Detención do Foucellas en Rodeiro

Detención do Foucellas en Rodeiro

GuerrillaFranquismo (51-75)

O 9 de marzo de 1952, Benigno Andrade García “Foucellas”, foi detido na base en Rodeiro, daquela Concello de Oza dos Ríos, e actualmente, Concello de Oza-Cesures. Finalizaba así a súa actividade guerrilleira, que se iniciara trala súa fuxida ao monte logo do golpe de Estado de 1936. Condenado a morte por consello de guerra en xuño de 1952, sería executado por medio do garrote vil a comezos de agosto.

Fontes

LAMELA, Luis, "Foucellas", el riguroso relato de una lucha antifranquista, Ediciós do Castro, Sada, 1992.

Notas

Por non contar con coordenadas máis precisas, elíxese a parroquial de Santa María de Rodeiro.

Lugar Igrexa, 2, 15386 A Igrexa, A Coruña, España, A Igrexa
/ Galicia