Refuxio na Casa-Escola de Fruíme

Refuxio na Casa-Escola de Fruíme

FuxidasIgrexaMulleresGuerra Civil (36-39)Posguerra (39-51)

Nas inmediacións da casa-escola de Fruíme (localizada ás aforas da aldea) agocháronse algúns fuxidos coa axuda da mestra da escola, Antonia de la Torre Martínez. Antonia era mestra en Lousame dende o 1916, e continuou co seu labor ata o 1964. Con ela colaboraron o crego de San Martiño de Fruíme, Xosé Quintillán, o médico das minas de San Finx, Teo Hidalgo, e Blanca Rodríguez Vicente, labrega natural de Leiro (Rianxo) que funcionou como enlace coas fuxidas/os.

Fontes

MARCO, Aurora, "Mulleres e memoria histórica", Consello da Cultura Galega, Álbum de Mulleres, s. d., http://culturagalega.gal/album/mulleres_e_a_memoria_historica.php, 14/08/2022

Notas

As coordenadas correspóndense cun punto aleatorio de Fruíme, por non poder ser más específicos.

San Martiño de Fruíme, Lousame
/ A CORUÑA