Prisión de Santa Isabel
O Cuartel de Santa Isabel foi construído a mediados do século XVIII, estendendo a súa vida como tal ata 1925, cando a guarnición de Santiago foi trasladada a Rúa do Hórreo, no actual emprazamento do Parlamento de Galicia. En xaneiro de 1940, foi habilitado como prisión central, acollendo xa neste momento a 1600 presos. O centro mantiña estas cifras en boa medida para 1943, dado o seu papel de receptor dos internos de prisións clausuradas nese tempo. En 1946 pechou as súas portas, sendo os seus 907 presos redistribuídos.
Estado
Desaparecido, a día de hoxe no seu emprazamento localízase o Complexo Deportivo de Santa Isabel, ao lado do campo de fútbol homónimo
Fontes
RODÍGUEZ, Domingo, Presos e prisións na Galicia de guerra e posguerra (1936-1945), Editorial Galaxia, Vigo, 2010. REY, Carlos, Santa Isabel: cuartel, prisión franquista y estadio en Santiago, Quincemil, 01/12/2020, https://www.elespanol.com/Quincemil/articulos/actualidad/santa-isabel-cuartel-prision-franquista-y-estadio-en-santiago, 15/10/2022.