Foxa común no cemiterio municipal de Vilagarcía de Arousa

Foxa común no cemiterio municipal de Vilagarcía de Arousa

FoxasLugares de execuciónExecuciónsGuerra Civil (36-39)

Tralo golpe de Estado de xullo de 1936, foron asasinadas e enterradas na foxa común do cemiterio municipal da poboación, a maioría da Arousa: Luis Aragunde Alfonsín, Josefa Barreiro González, Matías Bouzada Torrado, Rodrigo Berruete Alejandre, Luis Castro Lojo, Manuel Díaz Hermo, Pilar Fernández Seijo, Eduardo Ferreirós Boullosa, Avelino Fuentes García, Amador Gómez Agustiño, Luis Iglesias Galáns, Inocencio Lamas Bugallo, Manuel Limeres Ordóñez, Antonio Basilio Sayanes González, Urbano Tarrío Montero e Luis Vilas Barreiro, aos que se podería engadir Joaquín Ramos Patiño e José Ramón Roo Pérez.
Do mesmo xeito, en xaneiro de 1937, foi executado, mentres se agarraba aos ferros da cancela do cemiterio, Luis Fernández Génova, que acababa de cumprir os dezaoito anos e era sobriño do matrimonio González-Génova, significado na esquerda política vilagarciá e que tamén sería represaliado.

Estado

Hai un pequeno monumento dende 2004, tamén un panel, inaugurado en 2022. A finais do ano 2021, desenvolvéronse traballos de excavación, sen resultados satisfactorios. Na actualidade, existe un panel con información fóra do cemiterio e un monólito con praca no seu interior.

Fontes

GONZÁLEZ, Serxio, "Estas son las 18 víctimas de la Guerra Civil que los investigadores esperan hallar y dignificar en Vilagarcía", La Voz de Galicia, 05/11/2021, https://www.lavozdegalicia.es/noticia/arousa/2021/10/23/exhumacion-fosa-rubians-marca-pauta-resto-galicia/0003_202110A23C1992.htm, 01/07/2023.

N-640A, 56, 36613 Villagarcía de Arosa, Pontevedra, España, Villagarcía de Arosa
/ Galicia