Prisión no Mosteiro de San Salvador de Celanova

Prisión no Mosteiro de San Salvador de Celanova

Prisións e torturasGuerra Civil (36-39)

O antigo mosteiro rehabilitouse dende agosto de 1936 parcialmente para servir como cárcere subsidiaria da provincial de Ourense, que se atopaba saturada. En maio de 1938, transformouse en prisión central, procedendo a ocupar todos o espazo dispoñible, en boa medida pola chegada masiva de numerosos presos procedentes da fronte norte. Aínda que o volume da poboación reclusa foi variando durante o período que o centro estivo aberto, aquel estivo, polo xeral, por enriba do millar de individuos, sendo estes, na súa maioría, asturianos. Ao seu peche, en setembro de 1943, os presos foron redistribuídos entre as prisións de Ourense, Santiago, Burgos e Xixón.

Estado

Memorializado cunha placa.

Fontes

RODRÍGUEZ, Domingo, "La antigua prisión del Monasterio de Celanova, 1936-1943. Un análisis de la población reclusa", Minius: Revista do Departamento de Historia, Arte e Xeografía, 1995, 103-116. RODÍGUEZ, Domingo, Presos e prisións na Galicia de guerra e posguerra (1936-1945), Editorial Galaxia, Vigo, 2010, 88-109.

San Rosendo de Celanova, Celanova
/ OURENSE