazo arredor dun millar de persoas.

Celebración do Día do Estatuto Galego en Vigo

Santa María de Castrelos. Avenida de Castrelos, 186

O 28 de xuño de 1978, celebrouse en Castrelos unha festa popular con motivo do Día do Estatuto Galego, que pretendía reivindicar o Estatuto de 1936 e o recoñecemento da autonomía galega no novo deseño democrático. A festa popular, convocada por PCG, PPG e UCD e á que se uniron tamén CCOO, CCMM e o Ateneo de Vigo, entre outros, reuniu en Castrelos a unhas vinte e cinco mil persoas ao longo do día e contou con pasarrúas, mitins políticos e verbena.

Homenaxe popular a Castelao en Rianxo

Santa Comba de Rianxo. Rúa de Abaixo, 32

O 28 de xuño de 1978, tivo lugar en Rianxo unha homenaxe popular a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, convocada pola veciñanza e apoiada pola UCD e o PCG, no 42 aniversario do plebiscito do Estatuto de Autonomía de 1936. O acto incluíu a colocación dunha coroa de flores ante o busto do escritor e as intervencións de persoeiros como Rafael Dieste, Bouza Brey, Rafael Pillado ou Baldomero Fernández Calviño. Todos os oradores sinalaron o compromiso galeguista de Castelao, símbolo de unión entre os galegos na súa loita pola consecución dos dereitos autonómicos que permitirían o recoñecemento dunha personalidade propia, e polo tanto, este acto, que se producía no contexto do debate constitucional, converteuse tamén nunha reivindicación do Estatuto de Autonomía de 1936 e do recoñecemento da autonomía galega na democracia en construción.

Celebración do Primeiro de Maio en Lugo

Distrito 21, A Ponte-San Lázaro, Rúa Vella da Ponte, 21

1978 foi o primeiro ano trala morte de Franco en que o Primeiro de Maio puido ser celebrado e reivindicado de xeito legal. En Lugo, unha manifestación convocada por CCOO, UGT, USO, o Partido Comunista de Galicia e PSdeG-PSOE saíu pasado o mediodía da Praza da Milagrosa, portando os participantes bandeiras galegas, as dos sindicatos e repetindo consignas sobre a unidade sindical, a igualdade salarial e en contra da obriga dos galegos emigrar e da gravosa situación de paro xuvenil. Na actual Praza Maior culminou a manifestación, e logo do manifesto foron interpretados o Himno Galego e La Internacional.

Celebración do Primeiro de Maio en Ferrol

Magdalena. Rúa Cantón Molins Canido. Parque Raíña Sofía

1978 foi o primeiro ano trala morte de Franco no que o Primeiro de Maio puido ser celebrado e reivindicado de xeito legal. En Ferrol programáronse numerosos actos a propósito do mesmo. Ás doce da mañá saíu do Cantón de Molíns a manifestación convocada conxuntamente por CCOO e UGT, que rematou na Praza de Armas. Do Cantón de Molíns saíu tamén, á unha e media, outra manifestación convocada por CSUT, USO, SU e MUP. Durante a tarde, celebrouse no Parque Municipal unha festa popular convocada por CCOO que incluíu xogos infantís, música e un xantar popular.

Xornada Nacional pola Autonomía en Lugo

Distrito Centro. Praza Maior

En Lugo, unhas cinco mil persoas marcharon polas rúas da cidade na convocatoria da Xornada Nacional pola Autonomía, o 4 de decembro de 1977, que contou con manifestacións simultáneas nas principais cidades galegas. A manifestación rematou na Praza de España, hoxe Praza Maior, onde se deron diversos discursos, entre outros, o de Ramón Piñeiro.

Xornada Nacional pola Autonomía en Ourense

Ourense Centro. Parque da Alameda

O 4 de decembro de 1977, Xornada Nacional pola Autonomía en toda Galicia, arredor de dez mil persoas marcharon por Ourense en manifestación reivindicando a autonomía de Galicia dentro do novo deseño democrático. A manifestación, que rematou na Alameda e que foi paralela a outras grandes mobilizacións nas principais cidades galegas, foi no momento a máis numerosa na cidade dende o golpe de Estado de 1936. Contou coa participación de Eduardo Blanco Amor como orador.

Mobilizacións na Praza de María Pita

Centro. Praza de María Pita

A coruñesa Praza de María foi lugar recorrente para a mobilización sociopolítica nos anos da Transición, como se pode ver nos dous exemplos seguintes. O Movemento Democrático de Mulleres da Coruña organizou unha manifestación o domingo 7 de marzo de 1976, á que concorreron entre un e dous centos de persoas, dende o Obelisco ata a coñecida praza. As súas reivindicacións: igualdade xurídica e social para a muller, garderías, zonas verdes, clubs xuvenís, maioría de idade aos dezaoito anos, escolarización total e gratuíta e oposición á suba dos prezos e á conxelación laboral. A combinación de demandas específicas da muller xunto con outras de tipo máis transversal e con referencia ao máis local, demostran a inclusión dos movementos feministas e de mulleres na vaga de mobilizacións social contra a ditadura e pola democracia. Un ano despois, a Xornada pola Autonomía, convocada nas principais cidades galegas o 4 de decembro de 1977, reuniu en Coruña a arredor de 100 000 persoas. A manifestación, que rematou da Praza de María Pita, atraeu a xente de todos os lugares da provincia, enchendo as rúas da cidade.

Manifestación pola amnistía en Praza de Cervantes

Praza de Cervantes

Arredor de dous millares de persoas concentráronse na Praza de Cervantes, o 14 de novembro de 1977, para reivindicar a amnistía xeral para os presos políticos. As mobilizacións, que se estenderon por outros puntos de Santiago de Compostela, estaban previstas para o día 4 de novembro, pero non foron permitiras polo Goberno Civil da Coruña. Aínda así, diversos grupos foron aparecendo na mañá do día 14: en Porta Faxeira e Rosalía de Castro producíronse, xa de mañá, cargas policiais e disparos de bolas de goma. A manifestación que comezou en Cervantes, ás dúas da tarde, foi disolvida polas forzas antidisturbios á altura do Hotel Compostela. A xornada pro amnistía saldouse con once detidos, todos estudantes, e varios feridos. Nos días seguintes, sucedéronse as asembleas estudantís e actos de apoio aos detidos en varias facultades, como Medicina, Ciencias Económicas ou Historia.

Manifestación pola aministía ante o Pazo de Xustiza de Vigo

Vigo Centro. Rúa do Príncipe, 54

O 19 de setembro de 1976, entre medio millar e un millar de persoas agrupáronse na rúa do Príncipe, fronte ao edificio do Pazo de Xustiza que actualmente alberga o MARCO. O obxecto da mobilización, que non fora autorizada, era reivindicar a amnistía total para os presos políticos. A manifestación, convocada pola UPG e a ANPG, percorreu o centro da cidade ata a Estación Marítima, onde rematou coa intervención dun orador que reclamou a amnistía dos presos políticos como condición previa ao establecemento de liberdades democráticas mínimas.

Boicot ao pagamento da contribución da Mutualidad Nacional Agraria

Santa María a Maior de Verín. Travesía do Concello, 1

Varias parroquias dos municipios de Verín, Muíños, A Merca, Bande e Paderne protagonizaron en marzo de 1972 os primeiros impagamentos colectivos da contribución da Mutualidad Nacional Agraria tras a entrada en vigor, en 1971, do texto refundido do "Régimen Especial Agrario de la Seguridad Social", que supoñían un engadido ao pagamento mensual da cota. Este cambio lexislativo pasou a considerar os titulares da explotación -arrendatarios e aparceiros- empresarios agrícolas, algo especialmente gravoso para o campo galego, onde nin existían grandes propietarios, nin os labregos eran empresarios. As Comisións Labregas parece que impulsaron este movemento, que tamén tería réplicas noutros puntos do país, especialmente na provincia de Lugo, chegando incluso os impagamentos ata a década oitenta, momento no que tamén se recorreu a peches de membros das CCLL en sedes da administración, como foi o caso das deputacións de Lugo, A Coruña e Ourense en marzo de 1980, ou a mitins, manifestacións e tractoradas. O movemento remataría en 1993, cando a cota foi suprimida. Secasí, e como se evidencia na publicación de Galicia Nova, xa se rexistran impagamentos en distintos puntos da provincia de Ourense a mediados de 1970, tamén organizados por Comisións Campesiñas.

Caída de Francisco Martínez Leira “Pancho”

Santa María de Ombre

O 31 de decembro de 1954, foi abatido o guerrilleiro Francisco Martínez Leira "Pancho". Militante do PCE e incorporado á guerrilla en xaneiro de 1948 tras quedar de manifesto a súa participación na folga do aceite e do azucre de Bazán. Foi un dos últimos activos en Galicia.

Caída do Puntal

Santa María de Neda. Lugar do Puntal

Caída dos guerrilleiros Antonio Castro López "Tocho", José Freire Barcia, Antonio Veiga "Cacharrón" e José Sancho Riera.

Caída do Puntal

Santa María de Neda. Lugar do Puntal

Caída dos guerrilleiros Antonio Castro López "Tocho", José Freire Barcia, Antonio Veiga "Cacharrón" e José Sancho Riera.

Caída de Remesar

Lugar Remesar, 24, 27359, Lugo, España

Caída dos guerrilleiro Manuel Fernández Soto "Coronel Benito", Elías López Armesto "Parajo" e Bernardo Álvarez Trabajo "O Gasta", a raíz da actuación dun infiltrado.

Caída de Chavaga

San Xoán de Chavaga. Lugar do Piricallo

Caída dos guerrilleiros Evaristo González Pérez Rocesvinto, natural de la provincia de León; Guillermo Morán García, asturiano; Gregorio Colmenero Lugo, natural de Torbeo (Ribas do Sil) e Julián Acebo Alberca "Guardiña", natural de Chavaga.

Caída de Vila da Igrexa

San Martiño de Cercido, Lugar de Vila da Igrexa

Caída de José Vilariño Fernández, Perfecto Castro Martínez "O Tereso", José Felpeto Gómez Felpeto e un enlace, así como o garda civil Ramón Pérez Casas.

Execucións no Cemiterio de Catabois

Catabois. Estrada de Catabois, 666

Despois do asasinato do falanxista Arsenio Muñiz, a Garda Civil asasina a catro traballadores aplicándolles a lei de fugas, a finais de decembro de 1948. Foron: Florentino Iglesias Varela, Francisco Loureda Silvar, Juan Fuentes e Antonio Martínez Ferro.

Caída de Luis Trigo Chao “Gardarríos” e Antonia Díaz Pérez

Santa María de Lourenzá. Rúa Montero Villegas, 19

En xuño de 1948, prodúcese a caída de Luis Trigo Chao "Gardarríos", activo dende finais de 1936, e Antonia Díaz Pérez.

Caída de Loureiro-Luou

Santa María de Luou. Lugar de Loureiro

En maio de 1948, prodúcese a caída dos guerrilleiros Ricardo Fernández Carles, Manuel Agraasar Cajaraville, Vicente López Novo e Florentino Méndez Pelayo.

Morte de Yoyo e Colás

Santa Mariña de Sillobre. Monte Reboreda-Sillobre

Caída dos guerrilleiros Gregorio Dopico Fernández "Yoyo" e Nicolás Rodríguez Pereira "Colás" no Monte Reboreda.

Morte de Yoyo e Colás

Santa Mariña de Sillobre. Monte Reboreda-Sillobre

Caída dos guerrilleiros Gregorio Dopico Fernández "Yoyo" e Nicolás Rodríguez Pereira "Colás" no Monte Reboreda.

Boicot ao pagamento da cota de millo

San Román das Encrobas, San Martiño de Cerceda, Santo André de Meirama, Santa María de Queixas, San Martiño de Rodís, Santa Comba de Xesteda

469 labregos das parroquias de Cerceda, Xesteda, Meirama, Queixas, Rodís e As Encrobas boicotearon en xuño de 1944 o cobro da cota de millo por parte do Sindicato Nacional del Trigo, de xeito que aínda que o cobrador acudiu repetidas veces a intentar recadala, non puido recoller unha cantidade significativa.

Cárcere de Monforte de Lemos

Monforte de Lemos. Rúa Zapaterías, 1

Entre xullo de 1936 e ata finais do ano 1940, o centro tería albergado un total de 1225 presos políticos.

Resistencia en O Incio e A Pobra de Brollón

Santa Cruz do Incio. Praza de España

Un grupo de veciños procede a cortar as estradas do Incio á Pobra de Brollón e de Pino nos días seguintes ao golpe de Estado de xullo de 1936. José Casas Martínez parece que liderou un grupo que se dedicou a asaltar casas e incautar armas e vehículos para enfrontar ao exército, se ben a presenza de tropas determinou a súa dispersión e fuxida para o 22 de xullo de 1936.

Resistencia de San Clodio de Ribas do Sil

San Clodio de Ribas de Sil

Veciños das parroquias de San Clodio, Torbeo, Figueirido e Piñeira, máis tarde tamén mineiros da conca carbonífera de Fabero e Ponferrada, fixéronse con armas de fogo coas que patrullaron o lugar de San Clodio logo de coñecerse a sublevación iniciada polas tropas españolas en Marrocos e as súas repercusións no resto de prazas militares da península, incluídas as galegas. O día 22 de xullo, saíron de Quiroga forzas da Guardia Civil, carabineiros e falanxistas comandados polo capitán José López de Haro. A veciñanza opuxo resistencia cando aqueles intentaron entrar na poboación, recorrendo incluso ao corte da estrada e producíndose un tiroteo. Vicente González Quiroga, primeiro tenente de alcalde, foi considerado o líder do grupo, sendo capturado e encadeado, do mesmo xeito que o resto de implicados que non lograron fuxir.

Enfrontamento coa Garda Civil na “Casa do Inverno”

Santa Cruz do Incio. Praza de España

En maio de 1939, Benigno Díaz González e Enrique de Vigo, ambos fuxidos dende o golpe de Estado de xullo de 1936, falecen tras un enfrontamento coa Garda Civil na casa de Carmen Maceda Macía, que lles dera refuxio dende 1937 e que tamén acaba falecendo. Os dous fillos desta, Antonio e Anuncia Rodríguez Maceda, foron detidos, acusados de rebelión militar e condenados a pena de morte, que se lles conmutou por cadea perpetua. Antonio pasou anos en prisión e Anuncia morrería de tuberculose no cárcere lucense, a finais de 1941.

Execucións no Cemiterio de Santa María de Ombre

Rua Igrexa, 3, 15609 Pontedeume, A Coruña, España

Lugar de execución de catro persoas veciñas de Cabanas, Vilarmaior e Monfero, a comezos de setembro de 1936: José Fernández Ares (de Cabanas), Francisco Muíño Castiñeiro (de Vilarmaior), Pedro Marcos Silvar (de Monfero) e Benito Souto Corral (directivo da "Sociedad de Agricultores de Monfero").

Execucións no Cemiterio de San Vicenzo de Caamouco

San Vicenzo de Caamouco

O 19 de agosto de 1936, foron asasinados oito veciños de Pontedeume, Monfero e Vilarmaior.

Execucións e foxa no Cemiterio de Mós

Santa Eulalia de Mos

Lugar de execución e enterramento de algo máis de vinte persoas entre 1936 e 1937. A foxa, situada ao lado do cemiterio orixinalmente, desapareceu ao ampliarse o camposanto.

Execucións no Cemiterio de San Xulián de Mugardos

San Xulián de Mugardos. Rúa Camiño Cemiterio, 7

Foron executadas neste lugar cinco persoas.

Execucións no Cemiterio de San Xulián de Mugardos

San Xulián de Mugardos. Rúa Camiño Cemiterio, 7

Foron executadas neste lugar cinco persoas.

Execución do crego Andrés Ares no Cemiterio de Santiago de Barallobre

Santiago de Barallobre. Rúa Santiago, 87

O 3 de outubro de 1936, o crego de Val do Xestoso, Andrés Ares Díaz, foi asasinado por un grupo de falanxistas e gardas civís por negarse a entregar os fondos da colecta para a festa dos Remedios, sendo acusado de pertencer a Socorro Rojo Internacional. Na súa morte tentou implicarse ao cura de Barallobre, Antonio Casas, confesor último de Ares, que intentara frear a represión na contorna.

Execucións no Cemiterio de Santa Mariña de Sillobre

Santa Mariña de Sillobre. Avenida do Doutor Sixto Mauriz, 113

Lugar de execución de Baltasar López Ardao, Arturo Pereira López, Juan Pereira López e Jesús Bouza Pereira, en setembro de 1936.

Execucións na Reborica

San Paio de Aranga, A Reborica

Neste lugar apareceron os corpos de sete persoas paseadas ao longo do mes de setembro de 1936.

Antigo Cárcere de Lugo

Distrito Centro. Praza da Constitución, s/n

Aberto en 1887 para substituír o vello edificio da rúa Armañá, funcionou como penitenciaría menor e xulgado do partido xudicial lucense. Aínda que a súa capacidade ás poucas superaba o centenar de presos, tralo golpe de Estado chegará a albergar uns novecentos, chegando a pasar polas súas instalacións, entre 1936 e 1940 máis de cinco mil definidos como políticos. O amoreamento era unha realidade, chegando a haber cincuenta persoas nunha cela de menos de trinta metros cadrados. A esta situación haberíalle que sumar a "dieta da fame", as malas condicións hixiénicas e as enfermidades resultantes. Destacan especialmente os anos 1937 e 1939 como momentos nos que as entradas se incrementaron, primeiro pola caída de Asturias, e segundo pola chegada de presos procedentes doutras zonas do país a fin de redimir penas por traballo nas obras que se realizaron en Lugo. Pecharía en 1981.

Encontros feministas na Facultade de Económicas da USC

Av. do Burgo das Nacións, 2, 15704 Santiago de Compostela, A Coruña, España

En abril de 1978, celebráronse na Facultade de Económicas de Santiago as primeiras Xornadas Feministas Galegas, ás que acudiron vinte asociacións da Coordinadora Estatal de Organizacións do Estado. Destaca o feito de que por primeira vez de maneira pública o feminismo lésbico reclamou o seu lugar dentro do movemento. Do mesmo xeito, o centro, que acostumaba a funcionar como lugar de reunión do movemento feminista da cidade, acollería tamén unha das asembleas da Asociación Galega da Muller determinante para que a escisión de Feministas Galegas Independentes (FIGA), no marco dos debates entre o feminismo independente e o de dobre militancia, precedendo os acontecementos das xornadas de Granada celebradas un ano despois. A Facultade de Medicina e o Pazo de Fonseca terían sido, do mesmo xeito, lugares de reunión do feminismo compostelán nos seus inicios, entre os anos 1976 e 1977.

Manifestacións do movemento feminista na Praza do Toural

Praza do Toural

Lugar de encontro recorrente de manifestacións na cidade compostelá. Alí pecharía a manifestación do Oito de Marzo celebrada en Compostela no 1978.

