Fuxidas dende Ribadeo

Fuxidas dende Ribadeo

FuxidasGuerra Civil (36-39)

O porto de Ribadeo foi lugar de fuxidas por mar durante 1936. Durante aquel verán, unha gasolineira de Ribadeo fuxiu dirección Asturias; nela ían algúns mariñeiros mercantes de arribada naquel porto. A finais de ano, o bou da Armada sublevada Virgen del Carmen, da base naval de Ribadeo e logo da de Pasaia, foi dirixido por dous cabos e un mariñeiro ao porto de Bilbao tras reducir ó seu comandante e ó maquinista.

Fontes

PEREIRA, Dionisio, Loita de clases e represión franquista por mar, Edicións Xerais de Galicia, Vigo, 2010, 471.

Santa María de Ribadeo. Porto de Ribadeo, Ribadeo
/ LUGO