Detención do Foucellas en Rodeiro

Detención do Foucellas en Rodeiro

GuerrillaFranquismo (51-75)

O 9 de marzo de 1952, Benigno Andrade García “Foucellas”, foi detido na base en Rodeiro, daquela Concello de Oza dos Ríos, e actualmente, Concello de Oza-Cesures. Finalizaba así a súa actividade guerrilleira, que se iniciara trala súa fuxida ao monte logo do golpe de Estado de 1936. Condenado a morte por consello de guerra en xuño de 1952, sería executado por medio do garrote vil a comezos de agosto.

Fontes

LAMELA, Luis, "Foucellas", el riguroso relato de una lucha antifranquista, Ediciós do Castro, Sada, 1992.

Notas

As coordenadas correspóndense con Rodeiro, por non poder ser máis precisos.

Lugar Rodeiro, 9, 15386 Rodeiro, A Coruña, España, Rodeiro
/ A Coruña