Mobilizacións nos arredores da Catedral de Santiago de Compostela

Praza do Obradoiro

A praza do Obradoiro e os seus arredores -Prazas de Praterías e Quintana- foron un lugar común de mobilización e reivindicación sociopolítica a finais do Franquismo e durante a Transición, arredor das formas e temáticas máis diversas. Así, en novembro de 1969, catro rapaces de entre dezanove e vinte anos son detidos por "xogar" coas coroas de loureiro que o día anterior foran colocadas aos pés da Cruz dos Caídos. Segundo a causa xudicial, pasáronas duns a outros a patadas, colgándoas logo nos farois e incluso, nun semáforo. Estes actos valéronlles, ao considerarse unha ofensa contra os "Caídos por Dios y por España", unha pena a cada un de dous meses de arresto maior e unha multa de cinco mil pesetas. A ocupación e peche en igrexas como estratexia reivindicativa, unha práctica estendida nos conflitos de finais da ditadura, chegou ata a catedral de Santiago. O 26 de novembro de 1970, en solidariedade cos traballadores mobilizados no conflito de MEGASA, uns douscentos estudantes ocuparon o templo. Non so o templo foi lugar de peches. O 10 de outubro de 1978, dende as oito da tarde, un centenar de mulleres pecháronse no Concello de Santiago como acto de solidariedade con aqueloutras once que serían xulgadas o día 26 dese mesmo mes en Bilbao por realizar abortos clandestinos. Durante o acto, tamén se levou a cabo unha reunión para reflexionar sobre a loita para a despenalización do aborto e a amnistía polas presas por eses delitos. En febreiro de 1978, celébrase en Compostela unha manifestación contra o Proxecto Gobernamental do divorcio, convocada pola AGM e a ADMG, que remata na Praza do Obradoiro. Durante a marcha, as manifestantes foron agredidas por un grupo de xuventudes de ultradereita sen que a policía chegase a intervir. O Goberno Civil da Coruña sancionou con multas ás asinantes da solicitude elaborada contra o proxecto do divorcio por “alteración da orde pública”. Tamén no Obradoiro se concentrou unha multitude de aproximadamente millar e medio de persoas durante o acto de constitución oficial da Xunta de Galicia, o 19 de abril de 1978, que tivo lugar no Pazo de Xelmírez. Os manifestantes reivindicaban unha 'Xunta obreira' e o dereito de autodeterminación, ademais de amosar a súa solidariedade cos traballadores de Ascón, en conflito naquel momento. O Obradoiro e os seus arredores foron tamén o centro principal de mobilización no 25 de xullo de 1978, Día do Apóstolo e Día da Patria Galega. En pleno debate constitucional, diversas convocatorias confluíron nos arredores do Obradoiro para reivindicar a autonomía de Galicia ou o dereito de autodeterminación. Ata quince mil persoas puideron coincidir na praza, convocadas por diversos partidos, asociacións e sindicatos.

IV Encontro Estatal das Fronte de Liberación Homosexual

Vigo Centro. Rúa Hernán Cortés, 8

En outubro de 1978, celebráronse en Vigo os encontros da Coordinadora de Federación de Frentes de Liberación Homosexual del Estado Español (COFLHEE), nos que se decidiu rexeitar o proxecto de Constitución por non contemplar o dereito á libre orientación sexual do individuo, así como aprobar unha serie de puntos que incluían esixir a amnistía de tódolos presos por razón de aplicación de lexislación represiva por cuestións sexuais, a derrogación da lei de Perigosidade Social ou a obrigación de impartir unha educación sexual adecuada. Malia que este é un dos fitos máis recoñecibles, xa con anterioridade existe constancia dunha Fronte pola Liberación Homosexual Galega (FLHG), constituída á altura de 1977 en diferentes cidades de Galicia, como Vigo, A Coruña ou Compostela, neste caso xa un ano antes. Na cidade de Vigo, a Fronte pola Liberación Homosexual Galega debeu contar con espazos de reunión habituais, pois no comunicado publicado o 20 de outubro de 1978 en El Pueblo Gallego, fan constar o seu apartado de correos nesa mesma cidade para toda persoa que quixese poñerse en contacto coa asociación.

Sabotaxe nos Cines do Salón Teatro e Sala Iago

Rúa Nova, 34 Rúa do Vilar, 51-53-55

En 1978, co gallo do Oito de Marzo, algunhas feministas compostelás organizáronse para facer sabotaxe a dous filmes eróticos proxectados nos Cines do Salón Teatro e na Sala Iago: “Emmanuelle” e “Historia de O”, ambas do director francés Just Jaeckin. Os carteis de ambos foron cubertos con pancartas con inscricións en protesta pola cousificación dos corpos femininos.

Asociacionismo veciñal en Palavea

Lugar de Palavea Vieja, 2D, 15174 A Coruña, La Coruña, España

A asociación de veciños de Palavea, aínda que legalizada en 1978, apareceu en 1976, bebendo da tradición asociativa preexistente a partir do cristianismo progresista de grupos como Meu Lar e co gallo dos problemas xurdidos polo crecemento demográfico do barrio coa construción das vivendas de Santa Cristina, de protección oficial, durante os anos sesenta e setenta. Os asociados comezaron a esixir melloras na calidade das vías, asfaltado, servizo de abastecemento de augas, demandar unha pasarela que permitira cruzar a avenida Alfonso Molina sen risco de atropelos, así como a reivindicación de vivendas para parellas novas e dun servizo de gardaría que finalmente frutificaría na escola municipal Os Cativos. Pulouse tamén pola dinamización cultural do barrio organizando ou propoñendo diversas actividades, dende a celebración do Entroido a propostas como a organización dunha biblioteca ou de cursos de lectoescritura. Moi vinculada ao espazo das vivendas de Santa Cristina, as asembleas e reunións da asociación realizábanse en distintos lugares, mais eran recorrentes os antigos barracóns de madeira que facían tamén ás veces de escola e nos que, os domingos, se celebraba misa.

Morte dunha muller a mans da policía na manifestación dos traballadores de Ascón

Vigo Centro. Rúa de Urzáiz

Unha manifestación de traballadores de Ascón é disolvida pola Policía Armada e, como consecuencia da carga, Elvira Parcero Rodríguez resulta ferida, morrendo posteriormente no hospital o 21 de abril de 1978 a consecuencia dun derrame cerebral.

Xornada Nacional pola Autonomía en Vigo

Vigo Centro. Rúa as Avenidas, S/N

O 4 de decembro de 1977 tivo lugar en Vigo unha manifestación multitudinaria polo estatuto de autonomía, “a manifestación máis grande da historia de Galicia” ata o momento. Cunha participación de arredor trescentas mil persoas, a manifestación converteuse nunha mobilización transversal na que o propio gobernador aceptou que en lugar da policía fora o PCG o encargado da seguridade. Enmarcábase nunha xornada nacional pola autonomía, con mobilizacións nas principais cidades galegas, aínda que ningunha con tal dimensión. O percorrido da manifestación rematou no Club Náutico, onde se leu un manifesto e se entoou o ‘Venceremos nós’. Horas despois, pola tarde, celebraríase no Estadio de Balaídos un partido entre o Real Club Celta de Vigo e o Granada Club de Fútbol que tamén daría espazo á reivindicación política. Os xogadores celtistas saltaron ó terreo de xogo portando unha gran bandeira de Galicia, e simultaneamente, o público asistente comezou a interpretar o Himno Galego. Tratábase dunha das primeiras ocasións nas que, dende o golpe de Estado de 1936, a bandeira galega estaba presente nun estadio, o que lle brindaba unha dimensión moi importante, tendo en conta a capacidade que o fútbol, xa naquela altura, tiña para chegar a amplos sectores sociais. O episodio puido ter lugar grazas ao acordo entre a directiva do club e a plataforma convocante da manifestación da mañá. O resultado do partido foi de 2-0 a favor do equipo galego.

Conflitividade laboral en Manufacturas San Remo

C-641, 97, 27800 Villalba, Lugo, España

Nos últimos meses de 1977, as traballadoras da empresa manufactureira téxtil San Remo de Vilalba, protagonizaron unha das primeiras folgas da vila chairega, para denunciar unha serie de irregularidades laborais que viñeran sufrindo ata o de entón, coma os salarios por debaixo do convenio, o feito de non estar aseguradas ou constar como aprendices a pesar de levar varios anos traballando na fábrica téxtil. A ameaza dun peche de seis meses por parte da patronal animaría mobilizacións.

Manifestación das traballadoras do peixe do peirao do Berbés

O Berbés

A finais de 1977, o Berbés pasou a ser un importante foco de mobilización sociopolítica. Un bo exemplo foi o das traballadoras do peixe, que organizaron unha manifestación que é lembrada como unha das primeiras accións de rúa convocadas polo Movemento Democrático da Muller Galega. Esta mobilización comezaría con piquetes por parte das integrantes do MDMG, que entraron na fábrica a convocar a folga, e remataría con cargas policiais.

Protestas contra a privatización da marisma de Baldaio

San Cristovo de Lema

En 1948, aprobouse a concesión dunha parte das marismas de Baldaio para a cría e engorde de moluscos, tendo como resultado o paso a mans privadas desa área, a pesar do malestar e oposición dos veciños afectados, das parroquias de Lema, Noicela, Rebordelos e Vilela, que deixaban de poder gozar duns bens que por tradición foran de uso colectivo. O malestar veciñal aumentou cando, en 1954, a empresa adxudicataria pasou a denominarse Baldayos S.L., confirmando que o obxectivo principal da explotación non ía ser o cultivo de marisco, senón a extracción masiva de area. Os veciños do lugar, especialmente os da parroquia de Lema, iniciaron unha campaña para denunciar a situación, con cartas a ministros, ao rei e ao alcalde. Secasí, sería trala morte de Franco cando o movemento acadaría maiores dimensións, contactando incluso con veciños doutros lugares afectados por expropiacións forzosas similares (Xove, As Encrobas), organizacións sindicais (CCLL), políticas (UPG, ANPG) e emprendendo as primeiras manifestacións e ocupacións da praia. A este respecto, destacou a manifestación multitudinaria do 8 de maio de 1977, que reuniu a unhas cinco mil persoas nas rúas de Carballo e foi contundentemente reprimida pola Guardia Civil. Na tarde dese mesmo día, os veciños decidiron ocupar a praia, producíndose un novo enfrontamento coas forzas de orde, cun saldo de corenta feridos, catro hospitalizados e tres detidos. Neste movemento de resistencia, as mulleres tiveron un importante papel, como as mariscadoras ou Oliva Pose, unha das principais dirixentes das protestas. Todos os esforzos frutificaron en 1978, cando a marisma volveu ser lugar de marisqueo e a extracción de areas se detivo. A concesión á empresa adxudicataria quedaría revocada dez anos despois, en 1988, sendo finalmente ratificada polo Tribunal Supremo en 1991.

Presentación da Asociación Democrática da Muller Galega de Lugo no Local Social da Caixa de Aforros da cidade

Centro. Praza Maior, 16

En novembro de 1977, presentouse a Asociación Democrática da Muller Galega (ADMG) de Lugo, asociación feminista que tivo gran peso na cidade. A súa forte presenza impediu que outros grupos con moita forza no resto de Galicia, como é o caso da Asociación Galega da Muller (AGM), chegasen a asentarse na provincia.

Primeira celebración do Oito de Marzo a nivel galego no Palco da Alameda de Santiago de Compostela

Paseo Central da Alameda

O 8 de Marzo de 1977, a AGM (Asociación Galega da Muller) xunto coa AUPEPM (Asociación Universitaria para o Estudo da Problemática da Muller), organizou o primeiro Oito de Marzo a nivel galego. En Compostela estaba previsto un mitin de María Xosé Queizán na Praza do Toural que foi impedido pola policía. Trasladouse o acto á Alameda, onde Queizán falou dende o palco, aínda que pouco despois foron os congregados foron disolvidas. Tamén noutras cidades de Galicia se produciron incidentes, como a prohibición dunha mesa redonda do Movemento Democrático da Muller (MDM) en Vigo.

Revolta contra o proxecto de Lignitos de Meirama en San Ramón das Encrobas

San Ramón das Encrobas

Dende os últimos meses da Ditadura e ata principios de 1977, sucedéronse toda unha serie de protestas en contra do proxecto de Lignitos de Meirama, propiedade de Unión Fenosa, para explotar un xacemento de lignito depositado no subsolo do val agrícola das Encrobas. A súa posta en marcha implicaba o desaloxo dunhas catrocentas familias campesiñas que, sufrindo a expropiación forzosa das terras, recibirían como indemnización cantidades moi por debaixo do valor real daquelas. Durante o mes de febreiro de 1977, documéntanse varios episodios de ocupación das propiedades pola veciñanza do lugar, manifestacións de oposición e resistencia nas que destacou a presenza feminina e a figura do párroco de Sésamo (Culleredo), Ramón Valcarce Vega, e que se saldaron con enfrontamentos coa Garda Civil, agresións e detencións. A actitude dos veciños e a dimensión que acadou o conflito nos medios de comunicación, forzou á empresa a negociar uns prezos asumíbeis.

Asociacionismo veciñal en Atochas-Montealto

Atochas e Monte Alto

A asociación de veciños de Atochas-Monte Alto acadou a súa legalización en 1977, aínda que xa está documentada a súa actividade, polo menos, dende un ano antes. O ámbito, neste caso, superaba o do barrio singular, agrupando varios barrios nunha asociación pola súa proximidade e pola vontade dos veciños de actuar de xeito conxunto. A asociación articulábase en comisións de traballo e chegou a ter máis de mil membros. Nos inicios da mesma hai que destacar a importancia do PCG, de gran implantación na zona e lugar de militancia de moitos membros; así se explica que os tres primeiros presidentes -Antonio Remeseiro, Narciso Torreiro e Elena Seisdedos- foran tamén militantes do PCG. Nos seus primeiros anos de vida, a Asociación levou a cabo un intenso labor para a mellora da vida dos veciños de Atochas-Monte Alto, incluíndo a denuncia das condicións das vivendas (os arcóns) de Orillamar, a loita pola consecución da traída de auga ás casas, a pavimentación de rúas ou a instalación de puntos de luz, entre outros.

Locais de reunión da Aasociación Galega da Muller e do Movemento Democrático da Muller de Vigo

Vigo Centro. Rúa López de Neira, 5

No ano 1976, a Asociación Galega da Muller (AGM) de Vigo pasou o seu local provisorio (na antiga Rúa de José Antonio, actual Rúa de Urzaiz) á Rúa López de Neira, número 5, onde tamén se instalou o Movemento Democrático da Muller (MDM). Alí celebráronse, ademais dos encontros internos, charlas e debates. No 1977, o local sufriu un incendio no que se perdeu moita documentación relevante para a historia do movemento feminista galego, feito que algunhas das integrantes da antiga asociación catalogan como un atentado de grupos de dereita.

Presentación pública da Asociación Galega da Muller no Quiosco Alfonso

Centro. Avenida dos Xardíns de Méndez Núñez, 3

En setembro de 1976, a Asociación Galega da Muller (AGM) fai a súa presentación pública na Coruña nun acto celebrado no Quiosco Alfonso. Nel participaron Amelia Domínguez, Pilar Martínez, María Xosé Queizán, Esperanza "Chicha" Novoa, Alicia Veres e Carmen Pazos, entre outras.

Denuncia das traballadoras de Salfer y Cía

San Pedro de Sárdoma ou Santa Cristina de Lavadores

En xuño de 1976 as traballadoras de Salfer y Cía, concesionaria localizada en Vigo que traballaba para a empresa SEAT, denuncian ante o Ministro de Traballo a existencia de discriminacións por razóns de xénero. No escrito presentado, firmado por corenta e dúas mulleres, faise constar a existencia de despedimentos co gallo da súa situación civil e de irregularidades por este mesmo motivo, como a obriga de firmar liquidacións en branco a aquelas traballadoras que tivesen casado após de entrar a traballar á fábrica estando solteiras. Ademais, a denuncia faise pública a través do boletín “A Muller e a Loita”.

Movemento sindical mariñeiro na Illa de Arousa

San Xulián da Illa de Arousa. Zona portuaria

En maio de 1976, a Illa de Arousa (por aquel entón aínda parte do concello de Vilanova de Arousa) foi o espazo elixido para unha asemblea das Comisións Mariñeiras que, reunindo á pesca de altura, a de baixura e mariscadores, aprobou un programa reivindicativo conxunto. A xuntanza, na que participarían representantes de Ribeira, Pobra do Caramiñal, Aguiño, Boiro, Vilaxoán, O Grove, Cangas, Cesantes, a propia Illa, Portonovo ou Ferrol, entre outros, servíu para dotar de unidade as reivindicacións do mar coa definición dunha táboa reivindicativa que incluía a necesidade da explotación racional dos recursos do mar, o rexeitamento das industrias contaminantes, o salario mínimo de vinte e cinco mil pesetas, a xornada de oito horas ou o fin das artes de pesca ilegais, entre outras.

Recibimento dos encausados no Xuízo dos 23 no Palco da Música

Rúa Cantón Molins, 2, 15403 Ferrol, La Coruña, España

Arredor das oito da tarde do 6 de febreiro de 1976, chegaba a Ferrol unha comitiva integrada por arredor de cen turismos e tres autobuses que acompañaba aos tres últimos encadeados do "Xuízo dos 23": Manuel Amor Deus, José María Rioboo e Rafael Pillado. Celebrado en Madrid en xullo de 1975, xulgouse a vinte e tres persoas destacadas nas loitas sindicais, polos sucesos arredor da folga de 1972 en Ferrol. Amor Deus, Rioboo e Pillado eran os últimos que permanecían en prisión e a súa liberación trala amnistía de 1976 congregou a multitude de persoas que acudiron a recibilos en diversos puntos do seu camiño de volta á cidade. Pronunciadas unhas palabras dende o palco da música, a concentración de benvida rematou nunha nutrida manifestación que recorreu as rúas de Ferrol, reivindicando a amnistía e as liberdades.

Asociacionismo veciñal no Barrio das Flores

Barrio das Flores

A Asociación do Barrio das Flores foi unha das primeiras organizacións veciñais en poñerse en marcha na Coruña e en acadar a súa plena legalización ante o Goberno Civil. Comezou a súa andaina en 1967, mais os estatutos da Asociación foron presentados para a súa legalización en febreiro de 1976. Os trámites para dita legalización foron impulsados, entre outros, polos párrocos Julián Patiño Ares e Rafael García Ramos, así como polo militante de CCOO Manuel Patiño, quen sería, tamén, o seu primeiro presidente. A Asociación, de estrutura asemblearia e que chegou a ter máis de mil socios, contaba no momento cunha asesoría xurídica a cargo do avogado Xosé Luíz Rodríguez Pardo e unha técnica a cargo do arquitecto Andrés Reboredo. No seu primeiro ano de existencia legal, a veciñanza protagonizou a través da Asociación unha prolongada loita para a mellora do Barrio das Flores, cuxa construción promovera o Ministerio de Vivenda a través da Obra Sindical. O barrio, aínda que de relativamente recente construción, tiña importantes deficiencias que repercutían na habitabilidade das casas. As administracións local e estatal, sen asumir responsabilidades, propuxeron repercutir os gastos de mantemento e reparacións nos prezos dos pisos. Ante isto, a Asociación promoveu a consigna de "NON PAGAR", que foi seguida por máis das tres cuartas partes do barrio e coa que, finalmente, se acadou a vitoria no seu obxectivo.

Coloquio Rexional das Parroquias no Mosteiro de San Xoán de Poio

San Xoán de Poio. Rúa do Convento, s/n.

A finais de xaneiro de 1976, celebrouse no Mosteiro de San Xoán de Poio o “Coloquio Rexional das Parroquias”, organizado pola diocese de Ourense. O tema do encontro foi "a muller galega", asistindo máis de duascentas persoas, e no que participou Engracia Vidal, monxa de Ferrol comprometida co feminismo e impulsora da revista Encrucillada. Destacan tamén outros nomes coma o da xurista Elvira Landín ou a avogada Mercedes Suárez Díaz. Con este evento, deixábase ver a tímida reclamación de dereitos para a muller dende a cristiandade de esquerdas.

