Foxas no Cemiterio de Vilarraso

Foxas no Cemiterio de Vilarraso

FoxasGuerra Civil (36-39)

Podería tratarse dun dos maiores lugares de enterramento das vítimas da violencia golpista en Galicia, cun marco cronolóxico comprendido entre 1936 e 1938. As investigacións indican que polo menos serían unhas 35 persoas, entre as que se atoparían Mercedes Romero Abella (profesora coruñesa), Florentino Rodríguez Palacios (alcalde socialista de Aller, Asturias) ou Cesáreo Méndez Vázquez (cenetista da Coruña). Algúns dos corpos enterrados en Vilarraso terían aparecido no entorno do río Mandeo, logo de ser guindados dende a Ponte da Castellana, no mesmo concello.

Estado

En xullo de 2011, colocouse un monumento en homenaxe ás vítimas. En 2018, recuperáronse os restos mortais de ata 21 asasinados.

Fontes

GRANDÍO, Emilio; FERNÁNDEZ, Eliseo, "A fosa do cemiterio de Vilarraso (Aranga), CRMHAC, A Coruña, 2011. MOLEDO, A, "Aranga 'exhuma' su memoria", La Opinión de A Coruña, 14/04/2018, https://www.laopinioncoruna.es/galicia/2018/04/14/aranga-exhuma-memoria-24079805.html, 14/08/2022. S.A., "Historiadores identifican a 9 republicanos enterrados en Aranga", La Opinión de A Coruña, 22/02/2009, https://www.laopinioncoruna.es/galicia/2009/05/22/historiadores-identifican-9-republicanos-enterrados-25323974.html, 14/08/2022. MINISTERIO DE LA PRESIDENCIA, RELACIONES CON LAS CORTES Y MEMORIA DEMOCRÁTICA, "Fosa en el Cementerio de Vilarraso", Mapa de fosas del Ministerio de la Presidencia, Relaciones con las Cortes y Memoria Democrática, 2022, https://www.mpr.gob.es/memoriademocratica/mapa-de-fosas/Paginas/visorfosas.aspx?fid=2481, 14/08/2022. PRADA RODRÍGUEZ, Julio, Geografía de la represión en Galicia, Catarata, Madrid, 2011, 173 e segs.

San Lourenzo de Vilarraso, Aranga
/ A CORUÑA