Revolta dos traballadores en Vigo

Revolta dos traballadores en Vigo

Resistencias civís organizadasFranquismo (51-75)

En setembro de 1972, os traballadores de Citroën protagonizaron paros parciais nunha das seis naves da empresa, como medio para reclamar a xornada de corenta e catro horas semanais. A patronal reaccionou despedindo a cinco empregados e abrindo expediente a catro, ademais de pechar as portas da factoría. Os obreiros, ante esta situación, acordaron estender a folga ao resto da cidade. Responderon favorablemente empresas como Vulcano, Barreras, Freire, Santodomingo, Refrey, Artiscar, Forjas del Miñor, ASCON-Ríos, Censa, Álvarez, Reyman, Yarza, Aunaval, Ángel Otazo, Alonarti, La Artística, Amante Costas, Plásticos de Galicia, Fumensa,… A consigna era “nin un sancionado, nin un despedido, nin un detido”. Na cidade houbo enfrontamentos entre obreiros e forzas de orde, levantándose barricadas en rúas como Florida, García Barbón, Plaza de España ou Avenida de Madrid. O venres 15, fíxose un chamamento á folga xeral, estendéndose esta á conserveira Massó de Cangas e á téxtil Dresslock en Porriño. Houbo detidos e varios miles de despedimentos. Para o día 25 de setembro, xa só Vulcano quedaba en folga, que se acabaría desfacendo dous días despois.

Fontes

REDONDO, Francisco, Arelas de liberdade na Galiza: galegos perante o Tribunal de Orde Pública (TOPGAL, 1964-1976), Edicións Laiovento, Santiago de Compostela, 2017, 123-126. DOMÍNGUEZ, Mario; LAGO, Pedro; SANTIDRIÁN, Víctor Manuel; GÓMEZ, José, "Organización e mobilización dos traballadores durante o franquismo. A folga xeral de Vigo do ano 1972", Documentos de traballo. Historia, 12, 2001, 5 e segs. LAMAS, Jorge, "¿Qué pasó en la huelga de 1972? El pulso de Vigo a la dictadura", La Voz de Galicia, 13/09/2022, https://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2022/09/13/vigo-echa-pulso-15-dias-dictadura/0003_202209V13C8993.htm, 24/09/2022.

Santa Marta de Balaídos. Rúa de Citroën, 3 e 5, Vigo
/ PONTEVEDRA