Encontros feministas na Praza de San Xosé

Praza San Xosé, 5, 36001 Pontevedra, España

A Praza de San Xosé funcionou como lugar de encontro recorrente para as marchas do feminismo pontevedrés durante a segunda metade dos anos setenta. Neste lugar documéntanse encontros como o organizado polo Movemento Democrático da Muller o 6 de novembro de 1976, para a súa presentación pública na provincia: acudiron unhas oitocentas persoas, que logo marcharon de xeito pacífico cara ó Goberno Civil, tras ter este prohibido o acto. Fronte á Caixa Rural, iniciouse a manifestación impulsada pola Asociación Galega da Muller, en repulsa do xuízo por adulterio contra Emilia Díaz Bua (natural de Vilaxoán, Vilagarcía de Arousa) o 19 de decembro de 1976, un dos últimos por aquel delito, e que resultou na condena a unha multa e seis meses de prisión menor. A aquela marcha acudiron unhas duascentas mulleres e cincuenta homes. Así mesmo, a marcha do 8 de marzo de 1978 iniciouse na praza.

Asasinato de Moncho Reboiras pola policía política

Canido. Rúa da Terra, 27

Xosé Ramón Reboiras Noia, sindicalista, político da Unión do Povo Galego e opositor á ditadura, é unha das figuras sociopolíticas máis relevantes da loita antifranquista en Galicia da primeira metade da década dos setenta. Natural do concello de Dodro e logo trasladado coa súa familia ao barrio vigués de Teis, o seu compromiso político xermolou durante a adolescencia, primeiro, a partir do Castro, un grupo cultural impulsado polo padre xesuíta Xaime Seixas Subirá, comprometido co nacionalismo galego; para logo pasar a unha maior maduración xa inseparable do antifranquismo a través da Asociación Cultural de Vigo, con figuras como Camilo Nogueira e José Luis Méndez Ferrín. Afiliado á UPG en 1969, durante os seus anos universitarios na Escola Técnica de Enxeñaría Industrial de Vigo, combinou as obrigas académicas coa militancia, converténdose nun dos líderes fundamentais da organización, favorecendo a captación de cadros obreiros e as relacións con outros grupos disidentes. Logo de finalizar os seus estudos, entra a traballar, por medio dunha bolsa, na viguesa Hijos de J. Barreras S.A., tendo rol destacado na actividade folguista viguesa de 1972. Perdida a bolsa por esta razón, trasladaríase a Ferrol, e máis adiante, á Coruña, onde entre 1973 e 1974 estaría detrás da organización de varios grupos sindicais. Reboiras tentou conformar dentro da UPG un grupo armado, cuxa primeira acción foi o atraco a unha oficina bancaria en Escairón, concello do Saviñao, en decembro de 1974. No punto de mira da Brigada Político Social polas súas actividades, foi cercado no barrio ferrolán de Canido, onde na madrugada do 12 de agosto sería tiroteado, morrendo no momento. Logo do sucedido, iniciouse unha redada que culminou coa detención da maior parte da cúpula da UPG e a desaparición do grupo armado.

Conflitividade laboral na Central Térmica das Pontes de García Rodríguez

Santa María das Pontes de García Rodríguez. Rúa da Balsa, s/n

A Central Térmica das Pontes de García Rodríguez, propiedade de ENDESA, foi epicentro de protestas xa dende o seu período de construción, a mediados da década dos setenta. No contexto xeral de conflitividade laboral de finais do Franquismo e do provocado pola situación dos obreiros das empresas auxiliares que traballaban na construción da central, o 12 de xuño de 1975, celébranse unha serie de asembleas de traballadores daquelas, nas que se acorda un programa de reivindicacións á patronal: aumento de salarios, seguridade social e imposto sobre rendimentos polo traballo persoal a cargo da empresa, percepción da integridade do salario en caso de enfermidade ou paro forzoso, cumprimento inmediato das normas en materia de hixiene e vestimenta ou sindicato representativo, único e democrático. O 6 de agosto de 1975, ante a negativa dos empresarios a abrirse á negociación coa plataforma reivindicativa constituída polos traballadores, iníciase un paro laboral, que, considerado ilegal, leva ao despedimento de mil douscentos cincuenta traballadores, dous días despois. Aínda así, o paro continuou, recibindo os obreiros pontenses a solidariedade de traballadores doutras factorías, como por exemplo a ferrolana ASTANO, traducida en axudas económicas ás familias dos traballadores despedidos e aos que continuaron coa folga, uns catro mil. Durante o paro, a finais de agosto, dous enlaces sindicais chegaron a permanecer trinta e seis horas encerrados na cheminea da central, como outra estratexia de presión.

Protestas pola morte dunha persoa nas manifestacións do Primeiro de Maio

San Salvador de Teis. Travesía de Vigo, 204

Na manifestación do Primeiro de Maio celebrada na cidade de Vigo en 1975, un garda civil acabou coa vida de Manuel Montenegro Simón, traballador de FENOSA. A súa morte iniciou unha serie de actos de malestar e protesta en diferentes sectores da sociedade viguesa nos días seguintes, que incluíron as multitudinarias honras fúnebres, paros laborais en Hijos de J. Barreras, Forjas del Miñor e Construcciones Navales Santodomingo, así como remisión de cartas a distintos xornais, algunha, con destino a autoridades do réxime.

Asociacionismo veciñal en Oza

Santa María de Oza. Avenida de Oza, 224

O nacemento da asociación de Oza-Gaiteira-Os Castros sitúase arredor do ano 1975. O feito de ser unha das poucas asociacións que non contaba co apoio da Igrexa do barrio - onde moitas veces tiñan lugar as asembleas - fixo que, en moitas ocasións, os seus membros celebraran multitudinarias asembleas na rúa. Entre as primeiras grandes reivindicacións da asociación están a loita por certos terreos para construír o colexio público Sal Lence, a loita pola conservación da desaparecida Praia do Lazareto ou o desvío de camións cisterna de CAMPSA que atravesaban o barrio na súa ruta. Reivindicacións principais foron, tamén, aquelas vinculadas á humanización básica do barrio como a construción de zonas de lecer e zonas verdes, con actuacións como a plantación de árbores por parte dos nenos e nenas do barrio con axuda dos traballadores municipais. Ademais da vertente reivindicativa, a Asociación fixo unha importante labor de xeración de comunidade a través do lecer, por medio de actividades coma o xadrez, practicado por multitude de nenos do barrio a finais dos 70, a celebración de festas como o Entroido ou as actuacións na rúa do grupo de música e baile Xebre. Os veciños mobilizados na asociación, que se contaban na época por un mínimo de 600 chegando en certos momentos aos mil afiliados, conseguiron tamén a creación de espazos verdes, o parque Europa e o parque de San Diego, e reivindicaron a conservación do patrimonio arquitectónico e natural do barrio fronte ao abandono e a especulación. A asociación segue activa en 2022.

Campaña feminista na antiga Rúa de Calvo Sotelo, hoxe Rúa do Paseo

Ourense Centro. Rúa do Paseo

Lugar de celebración do Día Internacional da Muller en Ourense, cunha campaña que encheu a rúa de carteis con demandas de igualdade ante a lei entre mulleres e homes, legalización do divorcio e apertura de centros de planificación.

Protestas contra o proxecto de central nuclear en Xove

PFF3+82 Vilachá, Xove, España

En 1974, Unión Fenosa tratou de instalar en Xove unha central nuclear. A organización contraria á instalación recaeu na agrupación "Sementeira", destacando o papel de Prudencia Santasmarinas Raposo “Pencha”, axente de economía doméstica. A resistencia, con abundante presenza feminina, tamén estaría apoiada por membros do CALL e de Comisións Labregas, así como asociacións doutras localidades galegas. O 10 de abril de 1977, e logo de que se conformara unha comisión que recorrería distintas poboacións galegas recollendo apoios, organizouse unha marcha dende Viveiro a Xove, á que asistiron cinco mil persoas manifestando a súa oposición á construción da planta. A marcha culminou no adro da igrexa de San Bartolo de Xove. A mobilización popular logrou deter o proxecto en 1980.

Fundación do Movemento Democrático das Mulleres de Ourense na Casa de Isabel Bustos

Ourense Centro. Edificio A Torre, Rúa de Curros Enríquez, 1

O Movemento Democrático de Mulleres (MDM) foi a primeira organización feminista con poder de convocatoria en Ourense. As súas primeiras xuntanzas realizáronse na casa particular de Isabel Bustos, no edificio A Torre, onde se chegaron a atopar un grupo dunhas vinte a vinte e cinco mulleres.

Monumento aos líderes da Revolta das Pedradas

San Estevo de Sedes. Lugar da Feira do Trece

Logo do golpe de Estado, os sublevados decidiron destruír o monumento erguido en 1933 que lembraba os seis campesiños do lugar asasinados a tiros pola Guardia Civil en marzo de 1918, no marco dunha serie de protestas que sacudiron a comarca de Ferrolterra por mor dos elevados prezos de produtos básicos coma o trigo e o arbitrario reparto do imposto de consumos.

Monumento aos mártires de Sobredo

Sobredo, 36475, Pontevedra, España

Tralo golpe de Estado, os sublevados decidiron dinamitar o monumento aos Mártires de Sobredo, erixido en 1932 e obra de Camilo Nogueira Martínez, en lembranza das tres vítimas das loitas contra os foros do 28 de novembro de 1922 no lugar de Sobredo, parroquia de Guimarei: Cándida Rodríguez, Joaquín Estévez e Venancio González.

Campo de concentración na ría de Ribadeo

Castropol. Playa de Arnao - As Figueiras

O campo de concentración de Arnao foi un dos máis lonxevos, estando aberto dende 1938 a 1943. Recibiu prisioneiros da fronte asturiana e tamén na retagarda franquista, aínda que, do mesmo xeito, nenos e mulleres, distribuídos en tres barracóns nos que se concentraban unhas trescentas persoas.

Foxas no Cemiterio de Sestás

Calle Sestas, 10, 36780 A Guarda, Pontevedra, España

Documéntanse, polo menos, o enterramento de medio centenar de vítimas, entre os que estarían os executados procedentes do Campo de Concentración de Camposancos, localizado no mesmo concello.

Foxas no Cemiterio de Santa Cristina de Lavadores

Santa Cristina de Lavadores. Subida Cemiterio

Cemiterio vigués no que se documentan cinco cadáveres. A placa fixada ás portas do camposanto sinala, con todo, dezanove homes e dúas mulleres asasinados.

Destacamento penal das Minas de Fontao

Santiago de Fontao

O Noroeste peninsular ibérico cobrou, nos anos da Segunda Guerra Mundial, unha gran importancia como zona de extracción de volframio, mineral fundamental para reforzar as aliaxes do aceiro, e, polo tanto, empregado no reforzo da blindaxe das unidades de combate e nas pezas de artillería, así como na fabricación de proxectís. Por esta razón, e aínda que existían antecedentes previos, logo de estourar o conflito, alemáns, británicos e estadounidenses afanáronse por incrementar a adquisición deste mineral. A zona mineira do Fontao era, no referido ao volframio, unha das máis produtivas da área galega, e dende logo, a que máis medios técnicos reuniu e máis beneficio reportou durante o período bélico. Ata 1941, a maior parte da produción foi vendida a alemáns e italianos, e foi ao longo deste ano cando o groso dela acabaría pasando a mans inglesas. O problema da falta de man de obra cualificada ante o progresivo aumento da demanda, levou a que as empresas explotadoras e o sistema penitenciario franquista chegasen ao acordo de crear destacamentos penais, maioritariamente conformados por presos políticos, cos que redimir as penas por traballo, comezando Fontao a facelo en maio de 1940. Con todo, destacamentos penais como este, xunto con outros coma o de Casaio (Carballeda de Valdeorras, Ourense), tamén foron núcleos nos que o trato de presos en condición de semiliberdade con outros traballadores libres, se comecen a poñer en marcha organizacións políticas que permitan o rexurdimento da loita antifranquista, cando non centros de apoio e promoción da actividade guerrilleira.

Foxa no Cemiterio de San Martiño de Tameiga

San Martiño de Tameiga

No cemiterio de San Martiño de Tameiga localízase unha das poucas foxas de Galicia que foi utilizada en distintas datas para enterramentos sucesivos, polo que parece, un total de vinte e dous. Aínda que orixinalmente ao lado do cemiterio, as ampliacións posteriores daquel fixeron que rematase dentro dos seus límites e desaparecese.

Foxas no Cemiterio Municipal de Pereiró

Santa María de Castrelos. Avenida de Castrelos, 214

O cemiterio municipal de Pereiró foi un lugar de execución e de enterramento dende o golpe de Estado de 1936, destacando as que se produciron o 27 de agosto de 1936, logo de concluír un proceso xudicial sumarísimo e cheo de irregularidades, mostra expresiva da particular xustiza imposta polos sublevados nas zonas que ían caendo baixo o seu control: Antonio Bilbatúa Zubeldía (político socialista), Apolinar Torres López (mestre, pedagogo e sindicalista), Emilio Martínez Garrido (alcalde de Vigo e industrial), Heraclio Botana (político socialista), Ignacio Seoane Fernández (sindicalista e político socialista), José Antela Conde (alcalde de Lavadores), Ramón González Brunet (sindicalista e político socialista), Ubaldo “Waldo” Gil Santóstegui (médico e político socialista). O total de corpos localizados no camposanto chegaría á trintena.

Foxas no Cemiterio de San Mamede de Sorga

San Mamede de Sorga

No cemiterio de San Mamede de Sorga foron enterradas oito vítimas asasinadas no Alto do Furriolo. En 1981, a familia dunha delas logrou recuperar os seus restos, trasladándoos ao cemiterio de San Pedro de Poulo, en Gomesende (Ourense).

Execucións na Poza das Rás, Alto do Furriolo

4493+Q9 O Forriolo, A Bola, España

Constitúe unha área definida ao longo do antigo trazado da estrada de Celanova a Xinzo de Limia, dentro da cal serían executadas vítimas procedentes, en boa media, da prisión central de Celanova.

Execucións na Ponte entre Castrelo de Miño e Ribadavia

Santa María de Castrelo de Miño e San Paio de Ventosela

Nesta ponte de Castrelo de Miño tiveron lugar varias execucións de vítimas logo do golpe de Estado, que tamén foron guindadas ao río Miño.

Foxa no Cemiterio de Santa Mariña de Lagostelle

Santa María de Lagostelle

No cemiterio de Santa María de Lagostelle documéntase unha foxa común na que estarían enterradas de seis a oito persoas, asasinadas na estrada de Coruña a Madrid.

Refuxio no Monte Pindo

San Clemente do Pindo

O Monte Pindo foi lugar de refuxio de grandes bolsas de escapados, maioritariamente simpatizantes da esquerda política, sindicalistas e desertores. Entre finais de 1937 e comezos de 1938, tivo lugar unha batida conxunta por parte de forzas do Exército e da Guardia Civil, que se saldou coa captura de oitenta e dous individuos.

Foxas no Amenal

Santa María de Castrofeito

Foxa ocupada polos restos de cinco individuos executados nas inmediacións do Aeroporto de Lavacolla, en agosto de 1936.

Execucións na Estación do Norte

Santiago de Requián. Camiño Real da Infesta, s/n

No torno da Estación do Norte tiveron lugar varias execucións a partir do golpe de Estado de 1936. Unha delas, na propia estación, o 16 de agosto, de día e con público. Por outro lado, na estrada de acceso ao lugar atopáronse catro vítimas: un veciño de Ordes, Agustín Sánchez, e tres da Coruña, Pedro Ramírez Menéndez, Gumersindo Gómez García e José Cambón Rodríguez.

Foxas no cemiterio de San Salvador de Serantes

San Salvador de Serantes. Camiño da Igrexa, 51.

O Cemiterio de Serantes foi un lugar de execución e enterramento destacado na bisbarra de Ferrol, dende setembro de 1936. Documéntanse uns setenta cadáveres, dos que corenta e dous serían os procedentes da tripulación do buque Urondo.

Foxas no cemiterio de San Cristivo das Ribeiras de Sor

San Cristovo das Ribeiras do Sor. Lugar Igrexa, 3

Lugar de enterramento de sete veciños de Cedeira e Ortigueira, asasinados a finais de outubro de 1936.

Sede da Delegación de Orde Pública na actual Academia de Maquinistas da Armada

Cantóns. Edificio Herrerías - EXPONAV, Rúa dos Irmandiños, s/n

Sede da Delegación de Orde Pública na cidade de Ferrol, unha institución creada en 1933 e que, tralo golpe de Estado, se estendeu por todo o territorio sublevado, sendo un dos mecanismos principais para o exercicio da violencia sobre a disidencia político-social durante o tempo que durou a guerra, desaparecendo pouco a pouco tralo final daquela. En estreita colaboración con Falange, coa que compartirían espazo nesta localización, e a Garda Civil, a delegación foi o epicentro da política represiva extraxudicial na área de Ferrolterra, ben ordenando sacas das cadeas, ou ben encargándose dos fuxidos que ían sendo capturados. En ambos casos, eran frecuentes as execucións nos cemiterios de Serantes e Canido. Tamén foi un lugar no que se documentan torturas. Lonxe de potenciar o silencio, a delegación encargouse de facer que a prensa local difundira as actuacións que falanxistas e gardas civís levaban adiante en cumprimento das súas ordes, co fin de robustecer o clima de terror permanente, garante da "orde" na zona sublevada.

Prisión municipal nos Baixos do Pazo de Raxoi, A Falcona

Rúa da Trindade, 11A, 15705 Santiago de Compostela, A Coruña, España

Nos baixos do Pazo de Raxoi, habilitouse un espazo de reclusión no verán de 1936, coñecido como A Falcona. Por celebrárense na cidade consellos de guerra, albergou condenados a morte en cifras elevadas, localizados nunha cela especial coñecida como "El Saladero", que, polas necesidades de espazo, tamén frecuentaba acoller as mulleres que ingresaban no centro. Foi o lugar de encarceramento de figuras como o intelectual Camilo Díaz Baliño ou o político republicano e alcalde de Santiago, Ánxel Casal Gosenxe. Estes dous últimos son exemplo de presos que foron sacados do lugar para a súa execución.

Encarceramentos, execucións e foxas no Castelo de San Felipe

Castelo de San Felipe, Ferrol, La Coruña, España

O ferrolán Castelo de San Felipe foi empregado, logo do golpe de Estado, en 1936, como lugar de retención e fusilamento de persoas como Rogelio Caridad Pita, gobernador militar da Coruña e fiel ao goberno lexítimo tralo golpe, ou Enrique Salcedo Molinuevo, xefe da VIII Rexión Militar e, do mesmo xeito, leal ao goberno da República. Tamén se documenta un enterramento de doce cadáveres.

Execucións na área Punta Herminia – Campo da Rata

A Torre. Paseo dos Menhires

A área Punta Herminia - Campo da Rata, no entorno na Torre de Hércules, constitúe un dos puntos de maior número de fusilados de toda Galicia -documéntanse ata sesenta e catro vítimas- durante a Guerra Civil, especialmente por ser anexa ás instalacións do Cárcere Provincial coruñés.

Conflitividade obreira na factoría ASTANO

Santo Estevo de Perlío

Tralas detencións de importantes dirixentes sindicais a raíz dos sucesos de 1972 e o descabezamento da comisión obreira de Bazán, a comisión obreira da factoría ASTANO tomou o relevo da conflitividade obreira e de oposición ao Franquismo en Ferrol. Coma noutros casos, en ASTANO as reivindicacións laborais lindaban, implícita ou explicitamente, coas de tipo político, insistindo na necesidade do cambio de réxime. Un exemplo claro destas demandas foi o paro de arredor dun cento de traballadores o 11 de decembro de 1975, a prol da amnistía para os presos políticos, acto que quedou recollido nunha comunicación enviada polo xefe superior de policía ao Gobernador Civil da provincia, Miguel Vaquer Salort.

