Refuxio no Balneario
Lugar de refuxio e reunión da guerrilla, polo menos desde 1939. Neste refuxio estivo agochada ata o seu desmantelamento, no ano 1946, Carmen Fernández Seguín, militante do PCE dende o 1932 e guerrilleira da chaira. Durante o seu tempo de estancia no Balneario, traballou en labores como a elaboración e modificación de armas para a guerrilla. Os seus fillos actuaron como enlace, e no 1947 pasaron á guerrilla do monte. Carmen foi apresada en Ávila no 1950 portando armas para a guerrilla.
Fontes
CES, Pablo, As Silenciadas [documental], MrMisto films, 2010.
Notas
As coordenadas correspóndense cun punto aleatorio de Coalloso, por non poder ser más específicos.