Sabotaxe nos Cines do Salón Teatro e Sala Iago
En 1978, co gallo do Oito de Marzo, algunhas feministas compostelás organizáronse para facer sabotaxe a dous filmes eróticos proxectados nos Cines do Salón Teatro e na Sala Iago: “Emmanuelle” e “Historia de O”, ambas do director francés Just Jaeckin. Os carteis de ambos foron cubertos con pancartas con inscricións en protesta pola cousificación dos corpos femininos.
Fontes
COORDINADORA NACIONAL DE ORGANIZACIÓNS FEMINISTAS, "1978 [8 de marzo]", Revista Andaina, 17, 3/1989, 4-5, http://consellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_ig_pub2000_Andaina-I_17.pdf, 14/08/2022.