Denuncia das traballadoras de Salfer y Cía
En xuño de 1976 as traballadoras de Salfer y Cía, concesionaria localizada en Vigo que traballaba para a empresa SEAT, denuncian ante o Ministro de Traballo a existencia de discriminacións por razóns de xénero. No escrito presentado, firmado por corenta e dúas mulleres, faise constar a existencia de despedimentos co gallo da súa situación civil e de irregularidades por este mesmo motivo, como a obriga de firmar liquidacións en branco a aquelas traballadoras que tivesen casado após de entrar a traballar á fábrica estando solteiras. Ademais, a denuncia faise pública a través do boletín “A Muller e a Loita”.
Fontes
MOVIEMIENTO DEMOCRÁTICO DE MUJERES DE VIGO, A Muller en Loita. Una publicación nueva para una mujer nueva, 17, xuño-xullo de 1976, http://consellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_ig_pub2005_A-muller-e-a-loita_17.pdf, 13/08/2022.
Notas
Por non contar cunha localización máis precisa, as coordenadas refírense á Avenida de Madrid, onde estaban localizadas as instalacións fabrís.