Resistencia contra a explotación do areal de Ponte Sampaio

Resistencia contra a explotación do areal de Ponte Sampaio

Resistencias civís non organizadasMulleresFranquismo (51-75)

En Ponte Sampaio, a industrialización da extracción de area da ría para o seu uso na construción en plena expansión urbanística da cidade de Vigo, produciu toda unha serie de protestas lideradas polas mariscadoras da zona nos anos 1965 e 1966. Un tempo despois de que a empresa encargada da extracción comezase o seu labor, e tras facérense evidentes os custos ecolóxicos e económicos que aquilo implicaba para o marisqueo, as mulleres da vila organizáronse nun acto de protesta de acción directa cara ós traballadores, imposibilitando o seu traballo, e deberon facer fronte á Guardia Civil que acudiu ó lugar para disolvelas. Dende entón, a empresa paralizou a extracción, e un ano despois do episodio retirou as máquinas do lugar.

Fontes

CABANA, Ana, "150 mujeres y ningún hombre. Mujeres y protesta en el campo gallego durante el franquismo", Historia Social, 99, 119-138.

Notas

As coordenadas son aproximadas, por non ter máis datos da fonte.

Lugar Xunqueira, 3B, 36690 Pontevedra, España, Pontevedra
/ Pontevedra