Conflitividade laboral no Hospital Psiquiátrico de Conxo

Santa María de Conxo. Praza de Martín Herrera, 2

Inaugurado como hospital para enfermos mentais en 1885 por orde do Arcebispo de Santiago Miguel Payá y Rico, estivo baixo man eclesiástica ata 1969. Neste ano, pasou a estar controlado pola Deputación Provincial da Coruña, e iniciaríase unha reforma coa que se pretendía adaptar o funcionamento do centro e o trato aos pacientes aos estándares psiquiátricos do momento. Ao abeiro desta apertura, os traballadores da institución protagonizaron un progresiva mobilización esixindo cambios no trato aos pacientes (finalización do emprego do electrochoque, reducir o uso abusivo de psicofármacos) e nas súas condicións laborais (xornal mínimo, subas, xornada de corenta e dúas horas...). A mediados de 1975, a vaga reivindicativa saldouse con varios despedimentos, aínda que isto non freou a concienciación que entre o perosal se viñera conformando nos meses previos.

Encontros de mulleres activistas na Cafetería Goya

Vigo Centro. Rúa de Urzáiz, 16

A cafetaría Goya, localizada no número 16 da Rúa de Urzáiz, foi ata decembro de 1998, data do seu peche, un lugar recorrente para o encontro das xentes de esquerda da cidade de Vigo. A comezos de 1975, celebráronse alí varias reunións de mulleres pertencentes á Liga Comunista Revolucionaria (LCR) e ó Movemento Comunista Galego (MCG), que rematarían por aglutinarse na Asociación Galega da Muller (AGM). Destacan nesas reunións nomes coma o de María Xosé Queizán, Ana Míguez ou Ana Miranda.

Movemento feminista no Cabral

Santa Mariña de Cabral

O Cabral será o berce do MDM (Movemento Democrático de Mulleres) en Vigo, a partires da proliferación de movementos sociais de mulleres en fusión co proletariado.

Movemento feminista no barrio de Canido

Canido

Canido funciona como xermolo do Movemento Democrático da Muller de Ferrol nos anos setenta, a partir dos encontros de mulleres do barrio.

Movemento feminista no barrio de Canido

Canido

Canido funciona como xermolo do Movemento Democrático da Muller de Ferrol nos anos setenta, a partir dos encontros de mulleres do barrio.

Movemento veciñal no barrio de Labañou

Rúa Nuestra Señora del Perpetuo Socorro, 21, 15011 A Coruña, España

Labañou constituíu un dos polos de dinamismo asociativo máis dinámicos da área da Coruña na década dos setenta. Labañou-San Roque-Zona Escolar foi unha das primeiras asociacións que botou a andar, impulsada principalmente pola comunidade cristiá de Labañou. O xermolo foi unha enquisa sobre as necesidades do barrio que puxeron en circulación o párroco Pepe Longueira xunto con Julia Rey, veciña da comunidade. Os que responderon a dita enquisa foron convocados a unha reunión na escola de barrio para falar dos resultados. Desta xuntanza xurdiu a asociación de veciños que levaba o nome do ex-conselleiro republicano Francisco Rodríguez Otero e que chegou a ter máis de setecentos afiliados. Entre os primeiros obxectivos da asociación pola mellora da calidade de vida no barrio atopábase a loita pola construción dun colexio ou a loita contra a infravivenda. No mesmo contexto, o barrio de Labañou foi un dos espazos nos que as mulleres comezaron a organizarse con aspiracións emancipadoras e con reclamos moi vinculados ás demandas do movemento obreiro. Alí comezaron a impulsar actividades clandestinas algunhas feministas da Coruña como Celsa Seoane, María Armesto, Chicha Novoa ou Chari Dalda, celebrando reunións na escola do barrio. Contaron tamén co apoio do párroco.

Revoltas en Salcedo, Guísamo e Cambre contra a construción da Autoestrada do Atlántico

San Martiño de Salcedo, Santa María de Guísamo e Santa María de Cambre

A construción da Autoestrada do Atlántico, iniciada a finais do Franquismo, foi un dos grandes motivos de organización de protestas veciñais na Galicia dos anos setenta. A parroquia de Salcedo foi un dos emprazamentos destacados na resistencia contra o proxecto, no que tiveron especial relevancia as mulleres. A contestación comezou en 1976, momento no que se iniciaron os traballos no tramo Pontevedra Sur-Rande, nas zonas das parroquias de Salcedo e Vilaboa. As labregas organizáronse para invadir os terreos onde a maquinaria ía traballar, especialmente aqueles correspondentes a terras de labor como viñedos ou hortas, chegando a implicar a mulleres que non vían as súas propiedades directamente afectadas polas obras. Con estes actos de protesta organizada e reiterada lograron paralizar e retrasar a construción da autoestrada, ata que, na primavera de 1977, rematou por intervir a Policía Armada. Nesta parroquia, xa con anterioridade producíranse disidencias relacionadas co uso dos montes veciñais, malia que non se documentan protestas organizadas. Na década dos cincuenta, as políticas forestais do réxime trataron de impedir o uso dos montes comunais, proceso no cal as mulleres da parroquia foron detidas e multadas por continuar a facer uso destes terreos de maneira consciente. En Santa María de Guísamo e Santa María de Cambre (nos concellos coruñeses de Begondo e Cambre), tamén se produciron protestas dende finais de 1977 co gallo da construción do tramo Guísamo-Barcala, procedendo os veciños afectados á recorrente paralización das obras efectuadas pola concesionaria Autopistas del Atlántico - CESA, como medio de presión para forzar á empresa a ceder ás súas reivindicacións canto ao prezo de venda das terras, os pasos e as redes de sumidoiros. Como consecuencia, tamén aquí se enviou ás forzas da Policía Armada para garantir que os traballadores puidesen continuar cos seus traballo con normalidade, o que non evitou enfrontamentos e detencións de afectados.

Mobilizacións pola morte do estudante Chema Fuentes Fernández a mans da policía

Rúa Doutor Teixeiro, proximidades da clínica Álvarez

Na madrugada do 4 de decembro de 1972, un membro da Policía Armada disparou ao estudante de medicina José María Fuentes Fernández, Chema, de vinte anos, causándolle a morte case inmediatamente. A versión oficial, difundida polo Goberno Civil mediante a prensa, sostiña que os axentes perseguían a uns ladróns, que dispararon ao aire e que un deles foi alcanzado de maneira accidental. Con todo, tanto a evidencia do corpo de Chema, con dous orificios de entrada, como as versións das testemuñas presentes, rexeitaban de plano o relato. Como reacción ao sucedido, nos días seguintes producíronse manifestacións e concentracións de estudantes e veciños da cidade, cortes de tráfico, asembleas e o forzado peche da Universidade. O enterro do rapaz, en Outes, foi un acto multitudinario. A esixencia de depuración de responsabilidades tamén se pediu por parte do Colegio de Médicos de Galicia, o padroádego da Universidade ou asociacións de mulleres católicas, chegando no Correo Gallego a esixirse unha investigación independente. En xullo de 1973, celebrouse o xuízo contra o axente responsábel, que foi acusado de asasinato con aleivosía e, finalmente, foi declarado culpábel dun delito de homicidio e condenado a dezasete anos de cárcere, e o Estado, considerado responsable civil subsidiario. Foi a primeira vez que a xustiza franquista condenaba a un axente de policía por feitos cometidos en acto de servizo.

A Madroa

San Salvador de Teis. Monte da Madroa

Na clandestinidade franquista, os movementos sociais reuníanse en casas particulares, bares, e mesmo montes, para non levantar sospeitas sobre as súas actividades; o monte da Madroa foi un destes espazos. O Movemento Democrático da Muller (MDM) de Vigo tomou a decisión de dividirse por barrios (por orde do partido) porque xa había demasiadas mulleres nas reunións naquela altura, aínda que algún sector da organización sospeita que puido ser unha estratexia do partido para debilitar o movemento de mulleres.

Revolta dos traballadores en Vigo

Santa Marta de Balaídos. Rúa de Citroën, 3 e 5

En setembro de 1972, os traballadores de Citroën protagonizaron paros parciais nunha das seis naves da empresa, como medio para reclamar a xornada de corenta e catro horas semanais. A patronal reaccionou despedindo a cinco empregados e abrindo expediente a catro, ademais de pechar as portas da factoría. Os obreiros, ante esta situación, acordaron estender a folga ao resto da cidade. Responderon favorablemente empresas como Vulcano, Barreras, Freire, Santodomingo, Refrey, Artiscar, Forjas del Miñor, ASCON-Ríos, Censa, Álvarez, Reyman, Yarza, Aunaval, Ángel Otazo, Alonarti, La Artística, Amante Costas, Plásticos de Galicia, Fumensa,... A consigna era "nin un sancionado, nin un despedido, nin un detido". Na cidade houbo enfrontamentos entre obreiros e forzas de orde, levantándose barricadas en rúas como Florida, García Barbón, Plaza de España ou Avenida de Madrid. O venres 15, fíxose un chamamento á folga xeral, estendéndose esta á conserveira Massó de Cangas e á téxtil Dresslock en Porriño. Houbo detidos e varios miles de despedimentos. Para o día 25 de setembro, xa só Vulcano quedaba en folga, que se acabaría desfacendo dous días despois.

Carta de Monseñor Miguel Anxo Araúxo Iglesias tralos sucesos de marzo de 1972 en Ferrol

Nosa Señora do Carme de Mondoñedo. Praza da Catedral, s/n

Tralo impacto pola represión dos sucesos de marzo de 1972, protagonizados polos obreiros ferroláns en folga da empresa Bazán, o bispo de Mondoñedo-Ferrol, monseñor Miguel Anxo Araúxo Iglesias, aprobou unha homilía que foi enviada ás parroquias da diocese para ser lida aos fieis durante os oficios. O texto recollía unha temperada postura solidaria cos traballadores, validando o desexo daqueles da mellora da súa vida, reivindicando a necesidade de canles e dereitos básicos que permitiran a negociación colectiva (como o dereito de reunión ou o rexeitamento dos despedimentos nos procesos de negociación) e rexeitando a violencia utilizada polas autoridades contra a poboación desarmada. A pesar da petición do bispo, algúns párrocos negáronse a ler a homilía, ou incluso organizaron boicots contra a súa lectura. En contraste, outros párrocos galegos, solidarios coa causa, leron o texto nas súas respectivas parroquias, rexistrando casos en Vigo, Santiago, A Coruña, Pontevedra, etc.

Conflitividade obreira da Empresa Nacional Bazán de Construcciones Navales Militares

Rúa Ares, 4, 15401 Ferrol, A Coruña, España

A factoría de Bazán en Ferrol foi un importante núcleo de conflitividade obreira nos anos finais da ditadura. Xa a finais da década dos sesenta, Bazán vivía un aumento de conflitividade articulado en torno a unha forma de organización que se abría paso nas factorías: a Comisión Obreira. A finais de 1966 e principios de 1967, sufrindo unha diminución da carteira de pedidos que afectaba aos seus rendementos, a dirección da empresa anunciou o despido de 1200 traballadores da sección de Obras Civís e 62 aprendices. Ante isto, os traballadores elixiron de xeito asembleario enlaces das Comisións Obreiras para representar os seus intereses ante as autoridades sindicais e laborais da provincia, acudindo incluso ao Ministro de Traballo en Madrid. O 16 de xaneiro de 1967, CCOO convocou unha manifestación de apoio aos traballadores de Obras Civiles, na que aos 3000 traballadores de Bazán se sumaron en solidariedade cos obreiros de Astano, Pysbe e outras empresas. Presenciouse a creación de caixas de resistencia e a recollida de cartos para os folguistas, que lograron os seus obxectivos. Nova Galicia, revista do PCG, recollería o conflito no seu número do primeiro semestre de 1967 baixo o título 'Ferrol no es del Caudillo'. A década dos setenta levaría á cume as tensións. Os enlaces sindicais de Bazán, cunha importante presencia de CCOO, reclamaban xa en setembro de 1971 que o convenio colectivo do seguinte ano fora de ámbito local ou de fábrica, xa que os xurados das outras factorías Bazán (Cádiz e Cartaxena) estaban conformados por membros do sindicato vertical. Secasí, a presidencia do Sindicato Nacional do Metal anunciaba en xaneiro que o convenio sería interprovincial, aplicábel ás tres fábricas, e que as deliberacións para o mesmo comezarían o 27 de xaneiro de 1972. A pesar dos movementos dos enlaces sindicais de Ferrol -como pedir iguais representantes para Ferrol que para as dúas outras factorías xuntas, solicitar o aprazamento da reunión, presentación dun recurso contra a decisión- a resposta foi a mesma: o convenio sería interprovincial e, de negarse a factoría a participar, simplemente non se contaría coas súas posturas. Así, dende o día 12 de febreiro de 1972, a negociación tomou forma de conflito, comezando as asembleas por talleres a consensuar paros e boicots. Os días 2, 3 e 4 de marzo convocouse unha folga, decisión das asembleas de tres mil traballadores que se reunían na explanada da factoría. O día 7 de marzo anunciouse a sinatura do convenio interprovincial sen contar, efectivamente, coas posturas da factoría de Ferrol. O día 9 o paro na fábrica era xa total e a empresa anunciou a suspensión de emprego e soldo a vocais xurados e enlaces de CCOO. Con este caldo de cultivo, o día 10 de marzo unha manifestación pacífica de catro mil obreiros dirixíase á cidade a través da Ponte das Pías. Nas inmediacións da praza na que hoxe está situada a Porta Nova topáronse coa Policía Armada e produciuse un enfrontamento que deixaría máis de corenta feridos de bala e dous mortos, Amador Rey e Daniel Niebla. Ao coñecerse a noticia, Ferrol paralizouse en solidariedade, pechando os comercios, centros de ensino e de traballo. A solidariedade, tanto o día 10 coma nos días seguintes, estendeuse en forma de paros en Vulcano, Barreras ou Citroën en Vigo, entre outros, e superou o ámbito galego con xestos similares en Madrid, Barcelona e diversas cidades industriais de Euskadi e Andalucía.

Conflitividade laboral na fábrica Barreras

Coia. Avenida de Beiramar, 2

Barreras, o estaleiro máis grande de Vigo ao final da ditadura, foi un dos núcleos de oposición obreira da cidade de Vigo nas últimas décadas do réxime. Cunha conflitividade recorrente e presencia de CCOO, as loitas en Barreras foron dende as reivindicacións laborais, como as loitas polos convenios, ata as folgas de solidariedade. Cabe mencionar, neste senso, a folga de maio de 1972 ou a decisión asemblearia de ir á folga de solidariedade cos traballadores de Citroën, impulsando a folga xeral de setembro de 1972 en Vigo.

Conflitividade laboral na factoría Vulcano

San Salvador de Teis. Rúa de Santa Tegra, 69

A factoría Vulcano foi un dos núcleos de oposición obreira da cidade de Vigo nas últimas décadas da ditadura. Cunha conflitividade recorrente e presencia de CCOO, as loitas en Vulcano foron dende as reivindicacións laborais, como as loitas polos convenios, ata as folgas de solidariedade. Cabe mencionar, neste senso, a decisión asemblearia de ir á folga de solidariedade cos traballadores de Citroën, impulsando a folga xeral de 1972 en Vigo.

Peches reivindicativos na Concatedral de San Xulián

A Magdalena. Rúa Igrexa, 104

A Igrexa ferrolá de San Xulián foi testemuño, nos últimos anos da Ditadura, de numerosos peches reivindicativos protagonizados por traballadores das empresas da zona. Estes peches enmarcáronse tanto no proceso de renovación de certas liñas na Igrexa tras o Concilio Vaticano II, coma na extensión da solidariedade cos traballadores en loita a todos os segmentos sociais, común especialmente en certas cidades a finais da ditadura. Un exemplo disto foi o conflito de MEGASA, que tivo lugar nos últimos meses de 1970 e que mobilizou a solidariedade de diversos segmentos sociais cos traballadores de Ferrol. Un dos episodios que o amosan é o acaecido trala publicación, o 12 de novembro, da sentencia da maxistratura provincial, pola cal se decretaba procedente o despedimento de oito traballadores e resolto o contrato doutros setenta e tres. Ante a situación desfavorable para os obreiros en loita, estes idearon con membros da Igrexa antifranquista da contorna de Ferrol a realización dun peche na concatedral de San Xulián, ligada no momento ao clero máis afín ao Réxime. Para a realización do peche, de feito, non se pediu permiso ao párroco, por pensar que non sería concedido. O 13 de novembro, coa escusa de asistir á última misa, un grupo de aproximadamente cento cincuenta persoas, incluíndo obreiros coas súas familias e algún crego comprometido coa causa, recluíronse no templo. Ao día seguinte, sábado 14 de novembro, a veciñanza de Ferrol amosou a súa solidariedade co peche con aportacións do necesario para que este se mantivera, favorecendo así a capacidade de negociación dos traballadores. O peche so remataría coa intervención da forza armada na madrugada do domingo, desaloxando os traballadores pola forza e violando o concordato vixente entre a Igrexa e o Estado franquista. A pesares do desaloxo, os traballadores volveron ao templo durante a mañá do día 15 e durante o día 16, pasando as noites nas súas casas. O día 17, traballadores doutras empresas uníronse á reclusión diúrna. A ocupación intermitente da concatedral prolongouse ata o 5 de decembro.

Conflitividade na Fábrica Peninsular Maderera S.A. (PEMSA)

San Salvador de Serantes, A Malata

A Fábrica de Peninsular Maderera (PEMSA) sería un dos núcleos de conflitividade obreira de Ferrol. Un exemplo é a folga que deu comezo o 9 de abril de 1970 e na que oitenta traballadores permaneceron en folga durante trinta e tres días en reivindicación do reingreso de dez compañeiros, cinco dos cales eran representantes sindicais, despedidos en represalia polos paros dunha hora organizados tempo atrás. Este conflito fraguouse durante meses por mor das pésimas condicións de traballo e hixiene que os traballadores sufrían na fábrica. Ademais, a empresa introducira novos sistemas de cronometraxe que derivaran na intensificación do ritmo de produción sen que isto se vira reflectido nos salarios dos traballadores. Así, naquel ambiente de tensión, a directiva decidiu que se debían recuperar as festividades de San Xulián e Xoves Santo, ante o que os traballadores responderon con paros parciais en repulsa. O resultado desta primeira oposición foron dez despedimentos, dos cales cinco eran enlaces sindicais. A partir deste momento e como en moitos outros conflitos, a readmisión dos despedidos foi unha das principais reivindicacións, tomando matiz político polo carácter sindical. O 10 de abril os traballadores foron á folga total, mentres a policía armada desaloxaba pola forza a factoría. A partir dese momento, o apoio social aos traballadores da Peninsular Maderera fíxose palpable de diversos xeitos, dende a axuda económica coa caixa de resistencia a numerosas concentracións e manifestacións. O conflito culminou o 15 de maio, cando, coincidindo co xuízo dos despedidos ante a Maxistratura de Traballo, as CCOO convocaron unha mobilización xeral en Ferrol con paros de media hora, que foi seguida nas empresas de xeito maioritario. A intensidade do conflito obrigou á directiva a desprazarse a Ferrol e negociar cos traballadores, chegando o día 16 a un acordo favorable, coa readmisión dos despedidos. A folga de PEMSA contou con gran apoio popular e de organismos e instancias que dende diversas ópticas comezaban a pular por un cambio de réxime. Un exemplo disto foi a campaña lanzada por Cáritas, de recollida de fondos para os obreiros en paro, que chegou a recadar medio millón de pesetas.

