Mobilizacións pola morte do estudante Chema Fuentes Fernández a mans da policía

Mobilizacións pola morte do estudante Chema Fuentes Fernández a mans da policía

Resistencias civís organizadasResistencias culturaisFranquismo (51-75)

Na madrugada do 4 de decembro de 1972, un membro da Policía Armada disparou ao estudante de medicina José María Fuentes Fernández, Chema, de vinte anos, causándolle a morte case inmediatamente. A versión oficial, difundida polo Goberno Civil mediante a prensa, sostiña que os axentes perseguían a uns ladróns, que dispararon ao aire e que un deles foi alcanzado de maneira accidental.
Con todo, tanto a evidencia do corpo de Chema, con dous orificios de entrada, como as versións das testemuñas presentes, rexeitaban de plano o relato. Como reacción ao sucedido, nos días seguintes producíronse manifestacións e concentracións de estudantes e veciños da cidade, cortes de tráfico, asembleas e o forzado peche da Universidade. O enterro do rapaz, en Outes, foi un acto multitudinario. A esixencia de depuración de responsabilidades tamén se pediu por parte do Colegio de Médicos de Galicia, o padroádego da Universidade ou asociacións de mulleres católicas, chegando no Correo Gallego a esixirse unha investigación independente. En xullo de 1973, celebrouse o xuízo contra o axente responsábel, que foi acusado de asasinato con aleivosía e, finalmente, foi declarado culpábel dun delito de homicidio e condenado a dezasete anos de cárcere, e o Estado, considerado responsable civil subsidiario. Foi a primeira vez que a xustiza franquista condenaba a un axente de policía por feitos cometidos en acto de servizo.

Fontes

PÉREZ, José Antonio; POUSO, Esperanza, "La muerte del joven que levantó a la USC y Santiago contra el franquismo", El Correo Gallego, 28/03/2021, https://www.elcorreogallego.es/galicia/la-muerte-del-joven-que-levanto-a-la-usc-y-santiago-contra-el-franquismo-EH7018677, 12/10/2022. "Gran manifestación de duelo en el sepelio del estudiante don José María Fuentes"; La Voz de Galicia, 06/12/1972, 22. "Ayer no hubo clases en la mayor parte de facultades de Santiago", La Voz de Galicia, 07/12/1972, 19.

Rúa Doutor Teixeiro, proximidades da clínica Álvarez, Santiago de Compostela
/ A CORUÑA