Antiga prisión provincial da Coruña
Dende o golpe de estado de 1936 e ata a chegada da democracia, o cárcere provincial da Coruña foi, como outros, lugar de reclusión e axustizamento de numerosos presos políticos.
Estado
En 2015, o Proxecto Cárcere e a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica impulsan o blog Memoria do Cárcere, proxecto que pretende recuperar e poñer en valor, a partir de testemuñas e documentación, a memoria das condicións dos presos políticos na cárcere da Coruña.
Fontes
MEMORIA DO CÁRCERE, Antiga Prisión Provincial da Coruña, 2022, https://memoriadocarcere.com, 07/08/2022. GARCÍA ROMAY, Minerva, Antiga Prisión Provincial da Coruña, 2017, https://antiguaprisionprovincialcoruna.wordpress.com/, 18/10/2022. GRANDÍO, Emilio (ed.), Anos de odio. Golpe, represión e Guerra Civil na provincia da Coruña (1936-1939), Deputación da Coruña, A Coruña, 2007.