Manifestación popular en Caldas de Reis
En novembro de 1977, preto de mil veciños do concello caldense formaron parte dunha multitudinaria manifestación que tentou forzar a dimisión de toda a corporación municipal, no marco da profunda perda de lexitimidade que as corporacións franquistas foron padecendo durante os últimos anos do réxime e, especialmente, durante os anos da Transición Democrática, dando pé a episodios similares en multitude de concellos, coma o ocorrido en Rianxo uns meses antes. Oíronse consignas como “Alcalde, cacique, o pobo non te admite” ou “Alcalde, de cabeza ao malecón”.
Fontes
“Manifestación en Caldas. Piden la dimisión del alcalde y corporación”, El Pueblo Gallego, 11/11/1977, p. 14.