Actividade das Comisións Obreiras na FRIGSA

Distrito 8, A Milagrosa-Barrio Feijóo. Parque da Milagrosa, Av. Da Coruña

As instalacións do matadoiro FRIGSA, promovidas polo INI, inauguráranse en Lugo en 1957. Constituíron un dos centros con actividade das CCOO durante a ditadura na provincia de Lugo. Así, por exemplo, a central sindical na provincia fixo público en xullo de 1972 un escrito denunciando as condicións de traballo e as malas prácticas na empresa FRIGSA e chamando á loita de obreiros e campesiños para rematar 'co roubo i a explotación que somos ouxeto'. A fábrica deixaría de funcionar a finais dos 70 e os seus terreos serían mercados polo concello de Lugo nos oitenta.

Mobilización pola defensa, fronte ao bispo ourensán, duns curas nas parroquias de Ribadavia

San Domingos de Ribadavia e San Cristovo de Regodeigón

As igrexas foron testemuña da labor de numerosos cregos que, seguindo as fendas abertas polo Concilio Vaticano II, apostaron por un apostolado social, comprometido coa veciñanza e incluso partidario dun cambio de réxime. Foi o caso do acontecido nas igrexas parroquiais de San Domingos de Ribadavia e de San Cristovo de Regodeigón, ás que foran destinados tres cregos con este perfil: Virxilio Rodríguez Silva, Xosé Benito Sieiro e Miguel Fernández Grande; este último estaría posteriormente implicado na fundación do Sindicato Agrario Galego. Aqueles sacerdotes, que foran destinados en setembro de 1967 ás parroquias mencionadas, estaban implicados na liña de renovación e compromiso social que asumiu unha parte da Igrexa tras o Concilio Vaticano II. Como tal, no seu paso polas parroquias de Ribadavia rexeitaron cobrar polos servizos eclesiásticos e instalarse na casa parroquial, mentres que levaban a cabo unha labor comunitaria e social, incluíndo a formación dun club parroquial que sería xermolo da Asociación Cultural Abrente. Asemade, estas posturas de renovación e compromiso social leváronos a colaborar con persoas e nacentes organizacións partidarias dun cambio de réxime político e económico. En consecuencia, os tres sacerdotes sentiron de cerca a vixilancia do bispo Tremiño, quen lles ordenou levar sotana e lles denegou os permisos solicitados polos cregos para dar misa en galego. A Guardia Civil chegou a asistir ás homilías para comprobar o seu contido e visitar e interrogar en varias ocasións aos sacerdotes. Ante o anuncio do cese dos mesmos, o 14 de xullo de 1969, a veciñanza de Ribadavia mobilizouse. Entre outras accións, fixo chegar un escrito ao bispo Tremiño firmado por mil seiscentas persoas, o 90% da poboación adulta da vila. Tras coñecerse o 22 de xullo a orde do bispo de que os tres cregos abandonaran a vila canto antes, a veciñanza inundou a misa das oito, non cabendo todos no templo, e acompañou aos cregos á casa, sendo disolvidos polas forzas de orde.

Primeiro peche reivindicativo nunha Igrexa en Galicia

Vigo Centro.Rúa do Marqués de Valladares, 16A

O 4 de xuño de 1969 comezaría o primeiro peche reivindicativo documentado nunha Igrexa en Galicia, na capela Xesuítica de Santiago Apóstolo de Vigo. O peche, organizado como protesta ante varios despidos en Citroën, foi artellado en parte polo coadxutor da parroquia de San Martiño de Coia, na casa do cal se celebraran as primeiras xuntanzas das CCOO activas en Barreras. O sacerdote, consiliario da JOC, pediu aos fregueses da súa parroquia que asistisen a misa da unha do día 5 da capela Xesuítica de Santiago Apóstolo, misa que daría por rematado o peche. O obxectivo deste movemento era que a afluencia de xente á misa impedira ás autoridades identificar ou deter ás vinte e cinco persoas que mantiveran o encerro dende a misa das 21h do día 4 de xuño ata as 13h do día 5. Este sacerdote foi tamén o encargado de redactar unha nota sobre o feito, que sería entregada para a súa publicación a Europa Press e publicada en La Voz de Galicia o día 6 de xuño.

Formación de Comisión Obreira de Monforte de Lemos

Travesía Escultor Francisco Moure-Viña Vieja

Monforte de Lemos foi unha das primeiras vilas da provincia de Lugo que viviu a organización dunha Comisión Obreira. A comisión naceu vinculada a diversos conflitos que tiveron lugar na Compañía Industrial Chacinera, inaugurada en Monforte en 1943. Un dos primeiros no que tivo implicación foi o de 1969, provocado porque, como resultado do cese temporal de actividade alegando a saturación do mercado e as perdas económicas derivadas, 104 obreiros quedaron sen os seus traballos. O 14 de maio, obreiros da compañía denuncian tal situación no sindicato vertical, sen achar resposta. A Comisión Obreira acudiría ao Gobernador Provincial, “ex divisionario azul” segundo escrito da mesma comisión, pedindo solución para as 104 familias. A fábrica non volvería funcionar ata 1984, baixo a marca Campoverde S.A., pechando definitivamente en 1991. O conflito, con todo, que revelou a incapacidade das estruturas sindicais oficiais para ofrecer unha resposta satisfactoria ao problema xurdido, foi fundamental para a consolidación da organización obreira en Monforte.

Primera celebración pública do Día da Patria Galega no Franquismo

Alameda de Santiago

O 25 de xullo de 1968, celebrouse en Santiago de Compostela o Día da Patria Galega, coa súa denominación, forma e significado actuais. Aínda que esta xornada era conmemorada polo nacionalismo dende 1920, non é ata este ano cando adopta este nome, entroncando co propio da primeira convocatoria feita polas Irmandades da Fala e doutros movementos de liberación nacional. Detrás da organización estaba a Unión do Povo Galego e grupos estudantís próximos á Frente de Liberación Popular, ó PC(M-L) e o Partido Socialista de Interior. A imposibilidade de celebrar o acto como se tiña previsto, unha concentración na Praza do Obradoiro, pola presenza do Exército nas rúas do centro histórico, levou a trasladalo á entrada da Alameda, onde se chegou a colgar unha pancarta co lema "Viva Galiza Ceibe e Socialista". Aínda cunha participación que non chegou ás dúas ducias de persoas, os actos foron significativos por evidenciar, primeiro, a reactivación do nacionalismo galego en torno á UPG, recuperando o proxecto de preguerra do Partido Galeguista nos seus núcleos centrais, ao tempo que se aproximaban ao marxismo e ao terceiromundismo, e segundo, a intención de actuar politicamente, a pesar do risco que supoñía facelo no contexto de brutal represión da Ditadura.

Mobilizacións na Universidade de Santiago en 1968

Praza da Universidade, s/n

O movemento estudantil foi un actor importante no aumento de conflitividade que acompañou aos últimos anos da ditadura. Certos espazos nas universidades foron, así, testemuñas de intensos conflitos, como é o caso da actual Facultade de Historia, antiga sede central da Universidade de Santiago de Compostela. A principios de marzo de 1968, comezou a que sería a folga máis intensa da USC durante o Franquismo, aínda que xa a comezos de ano se produciran episodios de desorde, con queima pública de xornais e concentracións ante a comisaría de policía a causa das detencións a varios estudantes. Tralas eleccións universitarias nese mesmo curso, nas que o Sindicato Democrático de Estudantes da Universidade Galega (SDEUG) desprazara ó extinto SEU, sindicato oficial do réxime, o cambio de representantes operouse na maioría das facultades de xeito pacífico. Na facultade de Ciencias, no entanto, o decano Joaquín Ocón tratou de impedir a tomar efectiva de poder dos novos representantes, chegando a impedirlles a entrada aos locais asociativos, e incluso, negarlles o acceso ás cotas pagadas polos estudantes para as súas actividades. O conflito estalou ao impedirse unha asemblea na Facultade de Ciencias, na primeira semana de marzo, iniciándose unha folga estudantil que contou cun seguimento maioritario do alumando e que se converteu nunha reivindicación dunha auténtica reforma da universidade. Demandando unha universidade “de todos e para todos'”, o “movemento democrático estudantil” denunciaba as limitacións sociais da Universidade e a represión por parte dos seus organismos e das forzas de autoridade, propugnando unha unión coas forzas do traballo para pular por un cambio completo. Como tal, recibiu o apoio de numerosos sectores sociais, entre outros as CCOO de Ferrol, que enviaron un escrito aos estudantes en solidariedade o 21 de marzo de 1968. O momento álxido do conflito ocorreu co peche pacífico de mil cincocentos estudantes no edificio central da Universidade, do 9 ao 12 de marzo. Logo do encerro, a folga e as asembleas continuaron, destacando a que se produciría a finais de marzo na Facultade de Medicina, e na que interviron as forzas de orde de xeito violento. Para atallar o conflito, as autoridades académicas decidiron adiantar as vacacións de Semana Santa, e logo destas, suspender as sancións e devolver as cotas. No curso seguinte, os representates do SDEUG asumiron os seus cargos con normalidade.

Propaganda galeguista no Paseo de Alfonso XII

Vigo Centro. Paseo de Alfonso XII

Antonio Eduardo Bernardo Rubio, avogado segoviano, foi detido na Noiteboa de 1967 en plena rúa ao ser sorprendido pegando adhesivos coa inscrición "Libertade pra Galicia" en escaparates, vehículos e caixas de correos. Días despois tamén sería detido Xosé Luís Méndez Ferrín, acusado de facilitarlle a propaganda. Este acto de protesta é un dos exemplos da campaña de pegado de bandas despregada en Galicia por obra da UPG, que dende Madrid, e baixo a responsabilidade de Bautista Álvarez, conseguiran traer ao país. Ambos foron xulgados ante o TOP, acusados de propaganda ilegal: Méndez Ferrín foi absolto, mentres que Bernardo Rubio foi condenado a seis meses e un día de prisión e a unha multa de quince mil pesetas.

Primeira asemblea de CCOO de Ferrol

San Pedro de Leixa

O 24 de marzo de 1967, coincidindo co Venres Santo, tivo lugar a primeira asemblea de afiliados das CCOO na bisbarra de Ferrol. Esta primeira xuntanza tivo lugar na capela de San Pedro de Leixa, nas aforas de Ferrol, sen que o párroco soubera da mesma.

Primeira reunión nacional das CCOO de Galicia en Bastiagueiro

Santaia de Liáns. Lugar de Bastiagueiro

O primeiro programa de reivindicacións elaborado e firmado polas Comisións Obreiras da Coruña data do 19 de marzo de 1967. Este programa, publicado na revista do PCG Nova Galicia, constaba de oito puntos reivindicativos, entre os que se contaban diversas melloras nas condicións laborais. Un ano despois, 1968, celebrouse nun local parroquial de Bastiagueiro a primeira reunión nacional das CCOO de Galicia.

Resistencia contra a construción do encoro de Castrelo de Miño

Santa María de Castrelo de Miño

En xuño de 1966, Castrelo de Miño viviu un importante conflito pola gran diversidade de actores e segmentos sociais mobilizados. A causa: o proxecto de construción dun encoro a cargo de FENOSA que anegaría un val de gran riqueza produtiva. A oposición ás obras levouse a cabo entre a veciñanza cun alto grado de organización e cun amplo abano de accións de protesta, que incluíron accións directas como a concentración da veciñanza ante as máquinas para impedir os traballos, o lanzamento de maquinaria ao Miño e poida que incluso a queima das oficinas de FENOSA instaladas para as obras. Entre os segmentos mobilizados atopáronse tamén médicos, estudantes, cregos e escritores, que enviaron en xuño de 1966 unha carta de repulsa ao Goberno de España. A mobilización contou tamén co apoio de organizacións como a UPG, as CCOO e o PC, que no tempo daba os primeiros pasos cara á conformación das Comisións Campesiñas.

Edición clandestina de “Alborada”

Vigo Centro. Alianza Francesa de Vigo, Rúa da República Arxentina, 22

No ano 1966 editouse e distribuíuse en Vigo o primeiro número da revista "Alborada", pioneira da prensa clandestina feminista galega, vinculada co Movemento Democrático de Mulleres (agrupación vencellada ó Partido Comunista). Tralo proxecto destaca a figura de Palmyre Ros, comunista francesa que chega a Vigo no 1963. Ros foi detida no 1966 na Alianza Francesa, onde impartía aulas, acusada de propaganda ilegal, motivo polo que, quizais, malia terse editado un segundo número, este nunca chegou a distribuírse. Catro anos despois, o boletín atopa continuidade na clandestinidade coruñesa, onde se editou ata o 1972, centrando as súas páxinas en información sindical xeral, con atención particular ós feitos de Ferrol de 1972, os dereitos das traballadoras e as reivindicacións das mulleres en cuestións como a sanidade, a planificación familiar, os labores domésticos ou o acceso ó mundo laboral. Paralelamente, o Movemento Democrático de Mulleres de Vigo, edita entre o 1971 e o 1976 a revista "A Muller e a Loita", voceiro da organización, para o cal toma a cabeceira da antiga "Alborada".

Execución de O Piloto no entorno do encoro de Belesar

San Fiz de Asma

O guerrilleiro José Castro Veiga "O Piloto", o derradeiro na loita guerrilleira antifranquista, foi executado pola Garda Civil nas inmediacións do encoro de Belesar, o 10 de marzo de 1965.

Resistencia contra a explotación do areal de Ponte Sampaio

Lugar Xunqueira, 3B, 36690 Pontevedra, España

En Ponte Sampaio, a industrialización da extracción de area da ría para o seu uso na construción en plena expansión urbanística da cidade de Vigo, produciu toda unha serie de protestas lideradas polas mariscadoras da zona nos anos 1965 e 1966. Un tempo despois de que a empresa encargada da extracción comezase o seu labor, e tras facérense evidentes os custos ecolóxicos e económicos que aquilo implicaba para o marisqueo, as mulleres da vila organizáronse nun acto de protesta de acción directa cara ós traballadores, imposibilitando o seu traballo, e deberon facer fronte á Guardia Civil que acudiu ó lugar para disolvelas. Dende entón, a empresa paralizou a extracción, e un ano despois do episodio retirou as máquinas do lugar.

Resistencia contra a repoboación do Monte da Lagoa

Casanova, A, 23T, 27835 Germade, Lugo, España

Varios veciños do pobo de Roupar, destacando a presenza de mulleres, opuxéronse o día 7 de febreiro de 1964 ao traballo de repoboación iniciado no chamado monte da Lagoa, en man comunal.

Revolta contra a repoboación do monte da Braña da Gatiñeira

San Fins de Eirón

En xaneiro de 1963, veciños da parroquia de Eirón enfrontáronse aos empregados de Patrimonio Forestal del Estado tratando de impedir a repoboación do monte Braña da Gatiñeira, que consideraban de propiedade veciñal, chegando a enfrontarse á Guardia Civil tratando de desarmala. A pesar de que a actuación da forza de orde supuxo a morte dun veciño, tres feridos e máis de vinte detencións, a veciñanza acadou o seu obxectivo de que non se seguiran incautando terreos na zona.

Resistencia á repoboación do monte de Vilar

DP-6202, 38, 15230 Serra de Outes, La Coruña, España

Un cento de veciños de Outes, na súa maioría mulleres, enfrontáronse o 31 de xullo de 1962 á forza da comandancia e ao enxeñeiro forestal que ían levar a cabo a repoboación do monte de Vilar, alegando que os terreos foran indebidamente consorciados polo Concello por pertencerlles de dereito.

Resistencia á repoboación dos montes de Banzas, Xende e Pedra Sacha

V3XP+P2 Vilariño de Chacín, España

Máis de douscentos veciños, destacando a presenza de mulleres, opuxéronse á Guardia Civil e aos representantes de Patrimonio Forestal del Estado para tratar de impedir a repoboación dos montes de Banzas, Xende e Pedra Sacha, en marzo de 1962.

Resistencia á explotación da praia de Placeres

Santo André de Lourizán

A praia de Placeres e o entorno de Lourizán albergaban, antes da instalación de Celulosas de Pontevedra, un importante banco marisqueiro, integrado no ecosistema mariño da ría de Pontevedra. O anuncio da instalación da fábrica, constituída en 1957 con capital do Instituto Nacional de Industria, foi acompañado das queixas de pescadores, mariscadores e colectivos vinculados á produción marisqueira na ría, entre outros. Un dos episodios destacados desta oposición sucedeu na praia de Placeres en febreiro de 1959, e foi protagonizado por un grupo de mariscadoras da zona que, tras queixarse ao Ministerio de Industria de que o dragado do terreo público no que se instalaría a fábrica excedera os terreos acordados, ocupando a praia e con ela un importante banco marisqueiro, intentaron impedir coas súas mans a operación. A oposición das mariscadoras, que se materializou en manifestacións, o boicot directo da obra de dragado por medio do lanzamento ao mar da tubaxe colocada para tal fin e ata a marcha dunha comisión negociadora a Madrid, rematou por obrigar ás autoridades a suspender o dragado durante corenta e oito horas para pedir reforzos. A actividade só se puido retomar co apoio da Infantería de Marina e a presenza no porto de Marín do canoneiro Hernán Cortés, dotado de entre sesenta e setenta infantes de mariña. O 10 de febreiro de 1959, produciuse un enfrontamento entre a mobilización popular encabezada polas mariscadoras e as autoridades militares que remataría con cinco traballadoras feridas e a pacificación do proceso de dragado da praia, completada sen incidentes baixo vixilancia do Ministerio de Marina.

Escenarios da curtametraxe “El Andamio”

Praza do Padre Gil, 1, 15011 A Coruña, España

Durante catorce meses, entre 1957 e 1958, gravouse na Coruña a curtametraxe “El Andamio”, dirixida por Rogelio Amigo con produción dos irmáns Docampo. Ambientada no barrio coruñés de Labañou, “El Andamio” indaga no sufrimento proletario e a memoria republicana na España franquista, a partir da caída aparentemente accidental dun obreiro dunha estada. Considerada a primeira curtametraxe amateur de temática social a nivel nacional durante a ditadura, chegou a recibir premios en San Sebastián e Barcelona. A pesar de que logrou pasar a censura, as autoridades desaconsellaron a súa exhibición e a curta rematou desaparecendo. Foi recuperada e restaurada en 2008 polo Centro Galego de Artes da Imaxe e actualmente pode atoparse, en dúas partes, na plataforma YouTube.

Revolta contra a repoboación do monte comunal de Escornabois

Santa María de Escarnabois

En outubro de 1953, Patrimonio Forestal del Estado comezou os traballos de repoboación no que ata entón era o monte comunal de Escornabois. Nada máis facelo, un grupo de veciños presentouse no lugar, logrando paralizar a plantación. A situación continuou varios días, ata que a Guardia Civil detivo a sete veciños. Entón, o 23 e 24 de outubro de 1953 foi un nutrido grupo de mulleres, veciñas de Escornabois, quen impediu a realización dos traballos de repoboación, enfrontándose ás forzas de orde para tratar de freala. Para seguir co traballo foi precisa a presenza de trinta efectivos de gardas, distribuídos en outeiros e lugares de acceso. Só así as autoridades lograron conter á veciñanza, despois de deter a dúas mulleres significadas.

Revoltas nas parroquias de Marcón, Campañó e Verducido contra os pagamentos das cotas de Hermandades Sindicales de Labradores y Ganaderos

San Miguel de Marcón, San Pedro de Campañó e San Martiño de Verducido

Entre 1953 e 1956, as parroquias de Marcón, Campañó e Verducido destacaron polas mobilizacións contra os pagamentos ás Hermandades Sindicales de Labradores y Ganaderos, nas que houbo unha forte feminización da protesta. As mulleres destas parroquias lideraron a campaña de impagamento cando a filiación á Hermandad se fixo obrigatoria. Elas levaron adiante toda unha serie de actos violentos contra os encargados de realizar os pagos das cotas a esta entidade. No 1956, cando o Gobernador Civil anunciou o embargo das terras ás familias adebedadas e a súa poxa pública, as mulleres organizáronse de novo para impedilo, cunha forte resistencia mediante o emprego de pedras e instrumentos agrícolas.

