Revolta contra o proxecto de Lignitos de Meirama en San Ramón das Encrobas

Revolta contra o proxecto de Lignitos de Meirama en San Ramón das Encrobas

Resistencias civís organizadasMulleresTransición (75-78)

Dende os últimos meses da Ditadura e ata principios de 1977, sucedéronse toda unha serie de protestas en contra do proxecto de Lignitos de Meirama, propiedade de Unión Fenosa, para explotar un xacemento de lignito depositado no subsolo do val agrícola das Encrobas. A súa posta en marcha implicaba o desaloxo dunhas catrocentas familias campesiñas que, sufrindo a expropiación forzosa das terras, recibirían como indemnización cantidades moi por debaixo do valor real daquelas. Durante o mes de febreiro de 1977, documéntanse varios episodios de ocupación das propiedades pola veciñanza do lugar, manifestacións de oposición e resistencia nas que destacou a presenza feminina e a figura do párroco de Sésamo (Culleredo), Ramón Valcarce Vega, e que se saldaron con enfrontamentos coa Garda Civil, agresións e detencións. A actitude dos veciños e a dimensión que acadou o conflito nos medios de comunicación, forzou á empresa a negociar uns prezos asumíbeis.

Estado

Na actualidade, no lugar das Encrobas existe un monumento "a Moncho Valcarce e a todos os que loitaron coa xente das Encrobas na defensa dos seus dereitos".

Fontes

FERNÁNDEZ, Iván, Moncho Valcarce, el cura defensor de Galicia que nadie consiguió silenciar, Quincemil, 06/03/2022, https://www.elespanol.com/Quincemil/articulos/actualidad/moncho-valcarce-el-cura-defensor-de-galicia-que-nadie-consiguio-silenciar, 19/08/2022. HERRERO, Nieves, "As Encrobas: unha memoria expropiada", Novo Século, Iria Flavia, 1995. HERRERO, Nieves, "As mulleres das Encrobas. Álbum de Galicia, Consello da Cultura Galega, 13/06/2011, http://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=29959, 14/08/2022. "As Encrobas: ocho horas de tensións", La Voz de Galicia, 16/02/1977, 29. "Cien campesinos de As Encrobas se concentraron junto a sus fincas", La Voz de Galicia, 22/02/1977, 18.

Notas

As coordenadas son as do monumento a Moncho Valcarce.

San Ramón das Encrobas, Cerceda
/ A CORUÑA