Manifestación contra a cota da Seguridad Social Agraria
Entre dúas mil e tres mil persoas, convocadas por Comisións Labregas-Sindicato Labrego, manifestáronse polas rúas da capital lucense contra a cota empresarial da Seguridad Social Agraria. O acto, que contou coa participación de distintas forzas políticas (UPG, ANPG, PSPG, MPG, LCR) culminou na Praza de Ferrol, onde distintos oradores tomaron a palabra. O movemento contra a cota xa tiña as súas orixes nos primeiros impagamentos rexistrados en 1972 nalgúns concellos da provincia de Ourense.
Fontes
DÍAZ, Alba, O campo en movemento. O papel do sindicalismo labrego no rural galego do tardofranquismo e da transición (1964-1986), Universidade de Santiago de Compostela, Santiago de Compostela, 2011, 77-78. "Lugo: de dos mil a tres mil personas se manifestaron contra la cuota empresarial de la Seguridad Social Agraria", La Voz de Galicia, 6/9/1977, 46-47.