Detención do Foucellas en Rodeiro

Lugar Rodeiro, 9, 15386 Rodeiro, A Coruña, España

O 9 de marzo de 1952, Benigno Andrade García "Foucellas", foi detido na base en Rodeiro, daquela Concello de Oza dos Ríos, e actualmente, Concello de Oza-Cesures. Finalizaba así a súa actividade guerrilleira, que se iniciara trala súa fuxida ao monte logo do golpe de Estado de 1936. Condenado a morte por consello de guerra en xuño de 1952, sería executado por medio do garrote vil a comezos de agosto.

Revolta contra a roturación dos montes veciñais de Cerceda

4FFR+VC Campo de Xesteda, España

A mediados de outubro de 1962, arredor de cincuenta veciños e veciñas da parroquia de Xesteda acudiron ao Monte dos Quintos para tratar de impedir a instalación dunha área de pasto. Para impedir a realización dos traballos, as mulleres botáronse ao chan impedindo o traballo da maquinaria agrícola. A pesar dos esforzos da forza pública, non houbo xeito de disuadilos e os traballos tiveron de ser suspendidos.

Enfrontamento cos guerrilleiros en Pazos

Lugar Convento, 2, 15619 Monfero, A Coruña, España

O cerco a varios guerrilleiros nunha vivenda no lugar de Pazos (Monfero), a finais de outubro de 1949, remata coa morte de sete persoas.

Foxas no Cemiterio de Teilán

Santa Baia de Teilán. Lugar de Souto

En xuño de 1949, apareceron dous homes mortos logo de que os veciños de Teilán escoitaran un forte tiroteo nos montes próximos: Manuel Fernández Soto, alcumado o Coronel Benito, e Bernardo Álvarez Trabajo, alcumado Gasta. O primeiro era o máximo responsábel, dende marzo de 1949, do Ejército Guerrillero de Galicia, ademais de secretario do PCE da área. Un mes despois, aparecerían os restos dun terceiro, Elías López Armesto, outro guerrilleiro malferido que lograra escapar pero que tamén falecera. O responsábel, o infiltrado Francisco Cano Román, o Comandante Félix.

Execucións na Pena Grande de Silán

CP-6502, 27837 Muras, Lugo, España

O 21 de xuño de 1949, prodúcese a caída da guerrilla en Silán, sendo asasinados Celia Pernas, Josefa Escourido, Juan Gallego Abeledo, Xan de Xenaro e Manuel Clavero de la Iglesia.

Laboratorio de Formas de Isaac Díaz Pardo: Sargadelos e Ediciós do Castro

Santiago de Sargadelos. Lugar do Rato

Isaac Díaz Pardo (1920-2011), intelectual e artista, foi unha figura clave na cultura galega dende mediados do século XX. Fillo de Camilo Díaz Baliño, pintor e cartelista, entrou en contacto, da man de seu pai, coa xeración de políticos galeguistas e republicanos dos anos trinta, colaborando na elaboración de carteis na campaña do plebiscito do Estatuto de Autonomía, en 1936. Tralo asasinato de seu pai polos sublevados, debeu permanecer oculto uns meses por medo das represalias. Logo do conflito e grazas a unha bolsa, formouse como pintor na Escuela de Bellas Artes de San Fernando, permitíndolle novas axudas económicas ampliar os seus estudos en distintas cidades italianas. Non obstante, a mediados dos anos corenta rompeu coa pintura e pasou á cerámica, inaugurando en Sada Cerámicas do Castro, un proxecto que non tardou en triunfar e traspasar fronteiras, chegando a Arxentina. En 1954, viaxou ao país suramericano, inaugurando no Centro Galego de Buenos Aires unha exposición de pinturas e cerámicas. Foi aquí cando entrou en contacto directo cos exiliados, entre os que destacou Luis Seoane, co que fundou, en 1963, o Laboratorio de Formas, núcleo motriz co que se pretendeu reactivar a actividade cultural en Galicia mediante a recuperación de institucións desaparecidas, como a fábrica de Sargadelos, e tamén, a creación doutras novas, como Ediciós do Castro. A fábrica de louza de Sargadelos, fundada a comezos do século XIX por Antonio Raimundo Ibáñez en Cervo (Lugo) foi, durante boa parte do século, un bo exemplo de iniciativa industrial no norte de Galicia, que, con todo, pechou as súas portas en 1875. Case un século despois, en 1970, Díaz Pardo, recuperou o proxecto para levar á práctica as ideas do Laboratorio de Formas: estudar as formas galegas e aplicalas a obxectos industriais de cerámica, louza e pezas ornamentais, creando pezas de gran calidade e cuxo valor viña dado pola diferenza que manifestaba ao apelar ás raíces galegas. Co paso dos anos a marca Sargadelos, e os seus produtos, consolidáronse tanto no eido industrial coma no artístico como un referente cultural en Galicia. Ediciós do Castro fundouse no mesmo ano que o Laboratorio de Formas, en 1963, sendo un dos seus primeiros proxectos o de crear unha editorial coa que recoller e difundir a cultura galega e recuperar a memoria histórica anterior a 1936, silenciada polo Franquismo. Deste xeito, e aínda que xa antes da morte do ditador destacou polo seu labor de difusión da actividade do Laboratorio –ou, no campo da literatura, pola difusión das obras de Xosé Neira Vilas– dende a Transición iniciouse o groso da súa actividade nos campos do ensaio, a ciencia, a literatura, a arte e a historia, destacando neste último eido as coleccións de Documentos para a Historia Contemporánea de Galicia ou a Biblioteca do Exilio (esta última en colaboración coa Editorial Renacemento).

Revolta contra a repoboación do Monte da Queimada

Lugar Igrexa, 2, 15386 A Igrexa, A Coruña, España

En 1949, veciños da parroquia de Rodeiro conseguiron frear a repoboación do Monte da Queimada, destruíndo os peches dos tramos a repoboar e levando por diante once mil plantas.

Execución en Soutadoiro

Aldea Soutadoiro, 8, 32336 Soutadoiro, Ourense, España

En 1949, foi asasinado o guerrilleiro Miguel Cardeñas Lozano nun lugar coñecido como A Rebrozada (Soutadoiro, Carballeda de Valdeorras), por outro membro da súa mesma partida, enterrándoo alí mesmo. Días despois, a Garda Civil exhumou o corpo para identificalo, pero volveuno a enterrar. A vítima escapara do penal de traballadores Casaio-Carballeda e incorporárase á guerrilla, vivindo durante cinco anos na Serra do Eixe. Foi o primeiro corpo recuperado oficialmente.

Resistencias contra a repoboación do monte en Samos

San Cristovo de Lóuzara. Lugares de Outonín, Campos e Castrelo

O 13 de febreiro de 1948, veciños de Outonín, Campos e Castrelo actuaron colectivamente e a plena luz do día, destruíndo máis de dous millóns de plantas, vinte e dúas mil árbores e os peches dun viveiro tratando de reverter a repoboación forzada do monte.

Fuxida en Cangas

Santiago e San Salvador de Cangas. Porto de Cangas

En xuño de 1948, unha trintena de persoas, presuntamente vinculadas ó PCE, tentaron fuxir desde o porto de Cangas nun vello barco de pesca adquirido para tal fin. Unha delación crebou os plans, polo que se tivo que afundir o barco.

Resistencia contra as cotas sobre a produción agraria en Amoeiro

Santa María de Amoeiro. Rúa Castor Sánchez Martínez, 6

Veciños de Amoeiro negáronse abertamente a entregar as cotas de fabas, millo, patacas, madeira e viño da campaña de 1948.

Execucións en San Estevo de Abellá

Santo Estevo de Abellá. Lugar de O Fontao

Morte dos guerrilleiros Manuel Ponte Pedreira, Manuel Rodríguez Suárez e Manuel Díaz Pan, membros do destacamento Manuel del Río Botana da IV Agrupación Guerrillera, en maio de 1947, tras ser cercados pola Garda Civil.

Abordaxe e fuxida do boniteiro Santa Teresa

San Estevo do Vicedo

O 12 de decembro de 1946, dezanove guerrilleiros e dúas mulleres vinculados coa III Agrupación do Ejército Guerrillero de Galicia abordan o boniteiro nunha praia do Vicedo o 12 de decembro de 1946, logrando chegar a Bayonne.

Toma de Vimianzo pola guerrilla

San Vicenzo de Vimianzo

Un grupo de guerrilleiros tomou Vimianzo durante unhas horas do 8 de novembro de 1946, asaltando o cuartel da Garda Civil e o Banco Pastor.

Toma da aldea de Marcelle-A Baña pola guerrilla

Santa Cristina de Marcelle

A comezos de decembro de 1946, produciuse unha breve toma da parroquia de Santa Cristina de Marcelle por dous destacamentos guerrilleiros da IV Agrupación do Ejército Guerrillero de Galicia.

Folga no Consejo Ordenador de Construcciones Navales Militares

Porto de Ferrol

A finais de xuño de 1947, produciuse unha das primeiras folgas durante a ditadura franquista, pola redución do racionamento de aceite entregado aos traballadores dos estaleiros.

Revolta contra a saída do centeo no Saviñao

Rúa Méndez Núñez, 6, 27540 Vilasante, Lugo, España

O día 2 de maio de 1946, unhas cento cincuenta veciñas do Saviñao impediron a saída de 41.500 kg de centeo que permanecían no almacén do Servicio Nacional del Trigo de Escairón, reivindicando o seu uso para o abastecemento do pobo. Tras impedir a saída do gran, esa mesma tarde as mulleres de Escairón, xunto con outras de parroquias próximas, formaron unha agrupación de entre catrocentas e quiñentas que permaneceu nas inmediacións do almacén de gran, esixíndolle ao alcalde que impedira que o centeo fora levado do pobo. O Saviñao tiña, ademais, unha tradición de mantemento e colaboración coa guerrilla, aínda activa nos montes próximos.

Resistencias contra o repartimento en Palas de Rei

San Tirso de Palas de Rei. Avenida Compostela, 28.

Os veciños do lugar manifestáronse contra o repartimento en 1944, chegando incluso a penetrar na Casa Consistorial e obrigando ao alcalde, o falanxista Alejo Vázquez Viña, a asinar un documento que foi elevado ao Gobernador Civil. O alcalde sería destituído, pola súa incapacidade para evitar esta situación.

Foxa de Santa María de Vilavella

Santa María de Vilavella

Existiu neste lugar unha foxa común de tres guerrilleiros leoneses –Pedro Voces, Antonio Vega e Félix Yáñez– que en novembro de 1943 foran cercados e executados pola Garda Civil na parroquia, podendo fuxir un cuarto. Os seus cadáveres foron posteriormente expostos ante os veciños do lugar, e logo enterrados nun dos laterais do templo parroquial.

Revolta para recuperar o trigo nas parroquias de Tordoia

Cabaleiros, Tordoia, 0, 15683 Pontepedra, A Coruña, España

En novembro de 1943, labregos de Gorgullos, Castenda, Numide e Leobalde dispuxéronse a recuperar o trigo do almacén local do SNT, entregado previamente en condición de cota forzosa. O motín concentrouse nos arredores do almacén e, tras graves incidentes, conseguiu o seu obxectivo de recuperar o gran, sen conseguir detelos a intervención das autoridades.

Destacamento penal de Minas de Casaio

Santa María de Casaio

O Noroeste peninsular ibérico cobrou, nos anos da Segunda Guerra Mundial, unha gran importancia como zona de extracción de volframio, mineral fundamental para reforzar as aliaxes do aceiro, e, polo tanto, empregado no reforzo da blindaxe das unidades de combate e nas pezas de artillería, así como na fabricación de proxectís. Por esta razón, e aínda que existían antecedentes previos, logo de estourar o conflito, alemáns, británicos e estadounidenses afanáronse por incrementar a adquisición deste mineral. En Casaio conformouse un grupo que chegaría a contar con algo máis de tres centos cincuenta presos que se incorporou á mina de volframio localizada na Serra do Eixe e explotada por Montes de Galicia S.A., con conexións coa Alemaña Nazi, dende setembro de 1942. Rexístranse casos de oposición entre os reclusos, de baixa escala. O destacamento penal desaparecería en 1944.

Saída de fuxidos de Soutadoiro para Portugal

Aldea Soutadoiro, 6, 32336 Soutadoiro, Ourense, España

Un numeroso grupo de fuxidos no sueste ourensán tentou saír cara a Portugal para embarcar e saír da Península, dende xullo de 1940. Despois de varios enfrontamentos e detencións, a maior parte deles retornaron á zona en abril de 1941.

Negativa da poboación á entrega da cota de cereal en Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765 Trabada, Lugo, España

Durante varios anos da década dos corenta, os veciños negáronse a entregar a cota de cereal, aliándose, contra o xefe local de Falanxe, co secretario do Concello. Logrouse apartar da recadación do cota ao falanxista, ademais dunha rebaixa no que se debía entregar. Posteriormente, o xefe local da Falanxe e o mesmo tempo alcalde, José Ramón Aenlle Rodríguez, enfrontouse aos veciños , que o acusaban dunha repoboación forestal que afectara a propiedades particulares.

Cidade da Selva

Santa María de Casaio. Montes de Casaio

A Cidade da Selva, denominación empregada polos propios guerrilleiros do momento, referíase a unha serie de campamentos da guerrilla antifranquista constituídos nos montes de Casaio, no sueste galego. Conformouse como base principal da Federación de Guerrillas de León-Galicia, unha das primeiras agrupacións guerrilleiras aparecidas trala guerra civil en España, nada en 1942 e que naquela área da provincia de Ourense estaría en funcionamento ata, polo menos, 1946, cando a acción da Garda Civil neutralizou a maior parte dos seus efectivos.

Fuxida do bou Ramón

San Xosé de Ares. Porto de Ares

Vinte e sete asaltantes vinculados co anarquismo e o socialismo de Ferrol, Mugardos, Narón e Ares puxeron rumbo ao porto francés de La Pallice a mediados de xullo de 1939. Entre outros, estaban os alcaldes de Ferrol e Ares. Todos eles foron trasladados ao campo de concentración de Barcarès, e logo, ao de Argelès. Ata vinte e tres mulleres víronse implicadas na causa incoada para aclarar a fuxida deste bou, sendo oito delas procesadas, e finalmente, dúas condenadas a prisión de dous anos e un día.

Fuxida dos vapores Teresita e Carmiña

Peirao de Curuxeiras

Once homes armados, vinculados coa CNT de Mugardos e as JJLL de Narón, lograron chegar ao porto de Brest tras asaltar a parella de vapores, en maio de 1939.

Campo de concentración de San Clodio

Santa María de San Clodio. Lugar de San Clodio

Campo aparentemente provisional, localizado no Mosteiro de San Clodio e que funcionou durante abril de 1939.

Execución no Monte de Cabalar

Santa María de Cabalar. Monte de Cabalar

En marzo de 1939, a Garda Civil asaltou un campamento de guerrilleiros localizado no Monte Cabalar. Os perseguidos puideron fuxir axudados polos veciños da zona, agás Constantino Bouza, pertencente ao grupo de Amador Barcia, que foi apresado e executado no mesmo lugar.

Campo de concentración de Lavacolla

San Paio de Sabugueira

Campo estable inaugurado en marzo de 1939. Conformábano unha área con varias naves. En novembro de 1939 foi reconvertido en base de batallóns de traballadores.

Campos de concentración da Pobra do Caramiñal

Santa Cruz de Lesón. Lugar de San Lázaro

Na Pobra do Caramiñal existiron dous campos durante 1939. O de maior duración foi o situado na conserveira El Pozo, na desembocadura do río Pedras, con capacidade para mil persoas. O outro localizouse nunha conserveira na zona do Arenal.

Refuxio no Balneario

San Estevo de Sandiás. Lugar de Coalloso

Lugar de refuxio e reunión da guerrilla, polo menos desde 1939. Neste refuxio estivo agochada ata o seu desmantelamento, no ano 1946, Carmen Fernández Seguín, militante do PCE dende o 1932 e guerrilleira da chaira. Durante o seu tempo de estancia no Balneario, traballou en labores como a elaboración e modificación de armas para a guerrilla. Os seus fillos actuaron como enlace, e no 1947 pasaron á guerrilla do monte. Carmen foi apresada en Ávila no 1950 portando armas para a guerrilla.

Pazo de Meirás

San Martiño de Meirás

En 1937 o gobernador civil da Coruña, Julio Muñoz, e Pedro Barrié de la Maza, por aquel entón vicepresidente de Banco Pastor, impulsaron a creación dunha Junta Provincial pro Pazo que, nos meses seguintes, iniciou unha campaña de recolección de fondos na que participaron destacadas autoridades fascistas e alcaldes franquistas como Alfonso Molina e Álvarez de Sotomayor. A campaña, que chegou a recoller máis de 400 000 pesetas –incluíndo 'doazóns' de veciños de múltiples concellos tras visitas de patrullas de Falange– tivo o obxectivo de mercar o Pazo de Meirás como agasallo para o ditador en calidade de xefe do Estado. A doazón faríase efectiva cun acto de aceptación por parte de Franco o 5 de decembro de 1938. A finca engadiríase ao patrimonio privado do ditador a partir dun contrato fraudulento de compravenda firmado no ano 1941 que pretendía evitar que o pazo pasara a formar parte do Patrimonio Nacional –tal como ditaba a lei do 7 de marzo de 1940– por ter sido doado ao xefe do estado. Así, como aparente dono persoal do pazo, o ditador gozou del como a súa residencia de verán ao longo da súa vida e legaríallo aos seus familiares, que seguiron facendo uso da propiedade trala súa morte. No contrato fraudulento de compravenda que permitiría isto tería mediado tamén Barrié de la Maza, xa presidente de Banco Pastor dende 1939 e presidente de FENOSA dende 1941. Barrié de la Maza tería financiado tamén ao bando nacional durante a guerra e sería nomeado Conde de Fenosa, título ideado polo Caudillo especialmente para el, en 1955. O fraudulento da compravenda que en 1941 lle deu a propiedade persoal do pazo ao ditador, así como as conexións de dita cesión con figuras como Barrié, saíron á luz por mor da demanda imposta polo Estado á familia Franco para a recuperación de Meirás, que resultou na sentencia por parte do Xulgado de Primeira Instancia da Coruña, do 2 de setembro de 2020, que ditaminaba a devolución da propiedade ao patrimonio público.

Foxa no Cemiterio de San Pedro de Cornazo

Rúa Cerdeira, 14, 36619 Vilagarcía de Arousa, Pontevedra, España

Lugar no que se localiza a foxa na que foron enterrados dous homes executados no monte de Lobeira en novembro de 1938.

Fuxida dos vapores Magdalena Vinaches e Soledad Yáñez

Ría de Betanzos. Boia do Pedrido

O 19 de outubro de 1938, un dos pesqueiros foi abordado na boia do Pedrido por unha embarcación con sete asaltantes, axudados polo patrón e o fogueiro. Os fuxitivos fixéronse co outro vapor aproveitando a sondaxe previa á manobra de arriar o aparello no caladoiro para abordalo. Os asaltantes, entre os que estaban os fillos de Caridad Pita e nove tripulantes, pasaron a territorio republicano.

Fuxida do boniteiro Nuevo Celta

Vigo Centro. Porto de Vigo

A comezos de outubro de 1938, tras ser abordado na manobra de saída por tres homes nunha chalana, estes, xunto con algúns tripulantes, apoderáronse do barco e puxeron rumbo a Brest. Os asaltantes e dez mariñeiros pasaron a territorio republicano. Os protagonistas estaban vinculados a sindicatos de pescadores da CNT das Rías Baixas.

