Revolta contra a saída do centeo no Saviñao

Revolta contra a saída do centeo no Saviñao

GuerrillaResistencias civís non organizadasMulleresPosguerra (39-51)

O día 2 de maio de 1946, unhas cento cincuenta veciñas do Saviñao impediron a saída de 41.500 kg de centeo que permanecían no almacén do Servicio Nacional del Trigo de Escairón, reivindicando o seu uso para o abastecemento do pobo. Tras impedir a saída do gran, esa mesma tarde as mulleres de Escairón, xunto con outras de parroquias próximas, formaron unha agrupación de entre catrocentas e quiñentas que permaneceu nas inmediacións do almacén de gran, esixíndolle ao alcalde que impedira que o centeo fora levado do pobo.
O Saviñao tiña, ademais, unha tradición de mantemento e colaboración coa guerrilla, aínda activa nos montes próximos.

Fontes

CABANA, Ana, Entre a resistencia e a adaptación. A sociedade rural galega no franquismo (1936-1960) [tese de doutoralmento], Universidade de Santiago de Compostela, Santiago de Compostela, 2006, 163. SOUTO, María Jesús, "Una 'revuelta de hambre' en la Galicia del Primer Franquismo: O Saviñao", Pasado y Memoria. Revista de Historia Contemporánea, 2, 2003, 241-254. SOUTO, María Jesús, Los apoyos al régimen franquista en la provincia de Lugo (1936-1940). La corrupción y la lucha por el poder, Ediciós do Castro, Sada, 1999, 124-125.

Notas

As coordenadas son as do antigo almacén de trigo.

Rúa Méndez Núñez, 6, 27540 Vilasante, Lugo, España, Vilasante
/ Lugo