Execucións de Montecubeiro
Un enfrontamento entre fuxidos e forzas de orde causa a morte dun garda civil. En represalia son asasinados quince veciños da zona en dúas datas, o 23 de agosto e o 14 de outubro de 1937, entre elas Carmen Sarille, Virxinia Meilán e Manuela Grañá.
Estado
A día de hoxe hai unha placa conmemorativa.
Fontes
NOMES E VOCES, "Mapoulas de Montecubeiro", NOMES E VOCES, 2022, http://www.nomesevoces.net/gl/exposicion-panel/vermellas/mapoulas-de-montecubeiro/, 19/08/2022. E. G. S., Una piedra de 10 toneladas recuerda a los fusilados en Montecubeiro, La Voz de Galicia, 23/08/2003, https://www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/2003/08/23/piedra-10-toneladas-recuerda-fusilados-montecubeiro/0003_1932360.htm, 18/09/2022.