Fuxida dos vapores Magdalena Vinaches e Soledad Yáñez
O 19 de outubro de 1938, un dos pesqueiros foi abordado na boia do Pedrido por unha embarcación con sete asaltantes, axudados polo patrón e o fogueiro. Os fuxitivos fixéronse co outro vapor aproveitando a sondaxe previa á manobra de arriar o aparello no caladoiro para abordalo. Os asaltantes, entre os que estaban os fillos de Caridad Pita e nove tripulantes, pasaron a territorio republicano.
Fontes
PEREIRA, Dionisio, Loita de clases e represión franquista por mar, Edicións Xerais de Galicia, Vigo, 2010, 477.
Notas
Coordenadas aproximadas, por non ter máis datos da localización exacta da boia mencionada.