Execucións no Acebo, en San Bartolo de Monteseiro

Execucións no Acebo, en San Bartolo de Monteseiro

FoxasExecuciónsGuerra Civil (36-39)

No Acebo (nalgunhas fontes tamén O Acevo) foron executados, en outubro de 1937, un nutrido grupo de combatentes do Batallón Galicia, que, volvendo a Galicia coa intención de exiliarse en América trala caída da Fronte Norte, foron sorprendidos pola Guardia Civil e Falange. Os seus nomes: José Moreno Torres (destacado líder do anarquismo coruñés), José Balado Gil, Manuel Bugallo Lois, Albino Domínguez Márquez, Enrique García Lago, Jaime Machicado Lorente, Jesús Martínez Castro, Maximino Martínez Hernández, Odilo Masid Masid, Emilio Novas Naya, Manuel Ramos Escariz, Manuel Rivas Rey e Luis Rafael Villar Sánchez. Os seus restos descansan no cemiterio da Fonsagrada.

Estado

A foxa foi exhumada en agosto de 2007. Conmemorado mediante monumento.

Fontes

PRADA RODRÍGUEZ, Julio, Geografía de la represión en Galicia, Catarata, Madrid, 2011, 164. HEINE, Hartmut; ARIAS, Valentín, A guerrilla antifranquista en Galicia, Edicións Xerais de Galicia, Vigo, 1980. PEREIRA, Dionisio; FERNÁNDEZ, Eliseo, O movemento libertario en Galiza (1936-1976), Edicions A Nosa Terra, Vigo, 2006. RODRÍGUEZ, Manane, Memorias rotas. A balada do comandante Moreno, Xamalú Filmes e Televisión de Galicia, 2010.

Notas

As coordenadas son as do monumento.

42XM+7M O Acevo, Grandas de Salime, España, O Acevo
/ Asturias