Fuxida do Chicha número 2

San Xurxo de Camariñas. Porto de Camariñas

Aproveitando unha recalada en Camariñas, doce membros da tripulación, orixinarios da Pobra do Caramiñal e de tódalas tendencias políticas, fixéronse co barco, poñendo rumbo a Brest en setembro de 1938. De inmediato, pasaron a territorio republicano.

Foxa de Chao-Candedo

Santa María do Candedo

Nas proximidades da entrada do cemiterio localízase unha foxa na que terían sido enterradas tres mulleres da mesma familia, asasinadas no seu domicilio de Ourol en abril de 1938.

Foxa na Praia da Frouxeira

Parroquias de San Vicente de Meirás, de Santiago do Lago e de Santalla de Valdoviño. Praia da Frouxeira

Foxa común non intervida na que se presume que hai enterradas catro persoas, asasinadas no mesmo lugar en marzo de 1938. Entre elas, o antigo alcalde Serantes, Alejandro Porto Leis.

Campo de concentración de Santa María de Oia

Santa María de Oia. Rúa do Párroco Don Claudino Rodal Fandiño, 5

Campo intermitente e estable localizado no Mosteiro de Santa María. As súas orixes localízanse en decembro de 1937, chegando a prolongarse a súa vida até maio de 1939. Chegou a ter uns 3000 prisioneiros.

Campo de concentración de Padrón

Santa María de Iria

Campo de longa duración localizado na azucreira da parroquia de Santa María de Iria e que comezou a funcionar en decembro de 1937, cunha capacidade para mil setecentos prisioneiros. Foi abandonado en 1940.

Execucións no Acebo, en San Bartolo de Monteseiro

42XM+7M O Acevo, Grandas de Salime, España

No Acebo (nalgunhas fontes tamén O Acevo) foron executados, en outubro de 1937, un nutrido grupo de combatentes do Batallón Galicia, que, volvendo a Galicia coa intención de exiliarse en América trala caída da Fronte Norte, foron sorprendidos pola Guardia Civil e Falange. Os seus nomes: José Moreno Torres (destacado líder do anarquismo coruñés), José Balado Gil, Manuel Bugallo Lois, Albino Domínguez Márquez, Enrique García Lago, Jaime Machicado Lorente, Jesús Martínez Castro, Maximino Martínez Hernández, Odilo Masid Masid, Emilio Novas Naya, Manuel Ramos Escariz, Manuel Rivas Rey e Luis Rafael Villar Sánchez. Os seus restos descansan no cemiterio da Fonsagrada.

Fuxida da motora El As

San Marcos de Corcubión. Porto de Corcubión

Trece mozos en idade militar de Ézaro e O Pindo, logo de partir de Corcubión a mediados de outubro de 1937, chegan varios días despois ao porto inglés de Brístol, pasando a zona republicana dende territorio francés.

Fuxida do pesqueiro María Elena

9MH6+48 Cabreira, Oleiros, España

O Sindicato de Pescadores de Mera (CNT) organizou esta fuxida en outubro de 1937, pola que seis tripulantes chegaron a Francia para logo pasar á zona republicana e loitar no Ejército Popular.

Campo de concentración de Rianxo

Rúa Castillo, 69, 15920 Rianxo, A Coruña, España

Campo de longa duración que comezou a funcionar en outubro de 1937. Localizado nunha fábrica de salgadura pertencente aos Goday, contaría cunha capacidade para dous mil prisioneiros. Pechou en decembro de 1939.

Campo de concentración de Muros

San Xoán de Serres. Rúa Anido, 149 (fábrica de salazón) San Pedro de Muros. Avenida Bombé, 39 (conserveira)

Campo estable que se enmarca cronoloxicamente entre outubro de 1937 e febreiro de 1938. Concrétase en dous enclaves: unha fábrica de salgadura (xunto á praia da Rocha) e a conserveira Vieta (preto do Faro de Rebordiño).

Campo de concentración de Cedeira

Santa María do Mar de Cedeira. Parque de San Isidoro

Campo temporal posto en marcha coa caída de Asturias, en outubro de 1937. Desapareceu a medida que os prisioneiros foron seleccionados para outras localizacións, cesando as súas actividades en novembro de 1938. Achegouse ao millar de prisioneiros cando realmente tiña capacidade para cento oitenta.

Foxas no Cemiterio de San Pedro de Grandal

San Pedro de Grandal. Lugar da Eirixa

Localizáronse os restos de dúas persoas en paralelo ao muro do camposanto, así como demais ósos dispersos. Probablemente correspóndense con vítimas executadas en setembro de 1937.

Execucións de Montecubeiro

San Cibrao de Montecubeiro

Un enfrontamento entre fuxidos e forzas de orde causa a morte dun garda civil. En represalia son asasinados quince veciños da zona en dúas datas, o 23 de agosto e o 14 de outubro de 1937, entre elas Carmen Sarille, Virxinia Meilán e Manuela Grañá.

Execucións no Monte da Penela

San Estevo do Vicedo. Monte da Penela

Lugar de execución e enterramento, entre 1939 e 1940, de dous homes que escaparan ao monte logo do golpe de Estado: Emilio Ríos Martínez “O Cantador” e José Fernández Rolle “O Caramelo”. O primeiro foi capturado pola Garda Civil na casa dun familiar onde ía comer frecuentemente, sendo posteriormente torturado para forzalo a que revelase o lugar de ocultación doutros fuxidos. Na mañá seguinte, Fernández Rolle, de garda onde el e outros se atopaban ocultos, alertou ós seus compañeiros da presenza das forzas de orde para que puidesen escapar. Sería, coma “O Cantador”, executado.

Fuxida da motora Nuevo Emden

San Martiño do Grove. Porto de O Grove

Un grupo de dezasete tripulantes de tódalas tendencias protagonizon, a mediados de agosto de 1937, a fuxida da motora con destino aos portos franceses de Le Guilvinec e Concarneau.

Campo de concentración de Betanzos

Rúa Magdalena, 11

Campo de longa duración que comezou a funcionar en agosto de 1937, localizado na Fábrica de Curtidos Echevarría, e durante algún tempo, no Parque do Pasatempo. Tiña capacidade para 2000 persoas e permanecería en activo até maio de 1939.

Fuxida do boniteiro Ramón Correa

Santa Uxía de Ribeira. Porto de Ribeira

A finais de xullo de 1937, a tripulación da nave, dezaseis tripulantes de diveras tendencias políticas, aproveitou unha recalada en Ribeira para dirixirse a Brest.

Fuxidas dende o porto de Malpica

San Xulián de Malpica de Bergantiños. Porto de Malpica

O porto de Malpica foi lugar de fuxidas marítimas durante a Guerra Civil con gran protagonismo da CNT e a IR da vila. Primeiro, a finais de xullo de 1937, produciuse a fuxida de once persoas, en dirección Douarnenez, por medio da sardiñeira Ciudad de Montevideo. Ao ano seguinte, tiveron lugar dous novos episodios: en agosto, aproveitando as festas da vila, vinte e seis homes emprenderon a fuxida na sardiñeira San Adrián, que os levou ata a Audierne, para logo pasaren a territorio republicano. En setembro, embarcaron na sardiñeira Rocío, con destino Brest.

Fuxidas dende o Porto de Miño

Santa María de Miño. Porto de Miño

O Porto de Miño foi escenario de dúas fuxidas marítimas durante o verán de 1937. A primeira, a da motora María del Carmen, levada a cabo a finais de xuño, implicando a dous armadores e a cinco tripulantes, na súa maioría vinculados ao PSOE de Miño, e con destino La Pallice (Nova Aquitania). A segunda, a do racú La Golondrina, protagonizada por persoas vinculadas ó PSOE, ó PCE e a IR e que tivo lugar entre o 31 de agosto e o 4 de setembro, con destino o porto francés de Marennes (Nova Aquitania), pasando o grupo posteriormente a territorio republicano.

Asalto frustrado á tarrafa Nuestra Señora de los Remedios

Santa María e Santiago de Viveiro. Porto de Viveiro

Foi protagonizado por sete fuxidos en rebeldía vinculados ao SIP de Celeiro, o 23 de xuño de 1937, que máis adiante se incorporaron ao grupo guerrileiro de Neira.

Fuxida do vapor Avión

Santa María do Porto de Marín. Porto de Marín

Seis homes vinculados ao SIP de Marín asaltaron o barco o 22 de xuño de 1937, logo de terse agochado no tambucho de popa. Puxeron rumbo ao Mediterráneo mais foron apresados nas proximidades de Lisboa, sendo deportados e xulgados en Galicia, onde algúns foron executados.

Destacamento penal do Cumial

San Breixo de Seixalbo

Orixinalmente era unha finca arrendada polo concello como campo de tiro para a guarnición de Ourense. En maio de 1937, as autoridades militares decidiron empregar man de obra reclusa na construción dun pequeno cuartel en torno a aquel, incautando tamén o monte.

Fuxida do bou Eva

Vigo Centro. Porto do Berbés

O 23 de abril de 1937, un grupo formado por José Losada Castelao e Manuel Rodríguez Castelao (ambos curmáns de Alfonso D. Rodríguez Castelao), Manuel Martíñez Moroño, José Rodríguez Lorenzo, Fernando Rodríguez Lorenzo, Luis Álvarez González, Camilo Campos Méndez, Carmen Miguel Agra e Anxo Nogueira Nogueira, intenta fuxir a Francia dende o porto do Berbés, a bordo do bou Eva. Sendo delatados, un grupo de falanxistas acudiu ao lugar naquel momento, procedendo a afundir o barco para forzalos a saír. Secasí, a tripulación non o fixo, optando polo suicidio.

Foxas no Cemiterio antigo de Santa Mariña de Xinzo

Santa Mariña de Xinzo

Nun espazo ao lado do adro da igrexa parroquial foron enterrados os restos de dezasete vítimas executadas en abril de 1937 no Pinar de Foxo, a tres quilómetros de Xinzo.

Fuxidas dende o Porto da Coruña

Porto da Coruña

O porto da Coruña foi escenario de varios episodios de fuxidas durante os anos 1937 e 1938. A primeira rexistrada foi en febreiro de 1937, cando doce persoas de distintas tendencias, aínda que maioritariamente da CNT, intentaron abandonar a cidade na motora Sisargas, aínda que finalmente non o logran. Terían mellor sorte os tripulantes do Constante Veiga número 4, a comezos de xuño, e logo os dos vapores Rita Esperanza, Lourdes, Fragio I e Fragio II, a comezos de xullo, que lograron chegar ao porto bretón de Brest. En setembro de 1937, o boniteiro Mascota, logrou facer chegar a doce persoas ao porto francés de Saint Gilles de Vendée, desde onde pasaron a zona republicana. Xa en 1938, no mes de marzo, tres persoas, vinculadas ao SIP da Coruña, introducíronse no bou Isabel Angelita antes de que aquel saíra a faenar. En mar aberto, diríxeno a punta de pistola a Belle-Ille-en-Mer (Morbihan-Bretaña) e despois a Saint Nazaire, onde desembarcaron sete tripulantes e os asaltantes a mediados de marzo de 1938; o grupo desprazouse logo a Barcelona, mentres que o resto da tripulación retornaría á Coruña co barco. Episodio similar reproduciuse en setembro, mais esta vez o asalto do barco, o boniteiro Rafael del Palacio, efectuado por dous homes coa axuda de varios mariñeiros, produciuse por mor dunha recalada na cidade herculina, e tivo como resultado o desembarco no porto de Brest de quince homes, que tamén se dirixiron á capital catalá.

Foxas no Cemiterio de San Xoán de Tabagón

Lugar San Xian, 14, 36770 San Xián, Pontevedra, España

Lugar de enterramento de cinco persoas que foron executadas pola Garda Civil en febreiro de 1937 no Alto do Curto, preto da estrada de Baiona a A Guarda. Serían os veciños quen se encargarían de recoller e sepultar os corpos.

Fuxida dunha motora en Noia

San Pedro de Boa. Porto de Noia

A comezos de xaneiro de 1937, catro persoas vinculadas coa CNT de Noia fugáronse a Asturias, partindo do porto noiés.

Fuxida dunha traiñeira en Foz

Santiago de Foz. Porto de Foz

Entre sete e dez ocupantes de filiación descoñecida puxeron rumbo a Asturias dende o Porto de Foz na primavera de 1937, desembarcando en territorio republicano.

Fuxida da traiñeira Nuevo Marujita

Porto da Pobra

Na primavera de 1937, a ocasión de prepararse para a pesca do bonito foi aproveitada polos tripulantes da traiñeira para poñer rumbo a Casablanca, onde chegaron días despois dez homes, entre eles varios fuxidos. Posteriormente pasaron a territorio republicano.

Foxa no Cemiterio de Santa María de Areas

Santa María de Areas

Lugar de enterramento de cinco homes, naturais de O Porriñón, asasinados nunha estrada próxima en 1937.

Foxa en Remeite

San Clodio de Ribas de Sil

Amador Torres Torres foi asasinado e enterrado neste lugar en 1937.

Foxa en Remeite

San Clodio de Ribas de Sil

Amador Torres Torres foi asasinado e enterrado neste lugar en 1937.

Fuxida da motora Cabo Finisterre

San Marcos de Corcubión. Porto de Corcubión

A motora abandonou Corcubión e dirixiuse ó porto asturiano de Lastres a finais de decembro de 1936, cos dous propietarios da embarcación a bordo, vinculados a UGT de Fisterra.

Foxas no Cemiterio de San Salvador de Budiño

San Salvador de Budiño

No camiño que da acceso ao cemiterio estarían enterrados os restos de catro canteiros da parroquia de A Picoña (Salceda de Caselas), asasinados en novembro de 1936 na estrade de O Porriño a Tui.

Foxas en Santo André de Xeve

Santo André de Xeve

Lugar de enterramento de seis homes asasinados en novembro de 1936 nun descampado no cruce coa estrada de Xeve a Compolameiro.

Execucións na Ponte da Castellana

San Lourenzo de Vilarraso. Lugar da Castellana

Nas inmediacións deste lugar que cruza o río Mandeo localizáronse ata oito corpos de vítimas da violencia golpista, asasinadas entre setembro de 1936 e comezos de 1938. Está documentado que os restos foron enterrados na área do cemiterio de Vilarraso.

Fuxida dende Merexo a Leixões

Av. López Abente, 32, 15125 Muxía, La Coruña, España

No outono de 1936, tivo lugar a fuxida dunha motora de Muxía alugada por sindicalistas da UGT e da CNT de Ponte do Porto, con destino Leixões (Matosinhos, Portugal). Os tres fuxidos foron detidos en Lisboa e devoltos a Galicia. Dous deles son paseados en Tui; o terceiro foi fusilado na Coruña meses despois.

Foxa en Cortapezas

Santa María de Cortapezas. Lugar da Eirexe

Foxa localizada, orixinalmente, no adro dunha capela, e actualmente cemiterio de Cortapezas. Recuperáronse os restos de dous homes, un deles o alcalde socialista de Castro de Rei, asasinado a finais de outubro de 1936 na marxe da estrada de Lugo a Portomarín.

Execucións no Campo de San Paio

San Martiño de Tiobre. Lugar de San Paio

Catro paseados atopados neste lugar, a finais de outubro de 1936: Manuel Fernández Pérez (PC), Bernardo Miño Abelenda (PSOE e UGT, concelleiro), Camilo Naveira Ferreño (CNT) e Antonio Lagares Gómez (PSOE e UGT). Francisco Moreno Vilariño (UGT), tamén foi paseado con aqueles, aínda que logrou sobrevivir (só foi ferido) e ó darse por morto, logrou fuxir a Arxentina.

Fuxida do Ramón Galdo

San Xoán de Espasante. Porto de Espasante

O 20 de outubro de 1936, o Ramón Galdo saíu de Espasante dirección Xixón, onde chegou con catro fuxidos do SIP de Espasante logo de dezanove horas de travesía.

A Volta dos Nove

Santa María de Baiona. Avenida de Brasil, 149

Neste lugar foron asasinados nove persoas a mediados de outubro de 1936, en represalia pola morte dun falanxista, días antes. Case todos eles estaban vinculados ao cenetismo: Modesto Fernández, Generoso Valverde, Manuel Francisco Lijó, José Rodríguez, Manuel Aballe, Felicísimo Antonio Pérez, Fidel Leyenda, Elías Alejandro Gonda e Manuel Barbosa. Dende que o suceso tivo lugar, comezaron a aparecer cruces debuxadas na terra, ata que a construción da estrada o impediu, polo que apareceron pintadas en vermello nunha rocha próxima. Os restos dos asasinados serían levados ao Cemiterio de Baiona, onde en 2009 se realizaron labores de exhumación coas que se atoparon un bo volume de ósos misturados; tamén se documentou que, en 1941, varios familiares das vítimas recibiran os restos exhumandos da foxa.

Colonia penitenciaria da Illa de San Simón

Illa de San Simón

A illa de San Simón, conformada realmente por dúas illas –San Simón e San Antonio– unidas por unha ponte, foi durante o século XIX lugar de retención dos enfermos procedentes das colonias de ultramar ata que aqueles superasen a enfermidade. Reconvertido en centro de reclusión por orde de Severiano Martínez Anido e inaugurado o 1 de outubro de 1936, acollería presos ata 1943, cando foi clausurado. Durante este tempo, calcúlase que chegou a albergar un total de seis mil persoas contrarias ao réxime ditatorial, procedentes das zonas próximas como Vigo ou Pontevedra, pero tamén de Asturias ou País Vasco. Ás pésimas condicións de vida que soportaron, hai que engadirlle as frecuentes sacas, previas ás execucións no continente.

Foxa no Cemiterio de Tenorio

San Pedro de Tenorio

Neste lugar estaba localizada a foxa na que foron enterrados once homes asasinados en novembro de 1936: seis veciños de Lalín e outros cinco de Arbo, republicanos presos na illa de San Simón executados tras saír daquela coa escusa de que serían trasladados á prisión de Ponte Caldelas. A ampliación do cemiterio, décadas despois, fixo que os restos fosen depositados nun osario e imposibilitou a súa identificación.

Execucións en Montrove

Santaia de Lians, Lugar de Montrove

Na noite do 30 de setembro de 1936, foron asasinados Antonio Montoya Lovato e os rapaces Antonio Montoya Camacho, de dezaseis anos, e Manuel Jiménez Montoya, de catorce. Todos eles eran cesteiros e de etnia xitana, razón, está última, pola que probablemente foron asasinados. Serían enterrados preto da igrexa de Santaia de Liáns.

Foxa en Argomoso

San Pedro de Argomoso. Lugar da Cuba

Foxa localizada no exterior do cemiterio de Argomoso, parroquia de Mondoñedo. Había nela unha vítima, veciña de Ove-Ribadeo, José Antonio Díaz Álvarez. Sacado da súa casa en setembro de 1936 a punta de pistola, conseguira fuxir malferido, e permanecer oculto ata que por mor dunha delación foi de novo capturado e executado diante do edificio da escola.

Foxas no Cemiterio de Santa María de Curro

Santa María de Curro

A mediados de setembro de 1936, uns veciños de Corbillón atoparon dúas persoas executadas a balazos nunha curva na estrada que unía Vilagarcía e Lérez. Tratábase de Ramón Barreiro Rodríguez e Castor Corral Garrido. Veciños de Curro recolleron os corpos e enterráronos na foxa situada extramuros da igrexa.

