Foxa en Celeiros

Foxa en Celeiros

FoxasPosguerra (39-51)

Benigno Fraga Pita, alcumado “Alejandro O Guerrilleiro”, foi asasinado pola Garda Civil a finais de abril de 1949 en Candedo e foi soterrado no cemiterio de Celeiros, no mesmo concello de Chandrexa de Queixa. Membro do PCE da Coruña e vinculado tamén ao de Ferrol, fora enviado en 1946 a Ourense a fundar a II Agrupación Guerrillera de Galicia, e alí asentou a súa base na Edreira, tomando como compañeiros a Samuel Mayo Méndez “Saúl” e José María Saavedra Díaz.

Estado

Os seus restos foron recuperados pola ARMH coa exhumación da foxa no ano 2020, e soterrados no cemiterio ferrolán de Catabois, xunto coa súa dona, o 12 de novembro de 2021.

Fontes

MARTÍNEZ, Laura, "Las fosas de la guerrilla. Exhumaciones de guerrilleros y enlaces en el Bierzo y Galicia" en Alejandro Rodríguez; Laura Martínez, Federación de Guerrillas de León-Galicia, Positivas, Santiago de Compostela, 2022, 137-158. LÓPEZ, Carmela, "Un entierro «lleno de alegría y de justicia» que da descanso a los restos de Benigno Fraga", La Voz de Galicia, 13/11/2021, https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/ferrol/2021/11/14/entierro-lleno-alegria-justicia-da-descanso-restos-benigno-fraga/0003_202111F14C6997.htm, 24/08/2023.

Caserio a Ventosa, 2, 32786 Chandrexa de Queixa, Ourense, España, Chandrexa de Queixa
/ Ourense