Revolta contra a repoboación do monte comunal de Escornabois

Revolta contra a repoboación do monte comunal de Escornabois

Resistencias civís non organizadasMulleresFranquismo (51-75)

En outubro de 1953, Patrimonio Forestal del Estado comezou os traballos de repoboación no que ata entón era o monte comunal de Escornabois. Nada máis facelo, un grupo de veciños presentouse no lugar, logrando paralizar a plantación. A situación continuou varios días, ata que a Guardia Civil detivo a sete veciños. Entón, o 23 e 24 de outubro de 1953 foi un nutrido grupo de mulleres, veciñas de Escornabois, quen impediu a realización dos traballos de repoboación, enfrontándose ás forzas de orde para tratar de freala. Para seguir co traballo foi precisa a presenza de trinta efectivos de gardas, distribuídos en outeiros e lugares de acceso. Só así as autoridades lograron conter á veciñanza, despois de deter a dúas mulleres significadas.

Fontes

FREIRE, Araceli, "En defensa de lo suyo. Propiedad forestal y conflictividad social durante el franquismo: los montes vecinales de Cerceda (A Coruña)", Universidade de Santiago de Compostela, Santiago de Compostela, 2011, 98 e segs. RICO, Eduardo, "El Estado en los montes: intervención pública y respuestas sociales en torno al manejo de los recursos naturales' en Gerónimo de Uztariz", 19, 2003, 77-96.

Notas

Por non contar cunha localización máis precisa, as coordenadas refírense á igrexa parroquial de Santa María de Escarnabois.

Santa María de Escarnabois, Trasmiras
/ OURENSE