Foxas no Cemiterio de Mondoñedo

Foxas no Cemiterio de Mondoñedo

FoxasExecuciónsGuerra Civil (36-39)

En setembro de 1936, foron sacadas cinco persoas do cárcere de Ribadeo, e levadas Ás Voltas de Prado, lugar preto de Mondoñedo no que serían asasinados. Alí foron atopados polos veciños á mañá seguinte. Foron enterrados no cemiterio de Mondoñedo en cinco foxas individuais.

Estado

En agosto de 2009, realizáronse traballos de prospección, aínda que non se atoparon os restos. Parece ser que a familia dunha das vítimas recuperou os do seu familiar nos anos corenta. Actualmente, nun dos nichos do cemiterio, hai unha placa en lembranza dos mortos nas Voltas de Prado, pero tamén en Argomoso e San Vicente.

Fontes

MINISTERIO DE LA PRESIDENCIA, RELACIONES CON LAS CORTES Y MEMORIA DEMOCRÁTICA, "Fosas en el Cementerio de Mondoñedo", Mapa de fosas del Ministerio de la Presidencia, Relaciones con las Cortes y Memoria Democrática, 2022, https://www.mpr.gob.es/memoriademocratica/mapa-de-fosas/Paginas/visorfosas.aspx?fid=2499, 14/08/2022. PRADA, Julio, Geografía de la represión en Galicia, Catarata, Madrid, 2011, 166.

Nosa Señora do Carme de Mondoñedo. Rúa Julia Pardo Montenegro, 23, Mondoñedo
/ LUGO