Execucións na área Punta Herminia – Campo da Rata

Execucións na área Punta Herminia – Campo da Rata

Lugares de execuciónGuerra Civil (36-39)

A área Punta Herminia – Campo da Rata, no entorno na Torre de Hércules, constitúe un dos puntos de maior número de fusilados de toda Galicia -documéntanse ata sesenta e catro vítimas- durante a Guerra Civil, especialmente por ser anexa ás instalacións do Cárcere Provincial coruñés.

Estado

Conmemorado mediante monumentos. O primeiro deles, “Menhires pola Paz”, obra do escultor Monolo Paz, instalaríase no lugar en 1994, cunha evidente connotación céltica e outra máis vaga alusión aos acontecementos que se produciron dende xullo de 1936. No ano 2001, erixiuse un cromlech deseñado por Isaac Díaz Pardo, e que, sen renunciar á entidade céltica da obra de Paz, xa constituiría unha homenaxe explícita ás vítimas da violencia golpista. Acompañábao unha inscrición: "Inmolados nestes campos frente ao mar tenebroso por amar causas xustas. Presentes na lembranza do povo e do seu concello da Coruña." Xa no ano 2010, inaugurouse un novo conxunto monumental nun espazo verde da Avenida de Navarra, obra de Xosé Val e baixo o título “Xermolos de Paz e Liberdade”, composto por placas de pedra nas que figura os nomes de tódolos represaliados na cidade e na comarca entre 1936 e 1939, uns seiscentos, acompañados do seguinte texto: Xermolos de paz e liberdade./ Memorial ás vítimas da represión franquista nos/ concellos da Coruña, Abegondo, Arteixo, Bergondo/ Betanzos, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e/ Sada, inaugurado o 19 de decembro de 2010./ Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña./ Ministerio da Presidencia.

Fontes

GRANDÍO, Emilio, "Cando a memoria é un lugar. Punta Herminia (A Coruña)", en Emilio Grandío Seoane (coord.), Pasado arrincado. Lugares de memoria democrática en Galicia, Editorial Galaxia, Vigo, 2024, 15-58. CASTIÑEIRA, Ángel, "Multitudinaria inauguración del monumento a los fusilados", La Voz de Galicia, 15/04/2016, https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/2016/04/15/multitudinaria-inauguracion-monumento-fusilados15-abril-2001/0003_201604H15C109925.htm, 17/08/2022. CASADO-NEIRA, David, "Los lugares en tensión. Hacia una búsqueda de los paisahes de muerte del franquismo", Sociología y tecnociencia: Revista digital de sociología dl sistema tecnocientífico, 10, 1, 2020, 46-71, https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=7388166, 09/08/2022. NOMES E VOCES, "Lugares de morte: falecidos/as polos fusilamentos ordenados pola autoridade militar", NOMES E VOCES, 2022,

A Torre. Paseo dos Menhires, A Coruña
/ A CORUÑA