Conflitividade laboral na factoría Vulcano

Conflitividade laboral na factoría Vulcano

Resistencias civís organizadasFranquismo (51-75)

A factoría Vulcano foi un dos núcleos de oposición obreira da cidade de Vigo nas últimas décadas da ditadura. Cunha conflitividade recorrente e presencia de CCOO, as loitas en Vulcano foron dende as reivindicacións laborais, como as loitas polos convenios, ata as folgas de solidariedade. Cabe mencionar, neste senso, a decisión asemblearia de ir á folga de solidariedade cos traballadores de Citroën, impulsando a folga xeral de 1972 en Vigo.

Fontes

DOMÍNGUEZ, Mario; LAGO, Pedro; SANTIDRIÁN, Víctor Manuel; GÓMEZ, José, "Organización e mobilización dos traballadores durante o franquismo. A folga xeral de Vigo do ano 1972", Documentos de traballo. Historia, 12, 2001. GÓMEZ, José, As CCOO de Galicia e a conflictividade laboral durante o franquismo, Edicións Xerais, Vigo, 1995. BREGADO, Eduardo; LAGO, Pedro, "Acción política e sindical e interacción estratégica durante o Franquismo en Galicia. O caso do estaleiro Vulcano (1936-1966)", Grial, 151, 2001, 467-486.

San Salvador de Teis. Rúa de Santa Tegra, 69, Vigo
/ PONTEVEDRA