Coloquio Rexional das Parroquias no Mosteiro de San Xoán de Poio

Coloquio Rexional das Parroquias no Mosteiro de San Xoán de Poio

Movementos feministas e LGTBIQ+IgrexaMulleresTransición (75-78)

A finais de xaneiro de 1976, celebrouse no Mosteiro de San Xoán de Poio o “Coloquio Rexional das Parroquias”, organizado pola diocese de Ourense. O tema do encontro foi “a muller galega”, asistindo máis de duascentas persoas, e no que participou Engracia Vidal, monxa de Ferrol comprometida co feminismo e impulsora da revista Encrucillada. Destacan tamén outros nomes coma o da xurista Elvira Landín ou a avogada Mercedes Suárez Díaz. Con este evento, deixábase ver a tímida reclamación de dereitos para a muller dende a cristiandade de esquerdas.

Fontes

BAR, Mónica, Feministas galegas. Claves dunha revolución en marcha, Edicións Xerais, Vigo, 2010, 93-94.

San Xoán de Poio. Rúa do Convento, s/n., Poio
/ PONTEVEDRA