Fuxidas dende o Porto de Miño

Fuxidas dende o Porto de Miño

FuxidasGuerra Civil (36-39)

O Porto de Miño foi escenario de dúas fuxidas marítimas durante o verán de 1937. A primeira, a da motora María del Carmen, levada a cabo a finais de xuño, implicando a dous armadores e a cinco tripulantes, na súa maioría vinculados ao PSOE de Miño, e con destino La Pallice (Nova Aquitania). A segunda, a do racú La Golondrina, protagonizada por persoas vinculadas ó PSOE, ó PCE e a IR e que tivo lugar entre o 31 de agosto e o 4 de setembro, con destino o porto francés de Marennes (Nova Aquitania), pasando o grupo posteriormente a territorio republicano.

Fontes

PEREIRA, Dionisio, Loita de clases e represión franquista por mar, Edicións Xerais de Galicia, Vigo, 2010, 473-474.

Santa María de Miño. Porto de Miño, Miño
/ A CORUÑA