Resistencias e execucións no Porto de Ferrol
O porto de Ferrol brindou varios exemplos interesantes de violencia durante a Guerra Civil. O 20 de xullo de 1936, tras coñecerse a declaración do Estado de guerra na Coruña, cabos e mariñeiros do acoirazado España e do cruceiro Almirante Cervera amotináronse contra os mandos, recibindo a axuda de grupos de civís que se uniron aos mariñeiros, que os armaron con fusís. Entre estes grupos civís, había abundante presenza feminina, que entraron nos barcos vestidas con batas brancas e cruces vermellas nos brazos. Algunhas delas: Milagros Nidálguila, Concepción Motouto ou Dolores Mosquera, as tres executadas posteriormente.
Ao ano seguinte, o cruceiro Canarias, en mans dos sublevados, capturou fronte ás costas de Santander o buque mercante Mar Cantábrico, cuxa tripulacións transportaba víveres, armas e municións cara a portos da zona republicana. Forzado a trasladarse a cidade de Ferrol, a metade da mariñeiría sería executada no Arsenal Militar.
Fontes
PRADA, Julio, “La represión sobre las mueres en Galicia. Algunas Claves interpretativas”, en Jesús de Juana López; Julio Prada Rodríguez (dirs.), Nuevas perspectivas en el estudio de la mujer durante el Franquismo, Sílex Universidad, Madrid, 2017, 30-31. SUÁREZ, Xosé Manuel, República y Guerra Civil en Ferrol, Concello de Ferrol, Ferrol, 2002. SUÁREZ, Xosé Manuel, Armas para a República, Edicións Embora, 2007.