Fuxidas dende o porto de Malpica

Fuxidas dende o porto de Malpica

FuxidasGuerra Civil (36-39)

O porto de Malpica foi lugar de fuxidas marítimas durante a Guerra Civil con gran protagonismo da CNT e a IR da vila. Primeiro, a finais de xullo de 1937, produciuse a fuxida de once persoas, en dirección Douarnenez, por medio da sardiñeira Ciudad de Montevideo. Ao ano seguinte, tiveron lugar dous novos episodios: en agosto, aproveitando as festas da vila, vinte e seis homes emprenderon a fuxida na sardiñeira San Adrián, que os levou ata a Audierne, para logo pasaren a territorio republicano. En setembro, embarcaron na sardiñeira Rocío, con destino Brest.

Fontes

PEREIRA, Dionisio, Loita de clases e represión franquista por mar, Edicións Xerais de Galicia, Vigo, 2010, 473 e 476.

San Xulián de Malpica de Bergantiños. Porto de Malpica, Malpica de Bergantiños
/ A CORUÑA