Praias de Coruxo
Nas praias de Coruxo (Fontaíña, Calzoa, Fechiño) tiveron casa de verán Francisco Fernández del Riego, os irmáns Álvarez Blázquez, Celso Emilio Ferreiro e Plácido Castro. Na casa de Francisco Fernández del Riego tiveron lugar as reunións para a reconstitución do Partido Galeguista a partir de 1943 e a asemblea de 25 de xullo de 1945 no que se nomeou un novo comité executivo do Partido Galeguista. Durante o Franquismo seguiu a ser lugar habitual de xuntanzas do galeguismo.
Fontes
FERNÁNDEZ DEL RIEGO, Francisco, O río do tempo. Unha historia vivida, Sada, Ediciós do Castro, 1990.