Execucións e foxa no Cemiterio de Mós
Lugar de execución e enterramento de algo máis de vinte persoas entre 1936 e 1937. A foxa, situada ao lado do cemiterio orixinalmente, desapareceu ao ampliarse o camposanto.
Estado
Conmemorado mediante monumento en setembro de 2008, coa seguinte inscrición: "En lembranza os homes e mulleres asasinados pola serrazón do fascismo franquista no Concello de Mos".
Fontes
CASADO, David, "Los lugares en tensión: hacia una búsqueda de los paisajes de muerte del Franquismo, Sociología y Tecnología", 10, 1, 2020, 46-71.