+ Recursos

+ recursos

Pasado arrincado. Lugares de memoria democrática en Galicia

Esta obra colectiva reúne unha serie de traballos que pretenden contribuír ao esforzo de recuperación da memoria democrática da Galicia do século XX. Punta Herminia, o Pazo de Meirás, Malpica, a foxa do Acebo, Pontesampaio, o Monte da Madroa, o edificio Ribainsa Uno de Vilagarcía e a Facultade de Económicas da Universidade de Santiago de Compostela, compoñen un rico acervo de espazos físicos e tanxibles do país cos que se busca ampliar o recordo da violencia represiva do franquismo, pero tamén recuperar a moitos esquecidos –e esquecidas– que fixeron camiño na consecución dos dereitos e liberdades dos que hoxe gozamos.

Guía docente - Pasado arrincado. Lugares de memoria democrática en Galicia

Unha guía docente coa que se facilita o traslado dos resultados dos proxectos de Memorias Vivas a propostas didácticas para as aulas da Educación Secundaria Obrigatoria e do Bacharelato. Seguindo metodoloxías empíricas e motivadoras para o desenvolvemento dos contidos curriculares da historia do século XX, este recurso oriéntase ao fomento de valores cívicos e democráticos e á integración do alumnado nos procesos históricos globais a partir de aspectos propios da súa contorna máis inmediata. Do mesmo xeito, a guía enmárcase nas orientacións fixadas pola actual Lei de Memoria Democrática.