Encontros de mulleres activistas na Cafetería Goya

Encontros de mulleres activistas na Cafetería Goya

Movementos feministas e LGTBIQ+Resistencias civís organizadasMulleresFranquismo (51-75)

A cafetaría Goya, localizada no número 16 da Rúa de Urzáiz, foi ata decembro de 1998, data do seu peche, un lugar recorrente para o encontro das xentes de esquerda da cidade de Vigo. A comezos de 1975, celebráronse alí varias reunións de mulleres pertencentes á Liga Comunista Revolucionaria (LCR) e ó Movemento Comunista Galego (MCG), que rematarían por aglutinarse na Asociación Galega da Muller (AGM). Destacan nesas reunións nomes coma o de María Xosé Queizán, Ana Míguez ou Ana Miranda.

Fontes

BAR, Mónica, Feministas galegas. Claves dunha revolución en marcha, Edicións Xerais, Vigo, 2010, 115.

Vigo Centro. Rúa de Urzáiz, 16, Vigo
/ PONTEVEDRA