Execucións na Estación do Norte

Execucións na Estación do Norte

Lugares de execuciónGuerra Civil (36-39)

No torno da Estación do Norte tiveron lugar varias execucións a partir do golpe de Estado de 1936. Unha delas, na propia estación, o 16 de agosto, de día e con público. Por outro lado, na estrada de acceso ao lugar atopáronse catro vítimas: un veciño de Ordes, Agustín Sánchez, e tres da Coruña, Pedro Ramírez Menéndez, Gumersindo Gómez García e José Cambón Rodríguez.

Fontes

TORRES, Xesús, "1936-1939. As vítimas betanceiras da represión", Anuario brigantino, 29, 2006, 273-318, https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=2392036, 09/08/2022.

Santiago de Requián. Camiño Real da Infesta, s/n, Betanzos
/ A CORUÑA