A Fortaleza

A Fortaleza

Lugares de execuciónGuerrillaMulleresGuerra Civil (36-39)

Tratábase da casa dos Rodríguez López, que ficaron no punto de mira dos sublevados tras o golpe de Estado por motivos ideolóxicos e foron executados o 1 de outubro de 1939. Algúns dos irmáns varóns mobilizáronse coa guerrilla, outros foron apresados, e os pais resultaron fusilados. A casa converteuse nun punto de apoio moi importante para a guerrilla entre 1939 e 1946, chegando a pasar por alí a maioría das/os membros da Federación de Guerrillas de León-Galicia. Dúas irmás traballaron como axentes do servizo de información republicano da Federación, pasando varias veces pola cadea e uníndose despois ás filas da guerrilla. Consuelo Rodríguez López (Chelo), foi a única supervivente dos nove membros da familia; tras saír da actividade guerrilleira, viviu na clandestinidade en Madrid, e no exilio en Francia despois.

Esta área do sueste galego destaca pola súa intenta actividade guerrilleira, funcionando unha serie de campamentos que, baixo a denominación de Cidade da Selva, serían postos en marcha nos montes de Casaio pola Federación de Guerrillas de León-Galicia, dende 1942 ata 1946, cando a Garda Civil neutralizou a maior parte dos seus efectivos.

Estado

Existe unha lápida colocada polo concello en 2004.

Fontes

CES, Pablo, As Silenciadas [documental], MrMisto films, 2010.MARCO, Aurora, Mulleres na guerrilla antifranquista galega, Edicións Laiovento, Ames, 2011.MANDIÁ, Diana, "El silencio de las guerrilleras", EL PAÍS, 06/09/2011, https://elpais.com/diario/2011/09/06/galicia/1315304302_850215.html, 19/10/2022.

San Miguel de Santigoso. Lugar de Soulecín, O Barco de Valdeorras
/ OURENSE