Intento de sublevación no Cuartel do Rexemento de Infantería número 29 da Coruña

Intento de sublevación no Cuartel do Rexemento de Infantería número 29 da Coruña

ExecuciónsResistencias civís non organizadasGuerra Civil (36-39)

A mediados de outubro de 1936, produciuse un intento de sublevación no Cuartel do Rexemento de Infantería número 29 da Coruña, sendo os implicados fusilados ante dous mil soldados que se dispoñían a marcha á fronte. Poida que este movemento, que revela a heteroxeneidade dun estamento militar que en absoluto estaba por completo aliñado co golpe, tivera ramificacións en Lugo e Ferrol, onde en agosto de 1936 tamén houbera un intento de levantamento entre a infantería. Episodio similar ocorreu no ferrolán Castelo de San Felipe. En decembro de 1938, produciuse un novo intento de insubordinación de soldados de infantería, esta vez en Ourense.

Fontes

FERNÁNDEZ, Eliseo; PEREIRA, Dionisio, A primeira resistencia armada ao golpe militar na Galiza (1936-1940), Em Selecta Companha, Santiago de Compostela, 2022, 79 e 81, 102.

A Maestranza. Praza do Xeneral Millán Astray, 14., A Coruña
/ A CORUÑA