Mobilización veciñal na Praza de Armas

Mobilización veciñal na Praza de Armas

Movementos feministas e LGTBIQ+Resistencias civís organizadasMulleresTransición (75-78)

Unhas dúas mil persoas concentráronse na Praza de Armas de Ferrol o día 13 de setembro de 1977, convocadas polas asociacións veciñais da cidade para manifestar a súa oposición á venda de bens públicos municipais como solución para a situación de crise financeira que sufría o concello. Tamén se emitiron outras reclamacións, como a inmediata legalización das asociacións veciñais, aínda en situación irregular. Rematouse cantando o Himno Galego.
Esta praza tamén fora, un ano antes, lugar de concentración dos veciños de Ferrol: uns catro mil reuníranse neste lugar para protestar polas deficiencias do servizo de augas dalgúns barrios da cidade (Canido, Caranza, Inferniño, Ensanche, San Juan-Bertón e Santa Cecilia). Do mesmo xeito, tamén se denunciaría o non recoñecemento legal das asociación veciñais. Neste acto, a Asociación de Galega de Mulleres tamén estivo representada entre as manifestantes.

Fontes

MARTÍNEZ, Fátima, Cuando la ciudad latía: el movimiento vecinal en Galicia (1964-1982) [tese de doutoramento], Universidad Complutense de Madrid, Madrid, 2021, 121 e 231-233.

Magdalena. Praza de Armas, Ferrol
/ A CORUÑA