Resistencia contra a construción do encoro de Castrelo de Miño

Resistencia contra a construción do encoro de Castrelo de Miño

Resistencias civís organizadasFranquismo (51-75)

En xuño de 1966, Castrelo de Miño viviu un importante conflito pola gran diversidade de actores e segmentos sociais mobilizados. A causa: o proxecto de construción dun encoro a cargo de FENOSA que anegaría un val de gran riqueza produtiva. A oposición ás obras levouse a cabo entre a veciñanza cun alto grado de organización e cun amplo abano de accións de protesta, que incluíron accións directas como a concentración da veciñanza ante as máquinas para impedir os traballos, o lanzamento de maquinaria ao Miño e poida que incluso a queima das oficinas de FENOSA instaladas para as obras. Entre os segmentos mobilizados atopáronse tamén médicos, estudantes, cregos e escritores, que enviaron en xuño de 1966 unha carta de repulsa ao Goberno de España. A mobilización contou tamén co apoio de organizacións como a UPG, as CCOO e o PC, que no tempo daba os primeiros pasos cara á conformación das Comisións Campesiñas.

Fontes

GÓMEZ, José, As CCOO de Galicia e a conflictividade laboral durante o franquismo, Edicións Xerais, Vigo, 1995, 127 e segs. CABANA, Ana; LANERO, Daniel, "Movilización social en la Galicia rural en el tardofranquismo (1960-1977)", Historia Agraria, 48, 2009, 111-132. REGUERA, Arturo, Castrelo de Miño: loita, represión, espolio, desastre ecolóxico, desastre humano, Fundación 10 de marzo, Santiago de Compostela, 2016.

Santa María de Castrelo de Miño, Castrelo de Miño
/ OURENSE