Prisión de Figueirido

Prisión de Figueirido

Prisións e torturasGuerra Civil (36-39)Posguerra (39-51)

Aproveitando as instalacións militares preexistentes, e sen descartar que funcionase de maneira previa como campo de concentración, xa dende maio de 1938, está documentado o traslado de penados procedentes de Asturias, nunha cifra de douscentos cincuenta, sumada ao medio millar de internos que xa estaban alí. Permaneceu aberto ata 1943, ano no que chegou a superar os mil reclusos.

Estado

Memorializado mediente o "Bosque da Memoria", un espazo duns mil metros cadrados próximo ao antigo centro, que foi inaugurado en 2018 plantando dúas árbores e colocando un panel informativo

Fontes

RODÍGUEZ, Domingo, Presos e prisións na Galicia de guerra e posguerra (1936-1945), Editorial Galaxia, Vigo, 2010. PIÑEIRO, Á, "A Regaduxa inaugura o Bosque da Memoria, feito para retratar o cárcere de Figueirido", 20/04/2018, https://www.diariodepontevedra.es/articulo/comarca-de-pontevedra/regaduxa-inaugura-bosque-da-memoria-feito-retratar-carcere-figueirido/20180420000315976433.html, 15/10/2022.

San Martiño de Salcedo, Pontevedra
/ PONTEVEDRA