Hostal dos Reis Católicos
Aberto dende 1954 nas antigas instalacións do Hospital Real, o Hostal dos Reis Católicos acolleu os banquetes de homenaxe que o galeguismo organizaba en Santiago de Compostela, así como o xantar do Día de Galicia o 25 de xullo. Ao tempo, foi o lugar de celebración das Festas Minervais dos anos 50, nas que destacaron os membros da Xeración La Noche.
Estado
Sen identificación conmemorativa na actualidade.
Fontes
FRANCO GRANDE, Xosé Luís, Os anos escuros. A resistencia cultural dunha xeración, Vigo, Galaxia, 2004.