Edición de “El Mundo Obrero” en Casa dos Buzos
Lugar de edición clandestina de “El Mundo Obrero” tralo golpe de Estado de 1936. Os membros/as da familia dos Buzos colaboraron coa guerrilla de diferentes xeitos: o irmán varón maior integrouse dende ben cedo no monte, o menor actuou como enlace, xunto coas súas irmáns Fina e Marita, mentres que Dina colaborou transportando armas de Francia a Pamplona. Cando as presións se fixeron máis fortes, as tres mulleres pasaron ás filas da guerrilla do monte.
Fontes
CES, Pablo, As Silenciadas [documental], MrMisto films, 2010. MARCO, Aurora, Mulleres na guerrilla antifranquista galega, Edicións Laiovento, Ames, 2011.