Foxas no Cemiterio de Mondoñedo

Nosa Señora do Carme de Mondoñedo. Rúa Julia Pardo Montenegro, 23

En setembro de 1936, foron sacadas cinco persoas do cárcere de Ribadeo, e levadas Ás Voltas de Prado, lugar preto de Mondoñedo no que serían asasinados. Alí foron atopados polos veciños á mañá seguinte. Foron enterrados no cemiterio de Mondoñedo en cinco foxas individuais.

Foxa en O Incio

Rúa Quiroga Ballesteros, 4, 27346 O Incio, Lugo, España

Nesta foxa teríase enterrado a Manuel Díaz González, asasinado no km 11 da estrada Bóveda-O Incio en setembro de 1936, nun lugar coñecido como Casilla da Serra de Eirexalba.

Execucións no Cemiterio de Boisaca

San Caetano de Santiago. Rúa de Boisaca

Ó cemiterio compostelán foron trasladados os condenados por consello de guerra, entre setembro de 1936 e marzo de 1938, onde foron fusilados.

Foxa nos exteriores do cemiterio de San Mamede do Río

San Mamede do Río

Situada no exterior do camposanto, foi o lugar no que permaneceron os restos de José Antonio Rivas Carballés, sacado do seu domicilio e asasinado o 30 de agosto de 1936.

Asasinato dos 11 de Anguieiro, coñecidos coma “Os mártires de Anguieiro”

Lugar de Anguieiro

O 26 e 27 de agosto de 1936, entre outros moitos casos no contexto da sublevación militar, foron detidos en Cangas once homes de idades entre os 16 e os 46 anos, varios militantes do PSOE, CNT ou as JSU, que serían asasinados no lugar de Anguieiro na madrugada do día 28. Na actualidade, existe un monumento no lugar, que periodicamente é protagonista de actos de conmemoración.

Foxa de Lombo do Barco

3MF9+66 Campobecerros, Castrelo do Val, España

Unha foxa localizada na beira dunha pista de servizo das obras da vía férrea entre Campobecerros e Portocamba. Alí foron asasinados tres traballadores portugueses o 20 de agosto de 1936. Un deles sería enterrado alí mesmo, mentres que os outros dous rematarían no cemiterio parroquial de Campobecerros.

Execución de María Vázquez

Santa María de Centroña. Praia de Centroña

O 19 de agosto de 1936 fusilaron na praia de Centroña a María Vázquez Suárez, profesora en Miño. María fora acusada de propagar o amor libre e de enterrar a súa nai cunha cerimonia laica.

Foxa no Cemiterio de A Capela

Santiago de Capela

Localizábase aquí unha foxa común onde descansaron os restos do concelleiro da Frente Popular Francisco Guerreiro Guerreiro e os veciños Joaquín Antón Rodeiro e Manuel Franco Bermúdez. Trátase dos primeiros mortos tralo golpe en As Pontes, executados in situ a mediados de agosto de 1936.

Foxas no Cemiterio de As Pontes

Santa María das Pontes de García Rodríguez. Avenida de Ortigueira, 132

Lugar de enterramento dunha familia de catro membros, detidos e asasinados en agosto de 1936, tras ser saqueada a súa casa nas Barrosas.

Foxa en Seoane do Caurel

LU-651, 24, 27324 Seoane do Courel, Lugo, España

Manuel Cela Macía foi enterrado nesta foxa común, localizada no exterior do cemiterio de Seoane, parroquia de Folgoso do Caurel. Foi asasinado en Teixeira en agosto de 1936.

Prisión no Mosteiro de San Salvador de Celanova

San Rosendo de Celanova

O antigo mosteiro rehabilitouse dende agosto de 1936 parcialmente para servir como cárcere subsidiaria da provincial de Ourense, que se atopaba saturada. En maio de 1938, transformouse en prisión central, procedendo a ocupar todos o espazo dispoñible, en boa medida pola chegada masiva de numerosos presos procedentes da fronte norte. Aínda que o volume da poboación reclusa foi variando durante o período que o centro estivo aberto, aquel estivo, polo xeral, por enriba do millar de individuos, sendo estes, na súa maioría, asturianos. Ao seu peche, en setembro de 1943, os presos foron redistribuídos entre as prisións de Ourense, Santiago, Burgos e Xixón.

Execucións na Ponte do Barqueiro

Santa María de Mogor (Mañón) e San Estevo do Vicedo (O Vicedo)

Logo do golpe de Estado de 1936, esta ponte converteuse no lugar elixido para executar a distintas persoas que posteriormente serían guindadas ao río Sor.

Fuxidas dende Ribadeo

Santa María de Ribadeo. Porto de Ribadeo

O porto de Ribadeo foi lugar de fuxidas por mar durante 1936. Durante aquel verán, unha gasolineira de Ribadeo fuxiu dirección Asturias; nela ían algúns mariñeiros mercantes de arribada naquel porto. A finais de ano, o bou da Armada sublevada Virgen del Carmen, da base naval de Ribadeo e logo da de Pasaia, foi dirixido por dous cabos e un mariñeiro ao porto de Bilbao tras reducir ó seu comandante e ó maquinista.

Fuxida dende Corrubedo

Santa María de Corrubedo. Porto de Corrubedo

No verán de 1936, membros do SOV Noia e Protección Obrera de Porto do Son protagonizaron unha fuxida dende Corrubedo ata Ribadeo-Castropol, onde son detidos e asasinados os dous tripulantes, entre eles o sindicalista Francisco Lemiña.

Fuxida no Portiño

San Pedro de Visma. Lugar do Portiño

Dende finais de febreiro de 1937, comezouse a preparar un dos intentos de fuxida máis sonados da área coruñesa. Na mañá do día 3 de marzo, os libertarios vilagarciáns Luis Costa García e José Rodríguez Arias, xunto con outro compañeiro, de nome Ignacio, entraron en dous bous, as parellas dos "Miguelín", fondeadas no porto da Coruña coa intención de, coa colaboración da tripulación, facerse co seu control unha vez estivesen en mar aberto. Deste xeito, haberían de achegarse ao Portiño –unha enseada próxima á cidade coruñesa pero relativamente afastada de núcleos de poboación– para recoller o continxente de persoas que alí agardaría durante a noite, entre oitenta e algo máis dun cento, segundo as fontes consultadas. Secasí, o plan de fuxida quedou frustrado ao verse alertada a Garda Civil sobre o mesmo. Os escondidos nos barcos tiveron que escapar rapidamente do porto. Mentres, no Portiño, o continxente que alí agardaba foi sorprendido pola batería do Monte de San Pedro, que irrompeu no lugar berrando "¡Viva España!", "¡Arriba España!" e "¡Manos Arriba!". Algúns conseguiron saír a mar aberto coas bucetas que tiñan preparadas para trasladarse aos barcos asaltados; houbo tamén quen decidiu botarse ao mar e nadar. Aínda que non é posible precisar o número exacto de falecidos por afogamento ou polos disparos da Garda Civil, documéntanse, polo menos, tres. Por outro lado, durante aquela noite serían detidas vinte e sete persoas, e unha máis adiante, xulgadas posteriormente por rebelión militar e das que dezaseis foron condenadas a morte, dez a cadea perpetua, e dúas a quince anos de prisión. As execucións tiveron lugar o 9 de xullo e o 9 de outubro de 1937.

Prisión no Mosteiro de Santa María de Oseira

Santa María a Real de Oseira

Lugar habilitado como prisión ante o colapso da provincial, os varios depósitos e o Mosteiro de Celanova, a partir do verán de 1936. Os presos serían forzados a traballar na reconstrución do mosteiro, que aproximadamente tería albergado ao mesmo tempo entre douscentos e trescentos. A súa clausura produciuse a comezos de 1938.

Foxa no Cemiterio de Ortoño

San Xoán de Ortoño

No seu recinto estaba localizada unha foxa que contiña os restos de seis persoas coñecidas como "Os homiños de Boimorto". En agosto de 1936, na Curva de Batáns, apareceron mortos.

Fuxida no San Xosé número 2

San Pedro de Palmeira. Lugar de Insuela

O 27 de xullo de 1936, a lancha a motor, que fora requisada previamente polo alcalde de Boiro, transportou a dezanove persoas de tódalas tendencias, entre elas, o deputado de Izquierda Republicana, Elpidio Villaverde, e ós alcaldes de Boiro e A Pobra. Chegaron a Leixões (Matosinhos, Portugal) ao día seguinte.

Fuxidas dende o Porto de Muros

San Pedro de Muros. Porto de Muros

O Porto de Muros foi escenario de varios episodios de fuxida durante a Guerra Civil. Primeiro, o 26 de xullo de 1936, os bous Santa Eulalia e Santa Rosa puxeron rumbo a Bilbao con corenta e sete fuxidos, entre eles, os alcaldes de Muros e Noia. Os protagonistas eran de tódalas tendencias políticas e sindicais da bisbarra Noia-Muros-Santiago. A segunda produciríase en 1938, co bou Melenchu: aproveitando unha recalada en Muros, esta nave coruñesa fuxiu en xaneiro até o porto de Bordeaux, con quince tripulantes. Os protagonistas estaban vinculados co SIP e a CNT da Coruña.

Fuxida do buque Don Tomás

Santa María de Lieiro. Porto de San Cibrao

O 23 de xullo de 1936, o barco púxose en fuxida desde San Cibrao cara ó porto de Avilés.

Fuxida do buque Arkale

San Bartolomeu de Cariño. Porto de Cariño

Na noite do 23 de xullo de 1936, saíu de Cariño coas luces apagadas, deixando en terra á tripulación (agás dous mecánicos) e chegou a Saint Nazaire dous días despois con trinta e oito fuxidos. O suceso foi protagonizado por persoas do Sindicato da Industria Pesqueira e IR de Cariño, o PSOE de Ferrol, a CNT de Viveiro, a CNT do Barqueiro e a CNT de Xixón.

Clausura e apropiación do Local da CNT na Coruña

Rúa Emilia Pardo Bazán, 27, 15005 A Coruña, España

Local auto-construído pola Federación Local Obrera da CNT da Coruña. Exerceu como núcleo da resistencia ao golpe militar de xullo de 1936 na cidade e foi finalmente incautado para o sindicalismo vertical.

Execucións na Volta da Moura

San Estevo de Budiño. Lugar do Cerquido

Lugar de execución, en xullo de 1936, de Víctor Valverde Mayo, José Juan Teijeira Coto, Saturnino Álvarez Sotelino. Nemesio Álvarez, Ramón Vázquez Martínez, José Fernández Miniño, Antonio González Pazos, Arturo Saloña Muro e Joaquín Alonso Granados, veciños asasinados logo de ser sacados das súas casas.

Campo de concentración de Camposancos

Santa Isabel de Camposancos. Lugar da Pasaxe

En Camposancos, habilitaríase dende xullo de 1936 un campo de reclusión localizado no Convento e Colexio dos Xesuítas do lugar, e do que existen rexistros ata novembro de 1939. Cunha capacidade para 868 residentes, superou amplamente os dous millares. No cemiterio da mesma parroquia, documéntase o enterramento de prisioneiros falecidos no campo, ademais doutros executados.

Clausura e apropiación do Centro Obreiro de Cultura e queimas de libros

Praza de Amboaxe, R. Real, 156, 158, 15402 Ferrol, A Coruña, España

Nos lugares nos que triunfou o golpe de Estado ou posteriormente foron caendo baixo o control das forzas sublevadas, comezaron a producirse incautacións e destrución de libros pertencentes a bibliotecas públicas e privadas, considerados perigosos e perniciosos polas súas ideas amorais, subversivas e, en xeral, alleas á Nueva España. Do mesmo xeito, tamén se deu a persecución dos seus posuidores, así coma mestres, bibliotecarios, editores e libreiros. O Centro Obreiro de Cultura da cidade de Ferrol, que posuía a única biblioteca pública da poboación, foi clausurado e depurado despois do golpe. Os seus libros foron almacenados nun soto até que o concello de Ferrol exercitou os seus dereitos sobre a colección. Os que non sobreviviron á purga poida que foran queimados nalgunha das fogueiras que se rexistraron en prensa no mes de agosto de 1936, en lugares como a Plaza de Armas ou a Plaza de Amboage. A posesión de libros considerados pornográficos ou de ideas extremistas tamén foi cargo agravante en causas militares, como as que se incoaron contra Ramón Romero Castro (en cuxa casa se atoparon "varios libros de carácter comunista") e Vicente Díaz Veiga (sorprendido, onde permanecía oculto, con folletos de carácter político e exemplares da revista valenciana "Estudios", confundidos con pornografía polas súas atrevidas portadas) en Ferrol. En decembro de 1936, a Junta Técnica del Estado promulgou un decreto que declaraba ilícitas tódalas publicacións socialistas, comunistas, libertarias, pornográficas e disolventes, polos males que causaran ata o de entón na sociedade, difundindo nela unha serie de ideas que levaran ao conflito civil. Esta, coas accións antes descritas e as disposicisións que seguirían, eran boa mostra da censura e represión cultural imposta polo réxime para eliminar calquera tipo de contestación sociopolítica.

Resistencia na Porta do Sol

Centro. Praza Porta do Sol

O 20 de xullo de 1936, no momento no que se está a ler o bando de guerra ante os vigueses alí congregados, afirmando así a determinación dos militares de render a praza en favor dos sublevados, o obreiro Manuel Lence intentou arrebatarllo ao orador. Inmediatamente foi executado polos militares, igual que outros catorce, alí mesmo. Tamén se notificaron feridos.

Campo de concentración de A Escollera

Arsenal Militar

Localizado no arsenal da cidade ferrolá, nas naves que lle dan nome, estivo operativo, polo menos, dende xullo de 1936 ata abril de 1939. Tamén se empregaron os buques Contramestre Casado, Plus Ultra e Genoveva Fierro para confinar prisioneiros nalgún momento.

Foxa de Cereixido

Pq, Cereixido, 24, 27329 Cereixido, Lugo, España

Foxa común ao lado da igrexa de Cereixido, fóra da área do cemiterio parroquial. Localizáronse os restos de seis individuos, executados en outubro de 1936: Aureliano Rodríguez Arias, Ovidio Rodríguez López, Germán Fernández Prada, José Díaz, Manuel Feás Álvarez, José Díaz González e Manuel Fernández Delgado, todos naturais dos concellos ourensáns da Rúa e Vilamartín de Valdeorras. Escapados á montaña para fuxir da violencia golpista desatada na comarca de Valdeorras, foron sorprendidos por falanxistas e a Garda Civil nun palleiro, que incendiaron para facelos saír. Os que non morreron abrasados, fixérono por impacto de bala no cranio, nas inmediacións do lugar.

Edición de “El Mundo Obrero” en Casa dos Buzos

San Xulián de Mugardos

Lugar de edición clandestina de “El Mundo Obrero” tralo golpe de Estado de 1936. Os membros/as da familia dos Buzos colaboraron coa guerrilla de diferentes xeitos: o irmán varón maior integrouse dende ben cedo no monte, o menor actuou como enlace, xunto coas súas irmáns Fina e Marita, mentres que Dina colaborou transportando armas de Francia a Pamplona. Cando as presións se fixeron máis fortes, as tres mulleres pasaron ás filas da guerrilla do monte.

Refuxio no Muíño de Clarisa Rodríguez

9XRF+92 O Meiral, España

Un dos muíños da aldea do Meiral, propiedade de Clarisa Rodríguez, funcionou como lugar de acollida da guerrilla do monte a partir do golpe de Estado de 1936. O seu labor como guerrilleira da chaira levou á muiñeira á cadea en dúas ocasións.

A Fortaleza

San Miguel de Santigoso. Lugar de Soulecín

Tratábase da casa dos Rodríguez López, que ficaron no punto de mira dos sublevados tras o golpe de Estado por motivos ideolóxicos e foron executados o 1 de outubro de 1939. Algúns dos irmáns varóns mobilizáronse coa guerrilla, outros foron apresados, e os pais resultaron fusilados. A casa converteuse nun punto de apoio moi importante para a guerrilla entre 1939 e 1946, chegando a pasar por alí a maioría das/os membros da Federación de Guerrillas de León-Galicia. Dúas irmás traballaron como axentes do servizo de información republicano da Federación, pasando varias veces pola cadea e uníndose despois ás filas da guerrilla. Consuelo Rodríguez López (Chelo), foi a única supervivente dos nove membros da familia; tras saír da actividade guerrilleira, viviu na clandestinidade en Madrid, e no exilio en Francia despois. Esta área do sueste galego destaca pola súa intenta actividade guerrilleira, funcionando unha serie de campamentos que, baixo a denominación de Cidade da Selva, serían postos en marcha nos montes de Casaio pola Federación de Guerrillas de León-Galicia, dende 1942 ata 1946, cando a Garda Civil neutralizou a maior parte dos seus efectivos.

Refuxio na Casa-Escola de Fruíme

San Martiño de Fruíme

Nas inmediacións da casa-escola de Fruíme (localizada ás aforas da aldea) agocháronse algúns fuxidos coa axuda da mestra da escola, Antonia de la Torre Martínez. Antonia era mestra en Lousame dende o 1916, e continuou co seu labor ata o 1964. Con ela colaboraron o crego de San Martiño de Fruíme, Xosé Quintillán, o médico das minas de San Finx, Teo Hidalgo, e Blanca Rodríguez Vicente, labrega natural de Leiro (Rianxo) que funcionou como enlace coas fuxidas/os.

Refuxio na Casa de María Otero González (caída das Atochas)

Montealto. Rúa Atocha Alta, 55

Parte da rede de casas do anarquismo clandestino coruñés. A súa casa foi un lugar de acollida de anarquistas fuxidas/os e perseguidas/os, como Elisa Vázquez Rozas, Fernando Caamaño Pérez, Carlos Míguez Pérez, Jesús Rodríguez, José González ou Rogelio González. María Otero foi tamén enlace do anarquista grego Antonio Fournarakis, alcumado como “El Viejo”, colaborando na labor de reconstrución das FAI. María foi asasinada na madrugada do 10 de xullo de 1937, durante o episodio da caída das Atochas.

Execucións na Ponte do Bibei

Santa Isabel da Enciñeira e Nosa Señora Concepción de Mendoia

A ponte sobre o río Bibei foi empregada como lugar de execución das vítimas da violencia golpista dende xullo de 1936, e tamén como medio para desfacerse dos corpos ao tiralos ao río.

Execucións na Igrexa do Val

Santa María a Maior do Val

Lugar de fusilamento no concello de Narón. Os primeiros mortos foron tres paisanos o 19 de agosto de 1936, logo un corneta o 29 de agosto, posteriormente o 30 de novembro varios tripulantes do vapor Dómine, logo trinta e dous tripulantes do acoirazado España o 26 de decembro e, finalmente, dous tripulantes do Contramestre Casado, o día 27 de decembro de 1936.

Foxas no Cemiterio de Vilarraso

San Lourenzo de Vilarraso

Podería tratarse dun dos maiores lugares de enterramento das vítimas da violencia golpista en Galicia, cun marco cronolóxico comprendido entre 1936 e 1938. As investigacións indican que polo menos serían unhas 35 persoas, entre as que se atoparían Mercedes Romero Abella (profesora coruñesa), Florentino Rodríguez Palacios (alcalde socialista de Aller, Asturias) ou Cesáreo Méndez Vázquez (cenetista da Coruña). Algúns dos corpos enterrados en Vilarraso terían aparecido no entorno do río Mandeo, logo de ser guindados dende a Ponte da Castellana, no mesmo concello.

Antiga prisión provincial da Coruña

Monte Alto. Paseo Marítimo Alcalde Francisco Vázquez, 43

Dende o golpe de estado de 1936 e ata a chegada da democracia, o cárcere provincial da Coruña foi, como outros, lugar de reclusión e axustizamento de numerosos presos políticos.