Fuxidas dende o Porto de Muros
O Porto de Muros foi escenario de varios episodios de fuxida durante a Guerra Civil. Primeiro, o 26 de xullo de 1936, os bous Santa Eulalia e Santa Rosa puxeron rumbo a Bilbao con corenta e sete fuxidos, entre eles, os alcaldes de Muros e Noia. Os protagonistas eran de tódalas tendencias políticas e sindicais da bisbarra Noia-Muros-Santiago.
A segunda produciríase en 1938, co bou Melenchu: aproveitando unha recalada en Muros, esta nave coruñesa fuxiu en xaneiro até o porto de Bordeaux, con quince tripulantes. Os protagonistas estaban vinculados co SIP e a CNT da Coruña.
Fontes
PEREIRA, Dionisio, Loita de clases e represión franquista por mar. Edicións Xerais de Galicia, Vigo, 2010, 470 e 475.GRANDÍO, Emilio (ed.), Anos de odio: golpe, represión e Guerra Civil na provincia da Coruña (1936-1939), Deputación Provincial da Coruña, A Coruña, 2007.