Espazo de sociabilidade do colectivo LGTBIQ+ no Pub Tarasca

Espazo de sociabilidade do colectivo LGTBIQ+ no Pub Tarasca

Movementos feministas e LGTBIQ+Transición (75-78)

O emblemático Pub Tarasca foi un dos primeiros locais da cidade onde as mulleres lesbianas se reuniron abertamente en contextos de festa e ocio, tal e como consta no estudo de Mariam Mariño sobre referentes urbanos e construción de redes de relación interpersoais de lesbianas en Compostela. Como é obvio, non foi o único lugar de encontro do colectivo LGTBI+ en Galicia. O silencio e a represión das orientacións sexuais non normativas durante os anos da ditadura levou ó agromar de toda unha serie de espazos que cumprían dita función. Da súa existencia queda evidencia a través da memoria oral, fonte que se reforza cos expedientes de diferentes casos de detencións e xuízos, especialmente a homes homosexuais. Así, podemos destacar como exemplos as inmediacións da Torre de Hércules, na cidade da Coruña, e os Xardíns de Montero Ríos e a zona portuaria, en Vigo.

Fontes

FERRÁNDEZ, Daniela, A defunción dos sexos: Disidentes sexuais na Galiza Contemporánea, Edicións Xerais, Vigo, 2022. MARIÑO, Mariam, Lesbianas en Santiago de Compostela (1976 – 1995), Memoria de licenciatura, Universidade de Santiago de Compostela, 1999.

Rúa de Entremuros, 13, 15704 Santiago de Compostela, A Coruña, España, Santiago de Compostela
/ A Coruña