Revolta para recuperar o trigo nas parroquias de Tordoia

Revolta para recuperar o trigo nas parroquias de Tordoia

Resistencias civís non organizadasPosguerra (39-51)

En novembro de 1943, labregos de Gorgullos, Castenda, Numide e Leobalde dispuxéronse a recuperar o trigo do almacén local do SNT, entregado previamente en condición de cota forzosa. O motín concentrouse nos arredores do almacén e, tras graves incidentes, conseguiu o seu obxectivo de recuperar o gran, sen conseguir detelos a intervención das autoridades.

Fontes

CABANA, Ana, Entre a resistencia e a adaptación. A sociedade rural galega no franquismo (1936-1960) [tese de doutoralmento], Universidade de Santiago de Compostela, Santiago de Compostela, 2006, 162.

Notas

Por non contar cunha localización máis precisa, as coordenadas refírense á Casa do Concello de Tordoia.

Cabaleiros, Tordoia, 0, 15683 Pontepedra, A Coruña, España, Pontepedra
/ A Coruña