Xornada Nacional pola Autonomía en Ourense

Xornada Nacional pola Autonomía en Ourense

Resistencias civís organizadasTransición (75-78)

O 4 de decembro de 1977, Xornada Nacional pola Autonomía en toda Galicia, arredor de dez mil persoas marcharon por Ourense en manifestación reivindicando a autonomía de Galicia dentro do novo deseño democrático. A manifestación, que rematou na Alameda e que foi paralela a outras grandes mobilizacións nas principais cidades galegas, foi no momento a máis numerosa na cidade dende o golpe de Estado de 1936. Contou coa participación de Eduardo Blanco Amor como orador.

Fontes

"Orense: 'Os líderes estan de máis cando a moitedume se convirte en protagonista' dijo Eduardo Blanco Amor a los manifestantes (unos diez mil)", La Voz de Galicia, 06/12/19977, 47.

Notas

A fotografía correspóndese coa estatua de Eduardo Blanco Amor, a escasos metros da Alameda, nos Xardíns Bispo Cesáreo, aínda que sen referencias ao episodio referido.

Ourense Centro. Parque da Alameda, Ourense
/ OURENSE