Refuxio na Casa de María Otero González (caída das Atochas)

Refuxio na Casa de María Otero González (caída das Atochas)

FuxidasExecuciónsGuerra Civil (36-39)

Parte da rede de casas do anarquismo clandestino coruñés. A súa casa foi un lugar de acollida de anarquistas fuxidas/os e perseguidas/os, como Elisa Vázquez Rozas, Fernando Caamaño Pérez, Carlos Míguez Pérez, Jesús Rodríguez, José González ou Rogelio González.
María Otero foi tamén enlace do anarquista grego Antonio Fournarakis, alcumado como “El Viejo”, colaborando na labor de reconstrución das FAI. María foi asasinada na madrugada do 10 de xullo de 1937, durante o episodio da caída das Atochas.

Fontes

PEREIRA, Dionisio; FERNÁNDEZ, Eliseo, O movemento libertario na Galiza (1936-1976), A Nosa Terra, Vigo, 2006. BLANCO, Carmen, "Memoria de mujeres en lucha contra el fascismo: de Galicia mártir a Galicia libre", L'Âge d'or, 13, 2020, https://journals.openedition.org/agedor/5768#text, 14/08/2022. PRADA, Julio, “La represión sobre las mueres en Galicia. Algunas Claves interpretativas”, en Jesús DE JUANA LÓPEZ, Julio PRADA RODRÍGUEZ (dirs.), Nuevas perspectivas en el estudio de la mujer durante el Franquismo, Sílex Universidad, Madrid, 2017, 52-54.

Montealto. Rúa Atocha Alta, 55, A Coruña
/ A CORUÑA